Chángchūn
Chángchūn (en chinés: 长春) é un filme canadense de 2022 dirixido por Jason Loftus.[1] Baséase na animación do artista chinés Daxiong, e céntrase no secuestro de 2002 das estacións de televisión de Changchun por parte do movemento relixioso Falun Gong, e na represión da China contra os grupos étnicos e as minorías relixiosas.[1]
Chángchūn | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | 长春 |
Director | Jason Loftus |
Produtor | Jason Loftus Masha Loftus Yvan Pinard Kevin Koo |
Guión | Jason Loftus |
Intérpretes | Daxiong |
Música | Thomas William Hill |
Fotografía | John Minh Tran |
Montaxe | David Schmidt |
Estudio | Lofty Sky Entertainment |
Estrea | Tesalónica: 15 de marzo de 2022 |
Duración | 86 minutos |
Orixe | Canadá |
Xénero | Documental e animación |
Na rede | |
https://eternalspringfilm.com/ | |
O filme estreouse no Festival de Documentais de Tesalónica o 15 de marzo de 2022.[2] Posteriormente foi proxectada no Festival Internacional de Cinema Documental do Canadá Hot Docs de 2022, onde foi gañador dos premios ao filme máis popular do festival e do filme canadense máis popular.[3]
En agosto de 2022, o filme foi escollido como candidato do Canadá para o Óscar ó mellor filme internacional na 95ª edición dos premios,[4] mais finalmente non foi nomeado. Foi o primeiro documental e o primeiro filme de animación presentado polo Canadá, e foi a cuarta vez dende 1971 que se seleccionou un filme noutra lingua que non fose o francés.[4]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Patrick Mullen, "Eternal Spring Review: Animating an Awakening". Point of View, 1 de maio de 2022.
- ↑ Alex Economou, "Thessaloniki festival a valuable launchpad for award-winning documentary". Neos Kosmos, 28 de xullo de 2022.
- ↑ Jennie Punter, "‘Eternal Spring’ Takes Rogers Audience and Hot Docs Audience Awards". Variety, 9 de maio de 2022.
- ↑ 4,0 4,1 Jackson Weaver, "Eternal Spring named Canada's submission for Oscars' best international film". CBC News, 24 de agosto de 2022.