Charles-Édouard Brown-Séquard
Charles-Édouard Brown-Séquard (8 de abril de 1817 – 2 de abril de 1894) foi un fisiólogo e neurólogo da illa Mauricio, membro da Sociedade Real de Londres, que en 1850 foi o primeiro en describir o que hoxe se chama síndrome de Brown-Séquard.[1][2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de abril de 1817 Port Louis, Mauricio |
Morte | 2 de abril de 1894 (76 anos) Sceaux, Francia |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Montparnasse |
Residencia | Mauricio |
Educación | Universidade de París Royal College Curepipe (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Fisioloxía |
Ocupación | fisiólogo, neurocientífico, neurólogo, catedrático |
Empregador | Collège de France (pt) , catedrático (1878–1894) Universidade Harvard (1864–1867) |
Membro de | |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography, first supplement (en) American Medical Biographies (en) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Vida
editarBrown-Séquard naceu en Port Louis, Mauricio, de pai estadounidense e nai francesa. Asistiu ao Royal College de Mauricio, e graduouse en medicina en París en 1846. Despois tornou a Mauricio coa intención de practicar a medicina alí, pero en 1852 foise para os Estados Unidos.[3] Foi nomeado profesor do Medical College of Virginia onde realizou experimentos nos sotos do Edificio Exipcio.
Elixírono membro da Sociedade Filosófica Americana en 1854.[4]
Volveu a París, e en 1859 migrou a Londres, converténdose en médico do Hospital Nacional para Paralíticos e Epilépticos. Permaneceu alí uns cinco anos, expoñendo as súas ideas sobre patoloxía do sistema nervioso en numerosas conferencias que atraeron considerable atención. En 1864 cruzou de novo o Atlántico, e foi nomeado profesor de fisioloxía e neuropatoloxía en Harvard. Abandonou o seu posto en 1869 e converteuse en profesor da Escola de Medicina de París, mais en 1873 tornou de novo a América e empezou a practicar a medicina na cidade de Nova York.[3] Durante a súa estadía en Nova York, naceu a súa filla Charlotte Maria.
Finalmente, volveu a París para suceder en 1878 a Claude Bernard como profesor de medicina experimental no Colexio de Francia, e permaneceu alí ata a súa morte, que se produciu en 1894 en Sceaux, Francia.[3] Foi enterrado en París no cemiterio de Montparnasse.[5][6][7]
En 1886 Brown-Séquard foi elixido para a xunta do Sugar Club.[Cómpre referencia] Tamén foi membro da Sociedade Real de Londres.[8]
Traballos
editarBrown-Séquard foi un apaixonado observador e experimentador. Contribuíu considerablemetne ao noso coñecemento do sangue e da calor animal, así como de moitos factores de grande importancia para o sistema nervioso. Foi o primeiro científico que entendeu a fisioloxía da medula espiñal, demostrando que a decusación das fibras que levan a sensación de dor e temperatura ocorre na propia medula espiñal.[3] O seu nome foi inmortalizado na historia da medicina coa descrición dunha síndrome que leva o seu nome (síndrome de Brown-Séquard) debida á hemisección da medula espiñal, que el describiu despois de examinar unha lesión accidental da medula espiñal en colleitadores de cana de azucre en Mauricio.
Moito máis importante é que foi un dos primeiros en postular a existencia das substancias que hoxe chamamos hormonas, segregadas á corrente sanguínea por certos tecidos que afectan a órganos afastados. En concreto, demostrou en 1856 que a extirpación das glándulas adrenais causaba a morte, debido á falta de hormonas esenciais.
Outras ideas de Brown-Séquard foron máis polémicas. Á idade de 72 anos, nunha xuntanza da Sociedade de Bioloxía de París, Brown-Séquard informou que a inxección hipodérmica dun fluído preparado a partir do extracto de testículos de coellos de Indias e cans producía o rexuvenecemento e maior vigor sexual e prolongaba a vida humana.[9] Isto coñeceuse entre os científicos, pexorativamente, como o elixir de Brown-Séquard. Unha publicación médica de Viena bromeaba despectivamente: "A conferencia debe verse como unha proba máis da necesidade de retirarse de profesores que chegaron á sesentena e dez anos máis."[10] Pero o feito foi que miles de homes probaron esa terapia que afirmaba mellorar o vigor sexual. O endocrinólogo Robert B. Greenblatt escribiu que esta terapia non podería ter funcionado, porque a diferenza da glándula tiroide, os testículos non almacenan as hormonas que producen e, por tanto, obter unha dose terapéutica de testosterona directamente de glándulas animais "precisaría aproximadamente un cuarto de tonelada de testículos de touro."[11] Despois confirmouse experimentalmente que este método non proporciona cantidades activas de testosterona.[12] A resposta positiva sinalada por moitos homes pénsase agora que era un efecto placebo, pero aparentemente isto foi "sufficiente para facer arrancar e poñer en funcionamento o campo da endocrinoloxía."[13]
As investigacións de Brown-Séquard's, publicadas nuns 500 ensaios e artigos, especialmente en Archives de Physiologie, que el axudou a fundar en 1868 xunto con Jean-Martin Charcot e Alfred Vulpian, comprende un amplo rango de temas fisiolóxicos e patolóxicos.[3]
A finais do século XIX Brown-Séquard xerou moita polémica no campo da suposta herdanza dos caracteres adquiridos. Nunha serie de experimentos con coellos de Indias que se prolongaron desde 1869 a 1891, Brown-Séquard observou que un seccionamento parcial da medula espiña ou un seccionamento completo do nervio ciático, era seguido unhas poucas semanas despois por un estado mórbido peculiar que lembraba a epilepsia. A descendencia dos animais operados era frecuentemente decrépita, e un certo número dos descendentes mostraba unha tendencia a ter epilepsia. Algúns científicos consideraban que estas observacións eran unha proba en favor da herdanza lamarckista, xa que o experimento parecía mostrar que unha enfermidade inducida no proxenitor era transmitida á descendencia (a epilepsia herdábase).[14]. Porén, o propio Lamarck rexeitara a herdanza dos caracteres adquiridos por outros medios que non fosen a exercitación ou a atrofia en resposta a estímulos ambientais.[15] Os seus experimentos son considerados agora anómalos, e suxeríronse explicacións alternativas a estas observacións.[16]
Notas
editar- ↑ C.-É. Brown-Séquard: De la transmission croisée des impressions sensitives par la moelle épinière. Comptes rendus de la Société de biologie, (1850) 1851, 2: 33–44.
- ↑ Kelly, Howard A.; Burrage, Walter L. (eds.). "Brown-Séquard, Charles Edward" . American Medical Biographies . Baltimore: The Norman, Remington Company.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Chisholm 1911.
- ↑ "APS Member History". search.amphilsoc.org. Consultado o 2021-04-19.
- ↑ Pearce (1988). "Brown-Séquard's description of spontaneous cerebellar haemorrhage". J. Neurol. Neurosurg. Psychiatry 51 (5): 634. PMC 1033067. PMID 3042914. doi:10.1136/jnnp.51.5.634.
- ↑ Laporte, Y. (2006). "Charles-Édouard Brown-Séquard. Une vie mouvementée et une contribution importante à l'étude du système nerveux (Charles-Édouard Brown-Séquard. An eventful life and a significant contribution to the study of the nervous system)". Comptes Rendus Biologies 329 (5–6): 363–68. PMID 16731494. doi:10.1016/j.crvi.2006.03.007.
- ↑ "Brown-Sequard, Charles Edouard (1817–1894) and Family". Arquivado dende o orixinal o 6 June 2011. Consultado o 30 de maio de 2009.
- ↑ Gooddy W. (1996). Dr. C.E. Brown-Séquard, M.D., F.R.C.P., F.R.S., London: the casting of the die. Journal of the history of the neurosciences, 5(1), 7–13. https://doi.org/10.1080/09647049609525645
- ↑ Brown-Séquard, Charles-Édouard (1889-07-20). "Note on the effects produced on man by subcutaneous injections of a liquid obtained from the testicles of animals.". The Lancet (en inglés) 134 (3438): 105–107. doi:10.1016/S0140-6736(00)64118-1. Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2022. Consultado o 10 de xaneiro de 2023.
- ↑ Osborn Segerberg Jr. (1974). The Immortality Factor. Nova York: E. P. Dutton and Co. pp. 84–85.
- ↑ Greenblatt, Robert B. (1963). Search The Scriptures: A Physician Examines Medicine in the Bible. Filadelfia: J. B. Lippincott. p. 55.
- ↑ Cussons, Andrea J; Walsh, John P; Bhagat, Chotoo I; Fletcher, Stephen J (2002-12-09). "Brown-Séquard revisited: a lesson from history on the placebo effect of androgen treatment". Medical Journal of Australia (en inglés) 177 (11): 678–679. ISSN 0025-729X. PMID 12463999. doi:10.5694/j.1326-5377.2002.tb05014.x.
- ↑ The Practice of Neuroscience, pp. 199–200, John C.M. Brust (2000).
- ↑ Henry Richardson Linville; Henry Augustus Kelly (1906). Text Book of General Zoology. Ginn & Company. p. 108.
- ↑ Stephen Finney Mason (1956). Main Currents of Scientific Thought: A History of the Sciences. Abelard-Schuman. p. 343. Ver tamén as leis de Lamarck citadas en Richard Burkhardt (1995). The Spirit of System: Lamarck and Evolutionary Biology. Harvard University Press. p. 166.
- ↑ Michael J. Aminoff (2011). Brown-Séquard: An improbable genius who transformed medicine. O.U.P. p. 192. ISBN 9780199780648.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Aminoff, Michael J. (2000). "Brown-Séquard: Selected Contributions of a Nineteenth-Century Neuroscientist". The Neuroscientist 6 (1): 60–65. doi:10.1177/107385840000600114.
- Borell M. (1976). "Brown-Séquard's organotherapy and its appearance in America at the end of the nineteenth century". Bull Hist Med 50 (3): 309–320. PMID 791406.
- Brown-Séquard C. E. (1889). "The effects produced on man by subcutaneous injection of a liquid obtained from the testicles of animals" (PDF). Lancet 137 (3438): 105–107. doi:10.1016/s0140-6736(00)64118-1.
- Este artigo contén textos da edición de 1911 da Encyclopædia Britannica, dispoñible sen restricións coñecidas de dereito de autor.
- Dawka, Sushil. (2017) "Charles-Édouard Brown-Séquard: A bicentennial tribute Arquivado 05 de outubro de 2023 en Wayback Machine.". Int J Med Update. 12 (1): 1–3. https://dx.doi.org/10.4314/ijmu.v12i1.1
- Laporte, Y. (2006). "Charles-Édouard Brown-Séquard. Une vie mouvementée et une contribution importante à l'étude du système nerveux (Charles-Édouard Brown-Séquard. An eventful life and a significant contribution to the study of the nervous system)". Comptes Rendus Biologies 329 (5–6): 363–368. PMID 16731494. doi:10.1016/j.crvi.2006.03.007.
- Olmsted, J. M. D. (1946). Charles-Edouard Brown-Séquard. A Nineteenth Century Neurologist and Endocrinologist. Baltimore: Johns Hopkins University Press.
- Rengachary, Setti S.; Colen, Chaim; Guthikonda, Murali (abril de 2008). "Charles-Edouard Brown-Sequard: An Eccentric Genius". Neurosurgery 62 (4): 954–964. PMID 18496202. doi:10.1227/01.neu.0000318182.87664.1f.
- Ruch, Theodore C. Ruch (marzo de 1946). "Charles Edouard Brown-Séquard (1817-1894)". Yale J. Biol. Med. 18 (4): 227–238. PMC 2601899. PMID 21434249.
- Sneader, Walter (2005). Drug Discovery. Hoboken, New Jersey: John Wiley and Sons Inc. pp. 151–152. ISBN 978-1-85070-427-0.
Ligazóns externas
editar- Kahn, Arnold (2005). "Regaining Lost Youth: The Controversial and Colorful Beginnings of Hormone Replacement Therapy in Aging". The Journals of Gerontology Series A: Biological Sciences and Medical Sciences 60 (2): 142–147. PMID 15814854. doi:10.1093/gerona/60.2.142.
- Charles-Édouard Brown-Séquard - Biographical information and selected publications
- New York Times obituary (1894)
- Documents relating to Brown-Séquard in the Queen Square Archive
- National Academy of Sciences Biographical Memoir