Urolagnia
Urolagnia é un tipo de fetichismo sexual ou parafilia enfocada aos ouriños e a micción. O nome vulgar para esta práctica é choiva dourada.
Un tipo de urolagnia é a tamén chamada undinismo, unha parafilia na que a persoa que toma o rol pasivo recibe os ouriños directamente da outra persoa. Esta acción pode limitarse a derramar os ouriños sobre o rostro ou corpo da persoa pasiva ou incluír a súa bebida por parte esta última (urofaxia). Está considerada como práctica extrema e ten a súa aceptación en parte do colectivo BDSM. Para algúns, forma igualmente parte da chamada urofilia.
A xente que practica a urolagnia a miúdo gusta tamén de miccionar en público, ouriñarse a un mesmo, observar como ouriñan outros ou ser ouriñadas por outras persoas. A orixe e nome desta práctica sexual parte da mitoloxía grega cando Zeus para seducir a Dánae, que estaba encerrada nunha gaiola inaccesíbel, se transformou en choiva dourada e deixouna grávida. Froito do acto sexual naceu Perseo.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Urolagnia |
Outros artigos
editar