A Cidade Prohibida (紫禁城, pinyin: Zǐjìn Chéng : "Cidade Púrpura Prohibida"), está localizada no centro exacto da antiga Pequín, foi o palacio imperial durante as dinastías Ming e Qing, así como sede do goberno chinés até 1911.

Modelo:Xeografía físicaCidade Prohibida
Imaxe
Tipopalacio
atracción turística
complexo de edificios
museo Editar o valor en Wikidata
Parte dePalácios Imperiais das Dinastias Ming e Qing em Pequim e Shenyang (pt) Traducir
Cidade Imperial (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaDonghuamen Subdistrict, República Popular da China (en) Traducir e Dongcheng District, República Popular da China (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 39°54′57″N 116°23′27″L / 39.9158, 116.3908
Composto por
Características
Superficie72 ha Editar o valor en Wikidata
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
Data1987 (11ª Sesión)
Identificador439-001
Monumentos da República Popular da China
Data1962
Historia
Data de creación ou fundación1420 Editar o valor en Wikidata
Código do catálogoprimeira lista dos grandes bens culturais protexidos a escala nacional: 100. Editar o valor en Wikidata
Actividade
Visitantes anuais15.080.000 (2015) Editar o valor en Wikidata

Sitio webdpm.org.cn Editar o valor en Wikidata

O seu nome orixinal Cidade Púrpura Prohibida, procede do seu paralelismo coa Constelación Luminosa Púrpura na que a Estrela Polar, ó igual có emperador na terra, atópase no centro. A súa construción débese ó traslado de capitalidade de Nanjing a Pequín que decidiu o emperador Yongle cando obtivo o trono imperial en 1404.

Actualmente se coñece como o Museo Palacio (故宫博物院, pinyin: Gùgōng Bówùyùan), ocupa 0,72 km², 800 edificios e máis de 9.000 habitacións. É a maior colección de estruturas de madeira antigas que se conservan no mundo, e foi declarada pola UNESCO Patrimonio da Humanidade en 1987. O Palacio Imperial está situado ó norte da Praza Tian'anmen e pódese acceder a el a través da Porta de Tian'anmen. Está rodeado dun barrio denominado Cidade Imperial.

A pesar de que xa non está ocupada pola realeza, é un símbolo da soberanía chinesa e de Pequín, e aparece nos selos da República Popular Chinesa. O Palacio é unha das meirandes atraccións turísticas do mundo.

O filme O derradeiro emperador foi o primeiro en recibir autorización do goberno chinés para filmar na Cidade Prohibida e retrata, entre outras cousas, a cerimonia de nomeamento do Emperador e a vida na Cidade Prohibida.

 
O Portón da Grandeza Divina, ou portón Norte. Na táboa baixa pódese ler en chinés: 故宫博物院 "O Palacio Museo"

O nome común en galego: "a Cidade Prohibida", é a tradución do nome chinés Zijin Cheng (紫禁城), literalmente "Cidade Prohibida Púrpura". Outro nome galego de orixe semellante é "Palacio Proibido[1]. Na lingua manchú é chamado Dabkūri dorgi hoton, que significa literalmente "Cidade Interior en Estratos".

Na actualidade, o lugar é máis coñecido como Gugong (en chinés: 故宫), o que significa "Antigo Palacio"[2]. O museo que se atopa nestes edificios é coñecido como "Palacio Museo" (en chinés: 故宫博物院; en pinyin: Gùgōng Bówùyùan).

Galería de imaxes

editar
  1. Ver, por exemplo, Gan, Guo-hui (Abril, 1990). "Perspectiva do uso urbano da terra en Pequín". GeoJournal 20 (4): 359–364. 
  2. "Gugong", dun xeito xenérico, tamén se refire a todos os antigos palacios, sendo outro dos exemplos prominentes o Palacio Mukden, en Shenyang.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
admin 1
todo 2