Cinecittà
Cinecittà é un complexo de teatros e estudios que se encontra na periferia oriental de Roma, e que constitúe o vértice da industria cinematográfica italiana, pois alí é onde se gravan numerosos filmes e se producen moitos shows televisivos. É mesmo utilizado por moitos directores estranxeiros.
Nacemento
editarA historia de Cinecittà comeza durante o fascismo. Despois dunha serie de longametraxes que nas primeiras décadas do século XX deran a coñecer a cinematografía italiana no mundo, nos anos vinte a industria cinematográfica italiana entra en crise quedando á sombra dotras como a norteamericana ou a alemá contemporánea (Fritz Lang, G. W. Pabst, F. W. Murnau). En 1931 o réxime fascisa, que recibía o apoio dalgúns intelelectuais que sostiñan fortemente a importancia do cinema como instrumento de propaganda, promoveu unha lei tendente a penalizar as importacións e a estimular a produción nacional.
En 1936, Mussolini pon a primeira pedra e despois de máis dun ano de obras, o complexo é inaugurado en abril de 1937. En 1943 foi bombardeado polos nazis. Nos últimos dous anos de guerra as instalacións foron ocupadas polos nazis, que as utilizaron como lugar de concentramento de presos.
A época dourada
editarDespois da guerra foi recuperando a actividade e durante os primeiros anos de funcionamento Cinnecittà foi lugar de traballo para moitos dos grandes mestres do cinema italiano: Luchino Visconti, Roberto Rossellini ou Vittorio De Sica. Desta época son grandes filmes como La Dolce Vita de Federico Fellini (un símbolo da Italia dos cincuenta), Bellissima de Visconti ou Roma, tamén de Fellini.
Nos anos cincuenta prodúcese a explosión de producións americanas en Cinecittà con obras como Ben-Hur ou Quo vadis?.
Producións recentes
editarNos últimos anos algúns directores de talle mundial escolleron estes estudios para as súas producións. Pódense destacar Gangs of New York de Martin Scorsese ou a serie televisiva Rome.