Circuíto urbano de Sochi
Circuíto urbano de Sochi | |
---|---|
Plano do Circuíto | |
Datos | |
Inauguración | 21 de setembro de 2014[1] |
Outros nomes | |
Carreiras | FIA Fórmula 1 Gran Premio de Rusia (desde 2014) GP2 Series (desde 2014) GP3 Series (desde 2014) TCR International Series (desde 2015) Russian Touring Car Championship (desde 2014) |
Capacidade | 55.000[2] |
Localización | Sochi, Rusia |
Lonxitude | 5,848 km |
Curvas | 19 |
Volta rápida (2019) | 1:35.761 |
Piloto récord | Lewis Hamilton |
Escudería récord | Mercedes |
Coordenadas | |
Vista do Circuíto | |
O Circuíto urbano internacional de Sochi [3] (ruso:Трасса в Олимпийском парке), coñecido anteriormente como o Circuíto do Parque Olímpico de Sochi, é un circuíto de carreiras urbano na cidade turística de Sochi no Mar Negro no Krai de Krasnodar, Rusia.[4][5] O circuíto é similar ao circuíto Gilles Villeneuve e Circuíto urbano de Homebush no que se correrá en torno ao lugar usado para a competición olímpica, neste caso, o Parque Olímpico de Sochi, escenario dos Xogos Olímpicos de Inverno de 2014. A carreira inaugural tivo lugar na tempada 2014, o primeiro ano dun contrato de sete anos. En outubro de 2011, o goberno ruso asinou 195´4 millóns de dólares para a construción do circuíto.[6]
A construción do circuíto no parque olímpico de Sochi marca o final dunha campaña de trinta anos por un Gran Premio de Rusia, con plan orixinario para un "Gran Premio da Unión Soviética" xa na tempada de 1983 antes de ser abandonado por "razóns burocráticas"[7] e varios intentos frustrados[8][9][10] e varios intentos infrutuosos nos anos intermedios.
O circuíto
editarO circuíto de 5´848 é o terceiro máis longo do circuíto no calendario de Fórmula Un, por detrás de Spa-Francorchamps en Bélxica e Silverstone no Reino Unido.[11] O circuíto está construído en torno ao anel olímpico de Sochi, que é o conxunto costeiro de sedes olímpicas construídas para os Xogos Olímpicos de Inverno de 2014 que foron sede das competicións de hóckey sobre xeo, patinaxe de velocidade, curling, patinaxe artístico, pista curta etc., e o Estadio Olímpico de Fisht, onde se celebraron as cerimonias de apertura e clausura. A superficie non se colocou ata logo da cerimonia de clausura dos Xogos Olímpicos.[12] Unha parte do circuíto, uns 1´7 km., forman parte da vía pública.
O circuíto, deseñado polo arquitecto alemán Hermann Tilke. A pista construída especificamente para ese evento ten 5´852 km de lonxitude, 19 curvas e permite velocidades máximas de 320 km/h. A largura da pista varía de 13 metros no seu punto máis estreito e de 15 metros na liña de meta. O circuíto, que é executado no sentido horario, está composto por 12 curvas de dereita e seis para a esquerda, e combina a alta velocidade e seccións técnicas. Coches de Fórmula 1 poden acadar unha velocidade máxima de 320 km/h na recta de 650 metros, cunha velocidade media de cerca de 215 km/h.[13]
O autódromo foi concluído en agosto de 2014 e a aceptación técnica foi feita o 19 de agosto de 2014 pola FÍA, que concedeu a licenza final. O contrato vai até 2020.[14]
A grella de saída está no extremo norte do Parque Olímpico xunto á estación de tren, en dirección suroeste cara a costa do Negro Mar. Descorre ao longo do bordo exterior da céntrica Praza das Medallas de Sochi, é dicir o podio das cerimonias de entrega de medallas olímpicas, a continuación, rodea a praza cara á esquerda e fai tres curvas ao redor do Palacio de Xeo Bolshói. A continuación, seguen unha serie de curvas pechadas antes de virar cara ao norte, onde a pista bordea o bordo do Parque Olímpico, por encima da principal vila olímpica e o Centro de Patinaxe Adler Arena. Logo pasa o centro de patinaxe e o centro de curling, antes de volver a detrás do paddock cara á estación de tren, e completar un circuíto con dous xiros á dereita de noventa grados.
Características
editar- Capacidade espectadores: 55.000
- Lonxitude do circuíto: 5´848 quilómetros.
- Distancia da carreira de Fórmula 1: 53 voltas = 309´745 quilómetros. 19 curvas en total.
- Configuración aerodinámica: media/alta. Velocidade máxima estimada 320 km/h con DRS, km/h sen DRS
- Aceleración a fondo: 56% do tempo de volta.
- Tempo de freado: 10% do tempo da volta.
- Total de combustible necesario para a distancia de carreira:
- Consumo de combustible: kg por volta.
- Cambio de marchas por volta:
- Número de zonas de freado:
- Desgaste dos freos: medio
- Desgaste dos pneumáticos:
- Distancia dos Boxes:
- Perda de tempo nunha parada en boxes:
- Tempo total necesario para a parada en boxes: 21 segundos (media)
- Efecto de combustible (custo en tempo por volta de 10 kg de combustible transportado): segundos.
- Marca volta: 1:35.761, Lewis Hamilton - Mercedes 2019.
Todos os gañadores de Fórmula 1. no circuíto de Sochi
editarNº | Ano | Piloto | Construtor | Motor | Pneu. | Duración | Lonxitude | Voltas | Tempo | Data | GP de |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2014 | Lewis Hamilton | Mercedes | Mercedes | P | 1:31:50,744 h | 5´848 km | 53 | 202´347 km/h | 12 de outubro | Gran Premio de Rusia |
2 | 2015 | Lewis Hamilton | Mercedes | Mercedes | P | 1:37:11,024 h | 5´848 km | 53 | 191´233 km/h | 11 de outubro | |
3 | 2016 | Nico Rosberg | Mercedes | Mercedes | P | 1:32:41,997 h | 5´848 km | 53 | 200´482 km/h | 1 de maio | |
4 | 2017 | Valtteri Bottas | Mercedes | Mercedes | P | 1:28:08,743 h | 5´848 km | 52 | 206´860 km/h | 30 de abril | |
5 | 2018 | Lewis Hamilton | Mercedes | Mercedes | P | 1:27:25,181 h | 5´848 km | 53 | 212´592 km/h | 30 de setembro | |
6 | 2019 | Lewis Hamilton | Mercedes | Mercedes | P | 1:33:38,992 h | 5´848 km | 53 | 198´448 km/h | 29 de setembro | |
7 | 2020 | Valtteri Bottas | Mercedes | Mercedes | P | 1:34:00,364 h | 5´848 km | 53 | 197´697 km/h | 27 de setembro | |
8 | 2021 | Lewis Hamilton | Mercedes | Mercedes | P | 1:30:41.001 h | 5´848 km | 53 | km/h | 26 de setembro |
Taboa de récords
Piloto: Lewis Hamilton (5) • País: Reino Unido (5) • Construtor: Mercedes (8) • Motor: Mercedes (8) • Pneumáticos: Pirelli (8)
Notas
editar- ↑ "Sochi Autodrom officially opened in Russia". Formula1.com (Formula One Administration). 22 de setembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 09 de xaneiro de 2015. Consultado o 4 de outubro de 2014.
- ↑ "Sochi Autodrom". worldofstadiums.com. Arquivado dende o orixinal o 06 de maio de 2017. Consultado o 10 July 2016.
- ↑ Kabanovsky, Aleksander (22 de abril de 2013). "Vettel impressed by Russian circuit after first visit". Autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 22 de abril de 2013.
- ↑ Collantine, Keith (14 de outubro de 2010). "Russia to join F1 calendar in 2014". F1 Fanatic (Keith Collantine). Consultado o 25 de xuño de 2011.
- ↑ "OMEGA". OMEGA (Developer). Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2014. Consultado o 26 de outubro de 2011.
- ↑ Elizalde, Pablo (26 de outubro de 2012). "Russia to spend $200m on F1 track". Autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 30 de abril de 2012.
- ↑ "Формула нелюбви". Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2016. Consultado o 06 de decembro de 2013.
- ↑ "Lenta.ru: Москва возвращается к проекту трассы "Формулы-1"". Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2012. Consultado o 06 de decembro de 2013.
- ↑ Formula Onovich: Russian Grand Prix gears up again - Autoblog
- ↑ Еще одна трасса для «Формулы-1»
- ↑ Collantine, Keith (24 de outubro de 2014). "India’s F1 track: Another cookie-cutter circuit?". F1 Fanatic (Keith Collantine). Consultado o 30 de abril de 2012.
- ↑ Saward, Joe (23 January 2012). "Meanwhile on the Russian Riviera". Joe Saward blogs about the world of F1 (WordPress). Consultado o 28 January 2012.
- ↑ FORMULA 1 RUSSIAN GRAND PRIX Arquivado 18 de outubro de 2019 en Wayback Machine., formula1.com, recuperado em 11 de outubro 2014
- ↑ Official FIA Circuit Inspection declares Sochi Autodrom ready to host a Formula 1 Grand Prix Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine., sochiautodrom.ru, recuperado em 11 de outubro 2014
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Ligazóns externas
editar- OMEGA Center (official development site) (en ruso)
- Sochi Autodrom Circuit Guide Arquivado 20 de novembro de 2019 en Wayback Machine. (en inglés)
- Sochi International Street Circuit on Google Maps (Current Formula 1 Tracks)(en inglés)