Claude Monet

pintor francés

Claude Monet tamén coñecido como Oscar-Claude Monet ou Claude Oscar Monet, nado en París o 14 de novembro de 1840 e finado en Giverny, Francia, o 5 de decembro de 1926, foi un pintor impresionista francés e un dos creadores deste movemento.

Modelo:BiografíaClaude Monet

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Oscar-Claude Monet Editar o valor en Wikidata
14 de novembro de 1840 Editar o valor en Wikidata
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte5 de decembro de 1926 Editar o valor en Wikidata (86 anos)
Giverny, Francia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro de pulmón Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaGiverny Churchyard (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaGiverny (1883–1926)
Villa Saint-Louis (en) Traducir (1881–1883)
Argenteuil (–1878)
Vétheuil (1878–) Editar o valor en Wikidata
EducaciónEscola Nacional Superior de Belas Artes - pintura Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo París
Oegstgeest (pt) Traducir
Ámsterdam
Sassenheim (en) Traducir
A Haia
Zaandam
Trouville
Giverny
Argenteuil
Honfleur
Vétheuil
Poissy
Londres Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpintor, artista gráfico Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoArte de paisaxes, Natureza morta e retrato Editar o valor en Wikidata
MovementoImpresionismo Editar o valor en Wikidata
Catálogo críticoMonet: Catalogue Raisonné (en) Traducir (década de 1970)
Monet: Catalogue Raisonné (en) Traducir (1996)
Q124653477 Traducir (1972) Editar o valor en Wikidata
ProfesoresCharles Gleyre Editar o valor en Wikidata
AlumnosLéon Broquet (pt) Traducir, Paul-Émile Pissarro (pt) Traducir, Robert-Antoine Pinchon (pt) Traducir e Louis Cario (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeAlice Hoschedé (1892–1911)
Camille Doncieux (1870–1879) Editar o valor en Wikidata
FillosJean Monet
 () Camille Doncieux
Michel Monet
 () Camille Doncieux Editar o valor en Wikidata
IrmánsLéon Monet Editar o valor en Wikidata
ParentesGermaine Hoschedé, fillastra Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteBiblioteca dixital BEIC
Obálky knih,
Novo Dicionario Enciclopédico, 1911-1916 Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1217328 Allocine: 36016
BNE: XX988583 Dialnet: 1618663 Musicbrainz: 7f4f8ddf-e085-4b1b-a867-8269757ae277 Discogs: 24372 WikiTree: Monet-2 Find a Grave: 5069 Editar o valor en Wikidata
Impresión, sol nacente (1874).

As súas primeiras obras son de estilo realista, e na metade da década de 1860 comeza a pintar obras impresionistas. Este cambio provocoulle problemas económicos, xa que se desviaba do gusto marcado polas academias de arte da época.

Traxectoria

editar

Nos anos inmediatamente anteriores á guerra de 1870 un grupo de pintores, Monet, Camille Pissarro, Alfred Sisley e Pierre Auguste Renoir sitúanse á marxe de calquera remedo das tendencias precedentes e realizan unha nova pintura, que o crítico Louis Leroy denominou despectivamente no xornal Le Charivari impresionismo, inspirándose no título dunha obra de Monet exposta en 1874, Impresión, sol nacente.[1]

 
Regatas en Argenteuil (1874). A xustaposición de pinceladas de distinta cor busca lograr que a retina compoña logo as verdadeiras tonalidades que conduza a un novo realismo.

Monet foi o pintor máis orixinal e principal representante das conquistas técnicas e estéticas do grupo. Sen os matices políticos ou sociais dos realistas, por medio dunha concepción estritamente pictórica, Monet busca a realidade cromática e formal baixo os efectos da luz. Na base da súa arte está o desligarse do estudo de pintura, buscando o aire libre para pintar e o colorido claro; a luz transforma e altera as cores e tamén as propias formas, de tal xeito que a paisaxe e os seus elementos xorden como visións instantáneas que non se volverán repetir. Unha preocupación primordial para Monet vai ser o estudo dos reflexos da luz na auga (coma na súa serie de óleos As ninfeas), que ten unha consistencia real semellante á dos elementos reflectidos. Esta linguaxe acadou a súa maior pureza nos anos que pasou en Argenteuil (1872-1878).

Influencia

editar

As obras de Monet foron unha gran fonte de inspiración para pintores impresionistas coma Pierre-Auguste Renoir, e outros máis contemporáneos coma Mark Rothko, Willem de Kooning[2] ou Jackson Pollock (as súas grosas texturas de cor recordan as obras tardías de Monet).

Na literatura

editar

O novelista francés Marcel Proust deixouse inspirar pola obra de Monet. Proust era afín ao impresionismo en xeral e en particular admiraba as obras de Monet, aínda que nos seus libros non mencionaba ningunha obra en concreto. O novelista describe na súa obra En busca do tempo perdido os fenómenos que Manet capturaba no lenzo, o narrador dá as súas impresións das nubes e o mar no balneario fictício de Balbec. Na novela Jean Santeuil, menconase a Monet en varias ocasións cando un coleccionista de Ruán compra algúns dos seus cadros. O narrador describe con este motivo os sentimentos que nel despertan as obras do pintor.

No cine

editar

Na película Ceux de chez nous, do director Sacha Guitry móstrase a vida cultural francesa da primeira guerra mundial. Está centrada sobre todo en Renoir, pero tamén se pode ver a Claude Monet pintando un dos cadros da famosa serie As ninfeas.

Fanse referencia a algunhas das súas obras no filme do ano 2001 Vanilla sky, do director Cameron Crowe e en The Thomas Crown Affair, dirixido por John McTiernan en 1999.

No cómic

editar

En 2017 publícase unha novela gráfica que narra os primeiros anos do pintor ata o seu establecemento en Giverny, obra do guionista Salva Rubio e o debuxante Ricard Efa, pintada enteiramente en gouache. En España foi publicada por Norma Editorial.[3]

Véxase tamén

editar
  NODES
todo 2