Unha rexión que posúe un clima temperado ten unha temperatura que varía regularmente ao longo do ano, cunha media por riba dos 10 °C, nos meses máis quentes e entre -3º e 18 °C, nos meses fríos. Posúen catro estacións ben definidas: un verán relativamente quente, un outono con temperaturas gradualmente máis baixas co pasar dos días, un inverno frío, e unha primavera con temperaturas gradualmente máis altas co pasar dos días. A humidade depende da localización e condicións xeográficas dunha rexión dada.

Mapa do mundo coas zonas temperadas marcadas en verde.

Nas rexións dos océanos localizadas en rexións de climas temperados, dise que posúen augas temperadas.

Clasificación dos climas temperados

editar

Nas siglas indicadas abaixo, a segunda letra indica o padrón de precipitación: w indica invernos secos (a media do mes máis seco menor que un décimo da precipitación media do mes de verán máis húmido, ou menos de 30 mm); s indica veráns secos (a media do mes máis seco con menos de 30 mm de precipitación e menos dun terzo da precipitación do mes de inverno máis chuvoso); f significa precipitación en todas as estacións.

A terceira letra indica o nivel de temperaturas de verán: a indica que a media do mes máis quente é superior a 22 °C; b indica que a media do mes máis quente é inferior a 22 °C, con polo menos 4 meses con medias por riba de 10 °C; c indica que 3 ou menos meses teñen temperaturas medias por riba de 10 °C.

Clima temperado mediterráneo

editar

Este clima sitúase entre as latitudes de 30º e 40 °C. O clima mediterránico é o único onde a estación fría está asociada á estación das chuvias. Os invernos están caracterizados por temperaturas mornas, debido ás correntes marítimas quentes. É no inverno cando se observa algún índice de precipitación, mentres que no verán a precipitación é case nula. Os veráns son quentes e secos, debido aos centros barométricos de alta presión. Nas áreas costeiras os veráns son máis frescos debido ás correntes frías do océano.

Exemplos:

Subtropical húmido (Cfa, Cwa)

editar

É o clima propio do interior de continentes ou nos litorais ao leste de tales continentes, entre latitudes de 25° e 40º. Ao contrario dos climas mediterráneos, unha zona cun clima subtropical posúe veráns húmidos debido ás masas tropicais inestables. No leste asiático, os invernos poden ser secos e máis fríos que noutros lugares con latitudes similares, debido á alta presión atmosférica de Siberia, e veráns húmidos debido á influencia dos monzóns.

Exemplos:

Clima temperado marítimo

editar

Os climas temperados marítimos sitúanse entre as latitudes de 45º e 55º. Están normalmente ao lado dos climas mediterráneos. Así e todo en Australia atópase ao lado do subtropical húmido, e a unha latitude máis baixa. Estes climas son dominantes ao longo do ano. Os veráns son frescos e anubados. Os invernos son suaves, ao contrario doutros climas a unha latitude semellante.

Exemplos:

Temperado subártico (Cfc)

editar

Tal clima acontece máis preto dos polos que os climas temperados marítimos e está limitado ou a estreitos litorais da parte occidental dos continentes ou a illas deses litorais, especialmente no Hemisferio Norte.

Exemplos:

  • Punta Arenas, Chile (precipitación uniforme ao longo do ano)
  • Monte Dinero, Arxentina (verán máis húmido que o inverno)
  • Torshavn, Illas Faroe (verán máis seco que o inverno).
  NODES
dada 1
dada 1
Done 1
orte 1