O club dos 27 é un termo que fai referencia á crenza de que un número estrañamente elevado de músicos populares e outros artistas morreron ós 27 anos[1], moitas veces como resultado do abuso das drogas e do alcol ou por medios violentos, como o homicidio ou o suicidio[2].

Club dos 27
Brian Jones. Jimi Hendrix.
Janis Joplin. Jim Morrison.
De esquerda a dereita e de arriba abaixo:
Brian Jones, Jimi Hendrix, Janis Joplin e Jim Morrison, morreron todos entre 1969 e 1971 á idade de 27 anos, o que naquela época suscitou algúns comentarios. Pero foi trala morte de Kurt Cobain en 1994 cando comezou a incorporarse na percepción pública a idea dun "club dos 27".

Non obstante, os estudos estatísticos desvelan que as mortes non seguen un padrón inhabitual[3][4][5].

O club dos 27 foi repetidamente citado en revistas de música, revistas en xeral e xornais. Fixéronse varias exposicións dedicadas á idea, así como novelas, películas e obras de teatro[6][7][8][9][10]. Houbo moitas teorías e especulacións diferentes sobre as causas de tales mortes precoces e as súas posibles conexións. O biógrafo de Kurt Cobain e Jimi Hendrix, Charles R. Cross, escribe: "O número de músicos que morreron ós 27 anos é realmente notable para calquera padrón considerado. [Inda que] os humanos morran regularmente a tódalas idades, hai un pico estatístico para os músicos que morren ós 27"[11].

Orixe do termo

editar

Brian Jones, Jimi Hendrix, Janis Joplin e Jim Morrison, morreron todos á idade de 27 anos entre 1969 e 1971. A coincidencia suscitou naquela época algúns comentarios[12][13], pero a idea dun "club dos 27" comezou a incorporarse na percepción pública dúas décadas e media máis tarde, trala morte de Kurt Cobain[11].

Segundo o biógrafo de Hendrix e Cobain, Charles R. Cross, a importancia crecente dos medios de comunicación –Internet, televisión e revistas– e a resposta da nai de Kurt Cobain nunha entrevista son, asemade, responsables de tales teorías. Refírese Cross a un belisco das declaracións feitas pola nai de Cobain, Wendy Fradenburg Cobain O'Connor, no xornal The Daily World de Aberdeen, Washington: –"Agora que se foi e se uniu a ese estúpido club. Díxenlle que non se unira a ese estúpido club", aludindo segundo Cross, a Hendrix, Joplin e Morrison, finados á mesma idade[14]. Outros autores comparten a súa opinión[15]. Emporiso, Josh Hunter e Eric Segalstad, autor de 27s: The Greatest Myth of Rock & Roll, entenden que a nai de Kurt Cobain se refire á morte de seu tío e seu tío-avó, falecidos ámbolos dous a consecuencia do suicidio[16]. Conforme Cross, os acontecementos levaron a un "conxunto de teorías da conspiración [que suxiren a] noción absurda de que Kurt Cobain preparou á mantenta a súa morte para formar parte do club dos 27"[11].

Cando Amy Winehouse morreu no ano 2011 á idade de 27, dezasete anos despois da morte de Kurt Cobain, houbo novamente grande atención por parte dos medios de comunicación relacionada con este asunto[17]. O que fora seu asistente persoal Alex Haines, afirmou trala morte de Winehouse que tres anos antes ela lle confesara o temor de falecer a esa idade[18].

Estudos científicos

editar

Un estudo publicado no British Medical Journal en decembro de 2011 concluíu que non había un incremento no risco de morte para os músicos á idade de 27 anos. Aínda que os músicos incluídos na mostraxe afrontaban un risco de morte maior entre os 20 e os 30 anos, mais isto non o limitaba ós 27[3]. Unha pescuda non formal consultando automaticamente os datos da Wikipedia (vía DBpedia) no 2012 chegou efectivamente á mesma conclusión: "Ben pode haber un club dos 27 de músicos malditos, pero o club dos 74 é máis popular"[19]. Un artigo en The Independent do ano 2015 confirma tamén a evidencia estatística que os músicos populares non son máis propensos a morrer á idade de 27[20].

Referencias na música

editar

A canción 28, de John Craigie do seu álbum Montana Tale, é sobre o club. Os tres versos refírense á morte de Jim Morrison, Janis Joplin e Kurt Cobain, respectivamente.

Fai referencia ó asunto a canción 27 Forever de Eric Burdon, do seu álbum de 2013 ′Til Your River Runs Dry[21].

O nome da canción 27 Club de letlive, do seu disco The Blackest Beautiful refírese ó club[22].

O oitavo álbum de estudio de Magenta, The Twenty Seven Club, fai alusión directa ó club. Cada canción é un tributo a algún membro do club[23][24].

O título da canción 27 de Fall Out Boy do seu álbum Folie à Deux refírese ó club. A canción explora os estilos de vida hedonista comúns no rock and roll. Pete Wentz, o letrista principal de Fall Out Boy, escribiu a canción porque sentía que estaba vivindo unha vida perigosa similar[25].

Membros identificados co club dos 27

editar
Nome Data da morte Causa oficial da morte Aptitudes Idade Referencias
ó club dos 27
Alexandre Levy 01892-01-17 17 de xaneiro de 1892 Descoñecida Compositor, pianista e director 27 anos e 98 días [26]
Louis Chauvin 01908-03-26 26 de marzo de 1908 Esclerosis neurosifilítica Músico de ragtime 27 anos e 13 días [26][27]
Robert Johnson 01938-08-16 16 de agosto de 1938 Envelenamento (estricnina [non atribuído]) Guitarrista e cantante de blues 27 anos e 100 días [26][27][28][29][30][31]
Nat Jaffe 01945-08-05 5 de agosto de 1945 Complicacións derivadas da hipertensión arterial Pianista de swing jazz 27 anos e 216 días [26]
Jesse Belvin 01960-02-06 6 de febreiro de 1960 Accidente de automóbil Cantante, pianista e compositor de R&B 27 anos e 53 días [26][27][29]
Rudy Lewis 01964-05-20 20 de maio de 1964 Sobredose Vocalista de The Drifters 27 anos e 271 días [30]
Joe Henderson 01964-10-24 24 de outubro de 1964 Ataque ó corazón Cantante de gospel e R&B 27 anos e 183 días [32]
Malcolm Hale 01968-10-31 31 de outubro de 1968 Envelenamento (monóxido de carbono) Membro orixinal e guitarrista da banda Spanky and Our Gang 27 anos e 166 días [26][29]
Dickie Pride 01969-03-26 26 de marzo de 1969 Sobredose (somníferos) Cantante de rock and roll 27 anos e 156 días [33]
Jones, BrianBrian Jones 01969-07-03 3 de xullo de 1969 Afogamento[34] (o informe forense afirma que "a morte foi a causa dun infortunio")[35] Fundador dos Rolling Stones, guitarrista e multi-instrumentalista 27 anos e 125 días [26][27][29][30][31][36]
Alexandra 01969-07-31 31 de xullo de 1969 Accidente de automóbil Vocalista de schlager alemán 27 anos e 73 días [37]
Alan "Blind Owl" Wilson 01970-09-03 3 de setembro de 1970 Sobredose (barbitúricos), posible suicidio Líder, cantante e principal compositor de Canned Heat 27 anos e 61 días [26][27][29][30][31]
Hendrix, JimiJimi Hendrix 01970-09-18 18 de setembro de 1970 Asfixia no seu propio vómito (tralo consumo de barbitúricos)[38] Pioneiro da guitarra eléctrica, cantante e compositor de The Jimi Hendrix Experience e Band of Gypsys 27 anos e 295 días [26][27][29][30][31][36]
Joplin, JanisJanis Joplin 01970-10-04 4 de outubro de 1970 Sobredose (probablemente heroína)[39] Vocalista e compositora de Big Brother and the Holding Company, Kozmic Blues Band e Full Tilt Boogie Band 27 anos e 258 días [26][27][29][30][31][40]
Arlester "Dyke" Christian 01971-03-13 13 de marzo de 1971 Asasinado Líder, vocalista e baixista de Dyke and the Blazers 27 anos e 273 días [26]
Morrison, JimJim Morrison 01971-07-03 3 de xullo de 1971 Insuficiencia cardíaca[41] Cantante, letrista e líder de The Doors 27 anos e 207 días [26][27][29][30][31][36]
Linda Jones 01972-03-14 14 de marzo de 1972 Complicacións derivadas da diabetes Cantante de soul 27 anos e 91 días [42]
Leslie Harvey 01972-05-03 3 de maio de 1972 Electrocución Guitarrista de Stone the Crows 27 anos e 233 días [27][29][31]
Ron "Pigpen" McKernan 01973-03-08 8 de marzo de 1973 Hemorraxia gastrointestinal Membro fundador, teclista e cantante de Grateful Dead 27 anos e 181 días [26][27][29][30][31]
Roger Lee Durham 01973-07-27 27 de xullo de 1973 Feridas producidas ó caer dun cabalo Cantante e percusionista de Bloodstone 27 anos e 163 días [26][29]
Wallace "Wally" Yohn 01974-08-12 12 de agosto de 1974 Accidente de aviación Organista de Chase 27 anos e 212 días [26]
Dave Alexander 01975-02-10 10 de febreiro de 1975 Edema pulmonar Baixista de The Stooges 27 anos e 252 días [26][27][29][30][31]
Pete Ham 01975-04-24 24 de abril de 1975 Suicidio por aforcamento Teclista e guitarrista, líder de Badfinge 27 anos e 362 días [26][27][29][30][31]
Thain, GaryGary Thain 01975-12-08 8 de decembro de 1975 Sobredose (heroína) Baixista de Uriah Heep e da Keef Hartley Band 27 anos e 207 días [26][27][29][30]
Cecilia, Cecilia 01976-08-02 2 de agosto de 1976 Accidente de automóbil Cantante 27 anos e 296 días [43][44]
Helmut Köllen 01977-05-03 3 de maio de 1977 Envelenamento (monóxido de carbono) Baixista da banda de prog rock Triumvirat 27 anos e 62 días [26][29]
Chris Bell 01978-12-27 27 de decembro de 1978 Accidente de automóbil Cantante, compositor e guitarrista da banda de power pop Big Star, tamén como solista 27 anos e 349 días [26][27][29]
Zenon De Fleur 01979-03-17 17 de marzo de 1979 Accidente de automóbil e complicacións médicas subsecuentes Guitarrista de The Count Bishops 27 anos e 189 días [45][46]
Jacob Miller 01980-03-23 23 de marzo de 1980 Accidente de automóbil Cantante de reggae de Inner Circle 27 anos e 324 días [27][30]
Boon, D.D. Boon 01985-12-22 22 de decembro de 1985 Accidente de automóbil Guitarrista e cantante da banda de punk Minutemen 27 anos e 266 días [26][27][29][31]
Alexander Bashlachev 01988-02-17 17 de febreiro de 1988 Caída dende as alturas, probable suicidio Poeta, músico de rock e compositor 27 anos e 266 días [43]
Basquiat, Jean-MichelJean-Michel Basquiat 01988-08-12 12 de agosto de 1988 Sobredose (speedball) Pintor e artista do graffiti, formou a banda Gray 27 anos e 234 días [29][30][31]
Pete de Freitas 01989-06-14 14 de xuño de 1989 Accidente de motocicleta Batería de Echo & the Bunnymen 27 anos e 346 días [26][27][29][30]
Chris Austin 01991-03-16 16 de marzo de 1991 Accidente de aviación Cantante de country e guitarrista/violinista de Reba McEntire 27 anos e 20 días [47]
Joey Cigainero 01991-03-16 16 de marzo de 1991 Accidente de aviación Teclista de Reba McEntire 27 anos e 169 días [47]
Dimitar Voev 01992-09-05 5 de setembro de 1992 Cáncer Fundador do grupo búlgaro Nova Generacia 27 anos e 107 días [48]
Mia Zapata 01993-07-07 7 de xullo de 1993 Asasinada Cantante de The Gits 27 anos e 316 días [26][27]
Cobain, KurtKurt Cobain c. 01994-04-05 5 de abril de 1994 Suicidio dun disparo[49] Fundador, cantante, guitarrista e compositor de Nirvana c. 27 anos e 44 días [26][27][29][30][31][40]
Pfaff, KristenKristen Pfaff 01994-06-16 16 de xuño de 1994 Sobredose (heroína) Baixista de Hole e Janitor Joe 27 anos e 21 días [26][27][29][30][31]
Richey Edwards 01995-02-01 1 de febreiro de 1995 Desaparecido, oficialmente dado por morto o 3 de novembro de 2008 Letrista e guitarrista de Manic Street Preachers 27 anos e 41 días [26][29][31]
Stretch 01995-11-30 30 de novembro de 1995 Asasinado Cantante de rap 27 anos e 236 días [42][50]
Fat Pat 01998-02-03 3 de febreiro de 1998 Asasinado Cantante de rap e membro de Screwed Up Click 27 anos e 61 días [26][27]
Freaky Tah 01999-03-28 28 de marzo de 1999 Asasinado Cantante de rap e membro do grupo de hip hop Lost Boyz 27 anos e 318 días [26]
Kami 01999-06-21 21 de xuño de 1999 Hemorraxia subaracnoide Batería de Malice Mizer 27 anos e 140 días [5]
Rodrigo "El potro" 02000-06-24 24 de xuño de 2000 Accidente de automóbil Cantante de cuarteto 27 anos e 31 días [43]
Sean Patrick McCabe 02000-08-28 28 de agosto de 2000 Asfixia Cantante de Ink & Dagger 27 anos e 289 días [26][27][29]
Maria Serrano Serrano 02001-11-24 24 de novembro de 2001 Accidente de aviación (voo 3597 de Crossair) Segunda voz de Passion Fruit 27 anos e 363 días [26]
Jeremy Michael Ward 02003-05-25 25 de maio de 2003 Sobredose (heroína) Control de son de The Mars Volta e De Facto 27 anos e 20 días [26][27][29]
Brandis, JonathanJonathan Brandis 02003-11-12 12 de novembro de 2003 Suicidio por aforcamento Actor de cine e televisión 27 anos e 213 días [51]
Bryan Ottoson 02005-04-19 19 de abril de 2005 Sobredose (medicación prescrita) Guitarrista de American Head Charge 27 anos e 32 días [26][27][29]
Davor "Moskri" Bobić 02005-08-25 25 de agosto de 2005 Sobredose Membro fundador e cantante de Prti Bee Gee 27 anos e 274 días [52]
Valentín Elizalde 02006-11-26 26 de novembro de 2006 Asasinado Cantante de banda mexicana 27 anos e 297 días [26]
Winehouse, AmyAmy Winehouse 02011-07-23 23 de xullo de 2011 Intoxicación etílica[53] Cantante e compositora 27 anos e 312 días [27][29][30][31][36]
Richard Turner 02011-08-11 11 de agosto de 2011 Paro cardíaco Trompetista, colaborador en Friendly Fires 27 anos e 12 días [27][54]
Nicole Bogner 02012-01-06 6 de xaneiro de 2012 Enfermidade non desvelada Cantante de Visions of Atlantis 27 anos e 290 días [55]
Soroush "Looloosh" Farazmand 02013-11-11 11 de novembro de 2013 Asasinado Guitarrista de The Yellow Dogs 27 anos e 11 días [56][57]
Slađa Guduraš 02014-12-10 10 de decembro de 2014 Accidente de automóbil Cantante de pop e actríz 27 anos e 213 días [58]
Tomas Lowe 02016-02-13 13 de febreiro de 2016 Accidente de automóbil Baixista de Viola Beach 27 anos e 70 días [59]
Thomas Fekete 02016-05-31 31 de maio de 2016 Cáncer Guitarrista de Surfer Blood 27 anos e 335 días [60]
Yelchin, AntonAnton Yelchin 02016-06-19 19 de xuño de 2016 Asfixia por contusión traumática accidental[61] Intérprete de Pavel Chekov no reboot cinematográfico Star Trek Beyond, guitarrista de The Hammerheads 27 anos e 100 días [62]
  1. "After Nirvan' Show airs on Saturday 3rd April 2100–2200". BBC. Consultado o 22-12-2016. 
  2. Weiss, David (22-4-2012). "Amy Winehouse & The 27 Club". Life Goes Strong. Arquivado dende o orixinal o 25-04-2012. Consultado o 22-12-2016. 
  3. 3,0 3,1 British Medical Journal, ed. (Decembro do 2011). "Is 27 really a dangerous age for famous musicians? A retrospective cohort study" (Nota de prensa). Consultado o 22-12-2016. 
  4. Hirshon, Bob. "27 Club Myth". Science NetLinks. Consultado o 22-12-2106. 
  5. 5,0 5,1 Griffen, Brendan (28-3-2014). "Music & Mortality". brendangriffen.com. Arquivado dende o orixinal o 04-02-2020. Consultado o 04-02-2020. 
  6. Sounes, Howard (2013). 27: a history of the 27 club through the lives of Brian Jones, Jimi Hendrix, Janis Joplin, Jim Morrison, Kurt Cobain, and Amy Winehouse (en English). ISBN 978-0-306-82168-4. OCLC 826685298. 
  7. Owen, Michael (2012). The 27 Club: Why Age 27 Is Important. p. 152. ISBN 9780473206840. 
  8. Segalstad, Eric (2008). The 27s: The Greatest Myth of Rock & Roll. p. 96. ISBN 9780615189642. 
  9. Milne, Sarah (2011). The Curse of 27: They Have Three Things in Common. Talent, Fame... and a Tragic Death at the Age of 27. the 27 Club. Forever 27. ISBN 9781907823220. 
  10. "The 27 Club (Movie)". 
  11. 11,0 11,1 11,2 Charles R. Cross (22-2-2007). Seattle Post-Intelligencer, ed. "P-I's Writer in Residence Charles R. Cross explores the darker side of 'only the good die young'". Consultado o 22-12-2016. 
  12. Roberts, Nesta (10-9-1971). Flower bower. The Guardian. p. 13. 
  13. Riordan, James; Prochnicky, Jerry (1992). Break on Through: The Life and Death of Jim Morrison. It Books. p. 416, 467. ISBN 978-0-688-11915-7. 
  14. Cross, Charles R. (2002). Heavier Than Heaven: A Biography of Kurt Cobain (2ª ed.). Hyperion. p. 357. ISBN 978-0-7868-8402-5. 
  15. Patterson, R. Gary. Take a Walk on the Dark Side: Rock and Roll Myths, Legends, and Curses. p. 259. 
  16. Hunter, Josh; Segalstad, Eric (2008). The 27s: The Greatest Myth of Rock & Roll. Berkeley Lake: Samadhi Creations. p. 12. ISBN 978-0-615-18964-2. Arquivado dende o orixinal o 19-09-2010. Consultado o 22-12-2016. 
  17. Chaney, Jen; Hughes, Sarah Anne (23-7-2011). "Amy Winehouse, Jimi Hendrix, Kurt Cobain and the 27 Club". The Washington Post. Consultado o 22-12-2016. 
  18. Duncan, Riley (28-12-2008). "Stating the Obvious, Amy Winehouse". Inquisitr.com. Arquivado dende o orixinal o 13-06-2019. Consultado o 22-12-2016. 
  19. Ayers, Danny (7-3-2012). "Debunking the 27 Club with SPARQL". Arquivado dende o orixinal o 12-03-2012. Consultado o 22-12-2016. 
  20. Kenny, Dianna Theodora (2-4-2015). "Why the 27 Club Is a Myth: Jimi Hendrix and Amy Winehouse May Be Members But That Doesn't Make It Real". The Independent. Consultado o 22-12-2016. 
  21. Danton, Eric R. (5-2-2013). "Eric Burdon Speaks His Mind on New LP". Rolling Stone. Consultado o 22-12-2016. 
  22. "The Blackest Beautiful". Sputnik music. 9-7-2013. Consultado o 22-12-2016. 
  23. Verstrael, Theo; et al. (22-9-2013). "The Twenty Seven Club". Dutch Progressive Rock Page. Arquivado dende o orixinal o 28-03-2016. Consultado o 22-12-2016. 
  24. Menshikov, Vitaly (21-11-2013). "The Twenty Seven Club". Progressor. Consultado o 22-12-2016. 
  25. Chick, Stevie (23-10-2008). "Chemical brothers". The Guardian. Consultado o 22-12-2016. 
  26. 26,00 26,01 26,02 26,03 26,04 26,05 26,06 26,07 26,08 26,09 26,10 26,11 26,12 26,13 26,14 26,15 26,16 26,17 26,18 26,19 26,20 26,21 26,22 26,23 26,24 26,25 26,26 26,27 26,28 26,29 26,30 26,31 26,32 "The Greatest Myth of Rock & Roll". The27s.com. Arquivado dende o orixinal o 02-03-2012. Consultado o 18-12-2016. 
  27. 27,00 27,01 27,02 27,03 27,04 27,05 27,06 27,07 27,08 27,09 27,10 27,11 27,12 27,13 27,14 27,15 27,16 27,17 27,18 27,19 27,20 27,21 27,22 27,23 27,24 27,25 "Forever 27 Hall of Fame". Forever27.co.uk. Consultado o 18-12-2016. 
  28. Sullivan, James (27 de maio de 2011). "Robert Johnson Founds the '27 Club' With Devil Pact – Twisted Tales". Spinner. Arquivado dende o orixinal o 11-09-2012. Consultado o 18-12-2016. 
  29. 29,00 29,01 29,02 29,03 29,04 29,05 29,06 29,07 29,08 29,09 29,10 29,11 29,12 29,13 29,14 29,15 29,16 29,17 29,18 29,19 29,20 29,21 29,22 29,23 29,24 29,25 O'Connor, Rob (23-7-2011). "Twenty-Seven Members of the 27 Club". Yahoo Music. Arquivado dende o orixinal o 13-10-2011. Consultado o 25-5-2016. 
  30. 30,00 30,01 30,02 30,03 30,04 30,05 30,06 30,07 30,08 30,09 30,10 30,11 30,12 30,13 30,14 30,15 30,16 Blair, Kevin (24-7-2011). "The Forever 27 Club – Music's Growing List of Stars Who Died at 27 Years Old". StarPulse. Arquivado dende o orixinal o 01-04-2016. Consultado o 22-12-2016. 
  31. 31,00 31,01 31,02 31,03 31,04 31,05 31,06 31,07 31,08 31,09 31,10 31,11 31,12 31,13 31,14 31,15 Stopera, Dave. "The 27 Club: 15 Other Musicians Who Died at Age 27". BuzzFeed. Consultado o 22-12-2016. 
  32. Sounes, Howard (2013). 27: A History of the 27 Club through the Lives of Brian Jones, Jimi Hendrix, Janis Joplin, Jim Morrison, Kurt Cobain, and Amy Winehouse. Da Capo Press. p. 304. 
  33. "British Musician Dickie Pride, a.k.a. Richard Charles Kneller, Dead at 27". Forever 27. Arquivado dende o orixinal o 26-08-2018. Consultado o 22-12-2016. 
  34. Trutv.com, ed. (10-7-1969). "All about Brian Jones, by Anthony Bruno – "Death by Misadventure" – Crime Library on". Arquivado dende o orixinal o 26-05-2012. Consultado o 22-12-2016. 
  35. Wyman 2002, p. 329
  36. 36,0 36,1 36,2 36,3 Clements, Paul (24-7-2011). "Amy Winehouse joins the 'Forever 27' club". The Daily Telegraph (Londres). 
  37. SPIEGEL ONLINE, Hamburg, Germany (30-7-2009). "Alexandras mysteriöse Biografie". SPIEGEL ONLINE. Consultado o 22-12-2016. 
  38. Brown, Tony (1997). Jimi Hendrix: The Final Days. Consultado o 22-12-2016, na páxina web The Doctor's Story. 
  39. Hendrickson, Paul (5-5-1992). "Janis Joplin: A Cry Cutting Through Time". The Washington Post. Consultado o 22-12-2016. 
  40. 40,0 40,1 Schillaci, Sophie A. (23-7-2011). "Amy Winehouse Joins Kurt Cobain, Janis Joplin in '27 Club'". The Hollywood Reporter. 
  41. Walt, Vivienne (19-7-2007). "Postcard: Paris". Time. Arquivado dende o orixinal o 12-04-2010. Consultado o 22-12-2016. 
  42. 42,0 42,1 "The Curse of 27 – Famous Celebrity Deaths". Nerdygaga.com. 3-8-2011. Arquivado dende o orixinal o 05-11-2016. Consultado o 22-12-2016. 
  43. 43,0 43,1 43,2 Saunders, Christian (xaneiro de 2012). "The Forever 27 Club". Fortean Times. Arquivado dende o orixinal o 20-11-2014. Consultado o 22-12-2016. 
  44. "Cecilia murió ayer en accidente de automóvil". El País. 3-8-1976. Consultado o 22-12-2016. 
  45. Sounes, Howard (2013). 27: A History of the 27 Club through the Lives of Brian Jones, Jimi Hendrix, Janis Joplin, Jim Morrison, Kurt Cobain, and Amy Winehouse. Da Capo Press. p. 384. [Ligazón morta]
  46. Simmonds, Jeremy (2012). The Encyclopedia of Dead Rock Stars: Heroin, Handguns, and Ham Sandwiches (2ª ed.). Chicago Review Press. p. 121–122. 
  47. 47,0 47,1 "The Curse of 27". The Death of Rock: The Archive. Consultado o 22-12-2016. 
  48. "Клуб 27 всява ужас сред суеверните". 24 Часа.bg (en búlgaro). 28-7-2011. Consultado o 22-12-2016. Traducido: "O club dos 27 prende o terror nos supersticiosos". 24 Chaca.bg (24 Horas.bg). 
  49. van Gelder, Lawrence (3-3-1998). "Footlights". The New York Times. Consultado o 22-12-2016. 
  50. Stanley-Ayre, Sarah (27-2-2015). "The Myth of the 27 Club". CityPages. Consultado o 22-12-2016. 
  51. "The 27 Club: A Brief History". Rolling Stone. 12-11-2013. Consultado o 22-12-2016. 
  52. "Pet članova Kluba 27 za koje niste znali". City Magazine (Belgrado). 7-1-2015. Arquivado dende o orixinal o 18-10-2016. Consultado o 22-12-2016. 
  53. Davies, Caroline (26-10-2011). "Amy Winehouse inquest records verdict of misadventure". The Guardian. Consultado o 22-12-2016. 
  54. Smith, K. Alexander. "Richard Turner of Friendly Fires: 1984–2011". Arquivado dende o orixinal o 04-01-2020. Consultado o 22-12-2016. 
  55. "Nicole Bogner: Former Visions of Atlantis Singer Dead at 27". Forever 27. Arquivado dende o orixinal o 26-08-2018. Consultado o 22-12-2016. 
  56. Sharma, Divya (15-1-2014). "An Addition to the 27 Club". Economy Decoded. Arquivado dende o orixinal o 23-12-2016. Consultado o 22-12-2016. 
  57. Malatji, Malla (27-1-2014). "The 27 Club". We Do It for the Love of Music. Arquivado dende o orixinal o 23-12-2016. Consultado o 22-12-2016. 
  58. "Pre tragedije planirala preselenje u Beograd". RTVBN. 17-12-2014. Consultado o 22-12-2016. 
  59. "Grieving Young Musicians' Deaths, Lost Potential". The Miami Student. 19-2-2016. Consultado o 22-12-2016. 
  60. "Another musician dead at 27". Social News Daily. 31-5-2016. Consultado o 22-12-2016. 
  61. Mather, Kate (19-6-2016). "Anton Yelchin, actor in 'Star Trek' films, dies in freak car accident at age 27". Los Angeles Times. Consultado o 22-12-2016. 
  62. "The curse of the '27 Club' strikes again after Star Trek actor Anton Yelchin dies". BBC. 19-2-2016. Consultado o 22-12-2016. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar
  NODES
Idea 3
idea 3
INTERN 1
todo 3