Clupeiformes
Clupeiformes

Arenque do Atántico (Clupea harengus)

Sardiña (Sardina pilchardus)
Sardiña (Sardina pilchardus)

Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Infrafilo: Gnathostomata
Superclase: Osteichthyes
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Clupeomorpha
Orde: Clupeiformes
Bleeker, 1959
Subordes e Familias
  • Véxase o texto

Os clupeiformes (Clupeiformes) son unha orde de peixes osteíctios da superorde dos clupeomorfos (Clupeomorpha), entre os que se inclúen especies de tanta importancia pesqueira e comercial como os arenques, as sardiñas ou os bocareus.[1][2]

A orde comprende 397 especies agrupadas en 6 familias. Son peixes de pequeno tamaño e coloración prateada polos flancos e o ventre, peláxicos, que viaxan a miúdo en grandes cardumes.[2][3]

Características

editar

Caracterízanse por presentaren unha aleta caudal homocerca (é dicir, formada por dous lobos iguais e sen prolongación da columna vertebral), careceren de raios espiñosos nas aletas e presentaren —normalmente— grandes escamas cicloides. Teñen unha curta aleta dorsal, coas ventrais xusto por debaixo.[3]

Carecen de aleta adiposa e de liña lateral; porén, poden percibir e identificar a dirección dos sons e as ondas de presión porque son peixes fisóstomos, é dicir, coa vexiga natatoria unida por un conduto á parte anterior do tubo dixestivo e conectada ao oído medio.[3]

Clasificación

editar

Divídense en dúas subordes:[4]

En Galicia

editar

Nas augas da nosa comunidade están citadas s seguintes especies da orde:[7]

  1. Nelson, Joseph S. (2006)
  2. 2,0 2,1 Clupeiformes en ADW. (en inglés)
  3. 3,0 3,1 3,2 Muus, Bent J. (1998), p. 87.
  4. Clupeiformes (Taxonomic Serial No.: 161694) en SIIT. (en inglés)
  5. Clupeoidei(Taxonomic Serial No.: 161699) en SIIT. (en inglés)
  6. Denticipitoidei (Taxonomic Serial No.: 161695) en SIIT. (en inglés)
  7. Solórzano et al. (1988), pp. 18-19.
  8. 8,0 8,1 "Dicionario da RAG". Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2013. Consultado o 04 de agosto de 2013. 
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 9,4 9,5 9,6 Ríos Panisse (1977), pp. 210-218.
  10. 10,0 10,1 10,2 10,3 10,4 Rodríquez Solórzano (1983), p. 62.
  11. 11,0 11,1 Lahuerta e Vázquez (2000), p. 65-
  12. 12,0 12,1 Rodríguez Villanueva et al. (1995), pp. 24-25.
  13. Rodríquez Solórzano (1983), p. 61.
  14. Lahuerta e Vázquez (2000), p. 164.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.
  • Muus, Bent J.; Jørgen G. Nielsen; Preben Dahlstrøm e Bente O. Nyström (1998): Peces de mar del Atlántico y del Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1161-2.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
  • Ríos Panisse, M. C. (1977): Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. I Invertebrados y peces. Santiago: Universidad de Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-008-X.
  • Rodríguez Solórzano, Manuel; Sergio Devesa Regueiro e Lidia Soutullo Garrido (1983): Guía dos peixes de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-433-4.
  • Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1995): Peixes do mar de Galicia. (III) Peixes óseos (continuación). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-870-2.
  • Solórzano, Manuel R[odríguez]; José L. Rodríguez, José Iglesias, Francisco X, Pereira e Federico Álvarez (1988): Inventario dos peixes do litoral galego (Pisces: Cyclostomata, Chondrichthyes, Osteichthyes). O Castro-Sada, A Coruña: Cadernos da Área de Ciencias Biolóxicas (Inventarios). Seminario de Estudos Galegos, vol. IV. ISBN 84-7492-370-0.
  • Xunta de Galicia (1999): Guía do consumidor de peixe fresco. Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
todo 1