Colexiata de Santa María a Real do Sar
A colexiata de Santa María a Real do Sar[1] é un templo románico con casa de cóengos anexa fundado como mosteiro da regra de Santo Agostiño a carón do río Sar, en Santiago de Compostela.
Colexiata de Santa María a Real do Sar | |
---|---|
Restos do claustro románico entre os contrafortes da igrexa. | |
País | España |
Localización | Sar (Santiago de Compostela) |
Coordenadas | 42°52′19″N 8°32′14″O / 42.871915, -8.537213 |
Estilo | Arte románica |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarFoi fundado por Munio Afonso, bispo dimisionario da diocese de Mondoñedo e antigo colaborador de Diego Xelmírez, quen rematou a obra trala morte de Munio en 1136. A construción comezou pola cabeceira, ao mesmo tempo que se traballaba tamén nos muros do perímetro. Porén, o proceso foi lento e complexo e precisou de importantes modificacións e reconstrucións nos séculos XVI, XVIII e XX.
A función do cenobio era a de servir de lugar no que os vellos cóengos puidesen retirarse, e para iso concedíanselle xenerosos privilexios e doazóns que fixeron que a institución funcionase ata o século XVII. A partir de entón comezou un lento proceso de declive ata transformarse en templo parroquial no ano 1867.
Descrición
editarO trazo máis sobranceiro deste edificio e o que o fai singular entre todos os de Galicia é a fortuíta e pronunciada inclinación dos seus muros e piares. Paralelo ao muro sur do templo consérvase parte dun dos lados do claustro medieval, destacado exemplo do románico compostelán de tempos do arcebispo Xoán Arias. Na igrexa e no claustro consérvase unha importante colección de sarcófagos, dos que o máis antigo é o do arcebispo Bernardo, que, retirado en Sar, morreu no ano 1240.
No interior do templo atópase o Museo de Arte Sacra de Santa María a Real de Sar, con pezas que amosan a vida desta comunidade monástica ao longo dos séculos.
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes da colexiata do Sar.
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Castillo, Ángel del (1987) [1972]. Inventario monumental y artístico de Galicia. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza. pp. 549–550. ISBN 84-85728-62-9.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Colexiata de Santa María a Real do Sar |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Páxina web da Colexiata
- Colexiata de Santa María a Real de Sar na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.