Comedia de situación
A comedia de situación (situation comedy ou sitcom en inglés) consisten normalmente nunha serie de televisión con personaxes comúns onde hai unha ou máis historias de humor simuladas en ambientes comúns como familia, grupo de amigos, lugar de traballo. En xeral gravanse en fronte dun público en vivo e caracterízanse polos "risos enlatados".
A comedia de situación ten a súa orixe nas radio comedias da época dourada da radio no Reino Unido, mais hoxe é unha peza fundamental da programación. Ata 2006, a sitcom con maior tempo de exposición é a británica "Last of the Summer Wine", que se emite sen interrupción desde 1973.