Comercio xusto
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Comercio xusto define unha forma alternativa de comercio promovida por varias organizacións non gobernamentais, por Nacións Unidas e por movementos sociais e políticos (coma o pacifismo e o ecoloxismo) que promoven unha relación comercial xusta entre produtores e consumidores.
O segundo sábado do mes de maio celébrase o Día Mundial do Comercio Xusto [1].
Principios
editarOs principios que defende o Comercio xusto son:
- Os produtores forman parte de cooperativas ou organizacións e funcionan de xeito democrático.
- Rexeito á explotación infantil.
- Igualdade entre homes e mulleres.
- Trabállase con dignidade respectando os dereitos humanos.
- O prezo que se paga aos produtores permite condicións de vida dignas.
- Os compradores xeralmente pagan por adiantado para evitar que os produtores busquen outras formas de se financiar.
- Valórase a calidade e a produción ecolóxica.
- Respecto ao medio ambiente.
- Búscase o xeito de evitar intermediarios entre produtores e consumidores.
- Infórmase aos consumidores acerca da orixe do produto.
Inténtase con isto evitar as grandes diferenzas entre o prezo que pagan por un produto os consumidores do primeiro mundo e o diñeiro que se lles paga aos seus produtores no Terceiro Mundo, ademais de evitar a explotación dos traballadores. Tamén, isto axuda a compensar os efectos da obsesión de consumir no prezo mais barato, e as súas repercusións:
- Progresiva deterioración da calidade e duración dos produtos.
- Explotación dos produtores.
- Deterioración ambiental.
Selo de Comercio Xusto
editarO Selo de Comercio Xusto ou Selo FAIRTRADE é o selo que, impreso nun produto, garante que este provén de comercio xusto e foi producido e comercializado seguindo os criterios internacionais de comercio xusto establecidos por Fairtrade Labelling Organzitions (FLO) International.
A certificación dos produtos de Comercio Xusto cun Selo permite a súa fácil identificación e a súa venda nos canais de distribución habituais. Ademais a certificación Fairtrade abre o comercio xusto a todas aquelas empresas dispostas a seguir os criterios de Comercio Xusto na elaboración dun ou máis produtos. Deste xeito a certificación Fairtrade contribúe de forma significativa ao crecemento global do volume dos produtos de Comercio Xusto vendidos en todo o mundo.
En España a Asociación do Selo de Produtos de Comercio Xusto (ASPCX) dá licenza para o uso deste Selo e fomenta o que consumidoras e consumidores o coñezan e opten por produtos Fairtrade. a Asociación do Selo FAIRTRADE é membro de FLO International, o organismo internacional que apoia os produtores que traballan con Fairtrade ou desexan traballar con Fairtrade e que establece os criterios ou estándares de Comercio Xusto para cada produto.
Notas
editar- ↑ "14 de mayo: Día Mundial del Comercio Justo" (en castelán). Consultado o 2022-11-24.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Comercio xusto, páxina de Setem Amarante
- 15 anos de comercio xusto en Galicia, artigo de Galicia hoxe[Ligazón morta]
- Comercio justo: origen y evolución (en castelán)
- Web da Coordinadora Estatal de Comercio Xusto
- “Let’s go Fair”! (en castelán)
Documentais
editarMultimedia
editar- Vídeos sobre comercio xusto Arquivado 28 de outubro de 2008 en Wayback Machine.