Comunidade

páxina de homónimos de Wikimedia

A Comunidade en termos xerais pode ser entendida como un conxunto de seres vivos relacionados entre eles que habitan nun mesmo lugar ou posúen unha característica común.

Este termo pode ter outras acepcións relacionadas coa idea anterior:

Ciencia e tecnoloxía

editar
  • Comunidade ou biocenose en Bioloxía e Ecoloxía é o conxunto de organismos que forman parte dun mesmo ecosistema e interactúan entre eles.
  • Comunidade en socioloxía é un conxunto de persoas con intereses mutuos que viven no mesmo espazo e se organizan dentro dun conxunto de normas. Os estudantes que viven no mesmo dormitorio forman unha comunidade, así como as persoas que viven na mesma aldea, cidade ou no mesmo barrio.
    • As comunidades utópicas, tamén chamadas Falansterio, foron intentos durante o século XIX e primeira metade do século XX de crear a unha escala reducida unha comunidade baseada en principios de colaboración, propiedade colectiva e unha organización racional do traballo e da vida social (exemplos: New Harmony, Icaria...).
  • Comunidade Wireless en informática é unha comunidade que consiste en grupos de voluntarios que pretenden construír redes informáticas libres e gratuítas alternativas ás redes privadas xestionadas por empresas.
  • En informática unha comunidade tamén pode ser entendida como un conxunto de persoas que se relacionan virtualmente a través do orkut.
  • En tecnoloxías da información, nós que colaboramos na Wikipedia formamos unha comunidade virtual.
  • Comunidade científica no mundo da ciencia é unha comunidade que consta do corpo total de científicos, as súas relacións e interaccións. Divídese normalmente en "subcomunidades", cada unha traballando nun campo particular da ciencia (por exemplo existe unha comunidade de robótica dentro do campo das ciencias da computación).

Institucións internacionais

editar

Comunidades autónomas españolas

editar
  • En España, unha comunidade autónoma é unha entidade territorial que, dentro do ordenamento constitucional do estado de Español, está dotada de autonomía lexislativa e competencias executivas, así como da facultade de administrarse mediante os seus propios representantes. Foron establecidas pola Constitución española de 1978.
  • En Navarra a Comunidade foral é a denominación que recibe a organización como Comunidade Autónoma de Navarra dende 1982, e que reflicte a singularidade do seu réxime de autogoberno baseado nos dereitos históricos recoñecidos pola Constitución española de 1978.

Outros

editar
  • No tratamento da drogadicción a Comunidade terapéutica ou (CT) adícase o tratamento do abuso e adicción ás drogas. Son ambientes residenciais libres de droga que usan un modelo xerárquico con etapas de tratamento que reflicte niveis cada vez maiores de responsabilidade persoal e social.
  NODES
admin 1
COMMUNITY 1
Idea 1
idea 1
INTERN 3
todo 1