Con é un termo utilizados na xeografía, en particular a galega, para describir formacións rochosas, especialmente na costa.[1] Poden sobresaír da superficie da auga, ás veces só cando baixa o mar. Ao presentar características prominentes, poden representar un perigo para a navegación.

Cons en Noalla.
Cons no Carreirón.

Un escollo é un termo que actúa como sinónimo parcial.[2]

Definición

editar
 
Cons no faro de Corrubedo.

Un con refírese a unha gran rocha ou conxunto de rochas (en plural, cons), xeralmente de granito, que sobresae da auga ou do terreo circundante. Adoitan ter nomes propios e ser puntos de referencia locais para a pesca ou outras actividades (véxase o artigo toponimia).

Os cons son comúns na costa galega e hai rochas similares noutras rexións con formacións graníticas. Poden estar totalmente emerxidos ou só parcialmente cubertos polo mar, dependendo da marea.

Escollo

editar
 
Escollos en Naantali, Finlandia

Un escollo é un penedo a flor de auga que representa un obstáculo natural para a navegación marítima. Xeralmente, un escollo non presenta vexetación e ten unha superficie considerada demasiado pequena para ser habitada, o que o diferencia dun illote.[2][3]

Etimoloxías

editar

O termo "con" ten unha etimoloxía discutida. Segundo o dicionario de galego reintegracionista Estraviz deriva do latín conu,[4] que se refire a unha elevación ou promontorio rochoso, da raíz grega konos (con forma de piña).

Ademais, podería estar relacionado coas raíces *krowdi-* ou *krowkā-*, o mesmo que croio (que perdeu o -r- na forma coio) ou cómaro que teñen que ver con outeiros, túmulos ou pedras diversas.

Os cons adoitan ser de formas arredondadas, debido á acción erosiva do vento e do bater das ondas do mar. Outras raíces protoceltas como *kumbo- (e as relacionadas do galés *cwr ou o grego cymba) aparecen en termos relacionados con círculos ou curvas, como combar ou comboa.[5]

Moitos topónimos galegos conteñen as raíces *ko-* ou *cor-* (e.g. Combarro, Corme, Corrubedo, Corcubión etc.), que suxiren unha relación con elementos xeográficos e poderían ter unha orixe relacionada coas citadas raíces protoceltas que describen lugares prominentes. Outros topónimos son directamente cons (como Cons en Mourente) ou con de algo (Cons das Pozas en Ons, Con de Lourido en Burela etc.).[6]

Outro termo galego-portugués relacionado é cói, unha pedra no mar ou na costa que serve de refuxio para a navegación.[7]

Escollo

editar

O termo provén do latín scopulus. O termo significa "rochedo" ou "promontorio". En galego-portugués e castelán, o termo evoluíu a partir do italiano scoglio, que se refire a un obstáculo ou impedimento natural.[8] Un escollo pode recibir o nome de stacks ou farallón baixo.[9][10]

En lingua nórdica antiga o termo sker, que significa unha roca no mar, pasou ao inglés, formando skerry, a través da palabra en scots que se escribe skerrie ou skerry. Noutras linguas de Escandinavia e outras partes de Europa dise: sker en islandés e feroés, skær en danés, skär en sueco, skjær o skjer en noruegués, Schäre en alemán e kari en finés e estoniano. En gaélico escocés, aparece como sgeir, como en Sula Sgeir, en irlandés como sceir, e en manés como skeyr.

Galería

editar
  1. "con". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2024-08-16. 
  2. 2,0 2,1 "escollo". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2024-08-16. 
  3. "escolho". Aulete.uol.com.br. Arquivado dende o orixinal o 09 de marzo de 2014. Consultado o 16 de agosto de 2024. 
  4. "Significado de com no Dicionário Estraviz". estraviz.org. Consultado o 2024-08-16. 
  5. "COMBAR". Etimologías de Chile - Diccionario que explica el origen de las palabras (en castelán). Consultado o 2024-08-16. 
  6. "Galicia Cantábrica - Costa de Lugo - Mariña Lucesen". galicia-cantabrica (en inglés). Consultado o 2024-08-16. 
  7. "cói". Dicionário Priberam da Língua Portuguesa (en portugués). Consultado o 2024-08-16. 
  8. "escolho". michaelis.uol.com.br. Consultado o 2024-08-16. 
  9. "Outer-Rocky-Shores-of-the-Mowanbini-Archipelago". pubs.geoscienceworld.org ; TJG (en inglés). 
  10. "farallón". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2024-08-16. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar

 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

  NODES
iOS 1
mac 2
os 50
todo 1