Concello de Lavadores

antigo concello da provincia de Pontevedra

Lavadores foi un antigo concello de Galicia que funcionou como unidade administrativa entre 1836 e 1941.

Modelo:Xeografía políticaConcello de Lavadores

Localización
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Pontevedra Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación1836 Editar o valor en Wikidata
Disolución16 de abril de 1941 Editar o valor en Wikidata
Sucedido porVigo Editar o valor en Wikidata

Xeografía

editar

Lavadores ocuparía o sector interior oriental do termo actual de Vigo, e formaríano as parroquias de Beade, Bembrive, Candeán, Cabral, Teis, Valadares, Zamáns, e por suposto Lavadores. A súa extensión era de 56 km².

O lugar tiña moitos lavadoiros, ademais de fontes e muíño[Cómpre referencia]. De todas as súas parroquias a única costeira era a de Teis namentres que o resto se estendía dende Santa Cristina de Lavadores, que era o núcleo capital do concello, ao longo de todo o Val do Fragoso. A poboación do concello de Lavadores estaba composta durante o século XIX na súa maior parte por agricultores. Viviu intensamente a principios do século XX o agrarismo e a loita dos foros. Andado o século o Concello acollerá boa parte da clase obreira empregada nas fábricas de Vigo, o que dará pé a un forte movemento obreiro.

Historia

editar
 
... segregación de la parroquia de Teis ... para constituir en Municipio independiente... Gaceta de Madrid 13/12/1935.

O concello de Lavadores creouse no ano 1836 coa división territorial da provincia de Pontevedra que configuraba a Lei de Nova Planta.

Por outra parte, a carencia de servizos en Lavadores e as obras sempre aprazadas por falta de presupostos obrigaba os veciños a recorrer a Vigo, o que levou a Beade no ano 1925 a pedir a súa anexión a Vigo, aínda que non o logrou, e a Bembrive a converterse nunha entidade local menor con Xunta Administrativa de seu no ano 1931. Catro anos máis tarde, no 1935, Teis independizouse de Lavadores. Coas casas e os termos de Vigo e de Lavadores confundíndose, a finais do ano 1940, o alcalde de Lavadores, naquel entón Xesús Fernández Fernández, fíxolle a proposta á súa veciñanza de anexionarse á cidade de Vigo, e o día 16 de abril de 1941 Lavadores uniu os seus destinos aos de Vigo. O novo concello ampliouse en 56 quilómetros cadrados e en máis de 39.000 habitantes por aquel entón.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Giráldez Rivero, Xesús (2007). O antigo concello de Lavadores. Unha aproximación histórica. Pontevedra: Deputación de Pontevedra. ISBN 978-84-8457-281-1. 
  • Vázquez Xil, Lalo (1999). Historia de Vigo nos seus documentos. Concellería de Cultura, Educación e Muller. ISBN 84-87637-73-6. 

Outros artigos

editar
  NODES
admin 2
todo 2