Condado de Taboada

O Condado de Taboada foi un título nobiliario ligado ao territorio do actual concello de Taboada. Foi concedido polo rei Filipe IV de España a mediados do século XVII. Despois do falecemento da XIX Condesa de Taboada, Amelia González de la Maza[1], que doou o seu patrimonio á Fundación Condado de Taboada, o actual titular é Vicente Arias Mosquera[2].

Condado de Taboada
Primeiro titularXoán Taboada de Ribadeneira de Figueroa
ConcesiónFilipe IV
Actual titularVicente Arias Mosquera
Escudo do Condado de Taboada no sepulcro de Xoán Taboada de Ribadeneira e Figueroa (Igrexa de San Pedro de Bembibre).

Historia

editar

Orixes

editar
 
Pazo de San Pedro.

O Condado de Taboada foi fundado por Lope de Taboada, orixinario de Castro Candaz, quen construíu un pazo-fortaleza en San Pedro de Bembibre no 1413.

Durante o reinado do emperador Carlos I, o señor de Taboada era Lope de Taboada e Lemos, que tiña o cargo de Alférez Real de los Hijosdalgo del Reyno de Galicia e loitou polos intereses da monarquía castelá. A mediados do século, Lope enfermou e reclamoulle ao seu irmán Galeor que loitase en favor do emperador, polo que recibiu o estandarte da casa. Así, no 1553, Carlos I concedeulle os dereitos da casa e o Morgado.

Século XVII

editar

Foi durante o reinado de Filipe IV cando Xoán Taboada de Ribadeneira de Figueroa recibiu de facto o título de Conde de Taboada. Esta serodia concesión xustificouse coa relevancia que o nobre tivo no campo militar e político: foi Maestre de Campo de Infantaría e Cabalaría, Cabaleiro de Santiago, rexedor en Ourense e Procurador en Cortes. O seu matrimonio con Aldonza de Castro Vilamarín, señora de Vilamarín, sumou importantes propiedades, chegando a considerarse por algúns autores como a xurisdición máis importante do Reino de Galiza. 

Faleceu con só 46 anos, o 10 de decembro de 1681 e recibiu sepultura na igrexa de San Pedro de Bembibre. O sartego conta cunha estatua xacente e unha inscrición que di:

Respira mas que yace en este arco el que merecio vivendo muchos triumphales

El grande heroe D. Juan Taboada Rivadeneira y Figueroa

Cavallero de la Orden de Santiago, Maestre de Campo de Infanteria Espanola, Senor de la casa de Taboada.

Por cuyas hazanas y servicios y con los de sus antepassados le hizo su Magestad Merced de Titulo de Castilla y Conde de Taboada.

Murio a los 46 anos de su edad en 10 de diziembre de 1681.

Celebrale bien le ruega qualquiera que le miras. Que te lo merecen su valor cortesano discrecion piedad dadivosa.

Mucha christiandad y zelo fino por la Ley y por el Rey” (sic.)

A filla de Xoán Taboada e Aldonza de Castro, María Teresa de Taboada Vilamarín e Castro foi nomeada Condesa de Taboada en 1683 e casou en 1687 co conde de Maceda, aínda que ambos condados non se fusionan, senón que conservaron a súa identidade e administración propias. A pesar de contar con numerosas propiedades por todo o país, o matrimonio estableceu a súa residencia en Madrid.[3]

Século XVIII

editar

Durante a Guerra de Sucesión española, o conde de Taboada era Xosé Bieito de Lanzós, que sendo Maestre de Campo loitou no bando borbónico.[3] No 1709 obtivo o condado de Maceda e converteuse en Grande de España. A el e á súa muller débese a construción do retablo barroco da igrexa de San Pedro en 1701.

Actualidade

editar

O pazo de San Pedro deixou de ser frecuentado polos seus propietarios e no século XX era empregado como casa de labranza rexentada por caseiros. A comezos do século, o entón conde de Taboada, Leopoldo González de la Maza, inicia un proceso de restauración. No 2010, a última condesa de Taboada e irmá do anterior, Amelia González de la Maza (e parentes de Pedro Barrié de la Maza), creou a fundación Condado de Taboada (vinculada á loita contra o cancro) e legoulle todo o seu patrimonio. 

Desde febreiro de 2018, Vicente Arias Mosquera ostenta o título de Conde de Taboada, tres anos após o pasamento da súa predecesora.

Relación de condes

editar

1683 - 1785

editar
  • María Teresa Taboada de Vilamarín e Castro
  • Antonio Pedro Nolasco de Lanzós e Taboada
  • Baltasar de Lanzós e Taboada
  • Francisco Xavier de Lanzós e Taboada,
  • Gonzalo Manuel de Lando Deza Lanzós

1789 - actualidade

editar
  • Manuel Roldán e Gil Taboada
  • Nicolás Roldán Riobóo
  • Vicente Roldán Riobóo e Gil Taboada
  • María Presentación Roldán
  • Manuela de Agar e Roldán
  • Amelia García de Paredes
  • María Presentación de la Maza
  • Leopoldo González de la Maza
  • Amelia González de la Maza
  • Vicente Arias Mosquera

Extensión

editar
 
Xurisdicións de Taboada no Antigo Réxime.

O Condado de Taboada administrou, até a data da caída do Antigo Réxime, as parroquias de Ansar, Fradé, Gondulfe, Couto, Vilameñe, Campo, Castelo, Vilela, Sobrecedo e Bembibre (que deu lugar á de Carballo en 1898).

En 1840, ano en que nace o concello de Taboada, a capital municipal estaba na parroquia de San Pedro de Bembibre (lugar patrucial de orixe do Condado). Isto explica que se tomara o escudo do Condado (con modificacións) como municipal.

  NODES
iOS 2
mac 2
os 35
todo 3