Conferencia Oeste da NBA

(Redirección desde «Conferencia Oeste»)

A Conferencia Oeste da National Basketball Association (NBA) componse de 15 franquías, e organízase en tres divisións de 5 equipos cada unha.

Os tres gañadores de división cualifícanse primeiro, segundo e terceiro para os playoffs ordenándose polo seu récord, co resto de cualificados para os playoffs ordenados de cuarto a oitavo. Isto quere dicir que é posíbel que o cuarto teña un mellor récord que o terceiro cualificado. Por outra parte, a vantaxe de cancha decídese polo récord, non por cualificación, así que se o terceiro e o cuarto enfróntanse nunha rolda de playoffs no que o cuarto ten mellor balance que o terceiro, será o cuarto o que terá a vantaxe de cancha.

Os playoffs da Conferencia Oeste divídense en tres roldas, e o gañador enfróntase ó gañador da Conferencia Leste nas finais da NBA para determina-lo campión final. Tódalas roldas son ó mellor de sete partidos.

A actual división dos equipos adoptouse ó comezo da tempada 2004-2005, cando os Charlotte Bobcats entraron na NBA, converténdose na franquía número trinta. Isto fixo necesario o cambio dos New Orleans Hornets dende a División Central da Conferencia Leste á nova División Suroeste da Conferencia Oeste.

Equipos

editar

Campións da Conferencia Oeste

editar

Campións NBA en letra grosa

Títulos

editar
  NODES
Association 1
todo 1