Constante Moreda

gaiteiro e político galego
(Redirección desde «Constante Moreda Vázquez»)

Constante Moreda Vázquez, nado no barrio de Cabral-Sello (naquel entón concello de Lavadores) en 1894 e finado o 10 de decembro de 1936 no Monte do Castro de Vigo, foi un gaiteiro galego.

Modelo:BiografíaConstante Moreda
Biografía
Nacemento1894 Editar o valor en Wikidata
Lavadores, España Editar o valor en Wikidata
Morte10 de decembro de 1936 Editar o valor en Wikidata (41/42 anos)
Monte do Castro, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióngaiteiro, político Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiManuel Moreda Outeiral Editar o valor en Wikidata
IrmánsLenin Moreda Vázquez Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 912

Traxectoria

editar

Fillo de Manuel Moreda Outeiral. Peiteador de profesión, compaxinou dende novo o seu traballo coa militancia no PCE. Ademais era un afamado gaiteiro que mesmo chegou a gañarlle un concurso ao mítico gaiteiro de Soutelo Avelino Cachafeiro. Arredor de 1928 formou o cuarteto Airiños de Cabral, como compañeiros tiña ao seu alumno Manuel Oliveira Blanco, na gaita, Vicente Clemata "Firma" no tambor e Román Salgueiro no bombo. A última actuación de Constante Moreda co seu grupo foi o día 18 de xullo de 1936 en plenas festas patronais de Santa Mariña de Cabral.

Foi xulgado por rebelión militar e sentenciado a pena de morte. Foi executado no Monte do Castro o 10 de decembro de 1936 co seu pai Manuel Moreda Outeiral, o seu irmán José Moreda Vázquez, Urbano Rodríguez Moledo, Manuel Núñez Álvarez, Antonio Sayar Carrera, Manuel Acuña Gómez, Fernando Costas Méndez, Luís Ferreira Vieitez, José González Andreu e Luís Martínez Román.[1]

  1. "Homenaje a los fusilados", La Voz de Galicia, Vigo, 11-12-2005, p. 2.
  NODES
HOME 1
os 13
todo 1