Cooperación
A cooperación consiste no traballo en común levado a cabo por parte dun grupo de persoas ou entidades maiores cara a un obxectivo compartido, xeralmente usando métodos tamén comúns, no canto de traballar de forma separada en competición.
A cooperación é a antítese da competición; con todo, a necesidade ou desexo de competir con outros é un impulso moi común, que motiva en moitas ocasións aos individuos a organizarse nun grupo e cooperar entre eles para poder formar un conxunto moito máis forte e competitivo.
A nivel social, a cooperación humana en áreas como a agricultura e a construción pode tomar a forma de cooperativas, ou, alternativamente, negocios tradicionais. Moita xente apoia a idea de que a cooperación é a forma ideal de xestión dos asuntos humanos. Con todo, certas formas de cooperación son consideradas ilegais en numerosos países. Non só no caso trivial de persoas ou grupos que cooperan para a comisión de delitos, senón tamén desde a perspectiva do comercio, no caso de actividades de cooperación para alterar o acceso a recursos, ou o seu prezo (por exemplo, o Cártel ou cartel).
Suxeríronse varios mecanismos para explicar a aparición de cooperación entre humanos ou en sistemas naturais.
En bioloxía dáse na simbiose; é como dicir o mutualismo biolóxico, diferenciándose nun mutualismo é necesario obrar mutuamente para un mesmo fin en beneficio mutuo.
O dilema do prisioneiro
editarAta se todos os membros dun grupo se benefician da cooperación, o propio interese pode non favorecer a cooperación. O Dilema do Prisioneiro codifica este problema e foi obxecto de moita investigación, tanto a nivel teórico como experimental.
Curiosamente, este e outros resultados en economía experimental mostran que os humanos frecuentemente actúan de forma máis cooperativa do que ditaría o simple interese persoal. Unha posible razón para iso é que nunha situación de dilema do prisioneiro repetida no tempo fai que a non cooperación se castigue máis, e que se premie máis a cooperación do que podería suxerir o problema orixinal. Suxeriuse que este é un posible mecanismo para explicar a evolución de emocións complexas e comportamento social en animais superiores.
Hai catro condicións esenciais que tenden a ser necesarias para que xurda un comportamento cooperativo entre dous individuos:
- Unha superposición de desexos
- Unha probabilidade de futuros encontros co mesmo individuo
- Recordos positivos de anteriores encontros con ese individuo
- Un valor asociado con futuros resultados
O efecto de mercado
editarEste modelo baséase no feito de que en moitas situacións existe unha relación inversa entre a eficiencia obtendo un recurso concreto e a cantidade dese recurso que un pode obter de forma activa. Nesta situación, resúltalle máis rendible a cada individuo ou entidade especializarse en producir un recurso concreto e obter os demais recursos mediante comercio. Esta situación pode aplicarse a contornas con dúas ou máis produtores, de forma independente ou en competencia con outro produtor ou conxunto de produtores.
O efecto de mercado tamén se aprecia en sistemas naturais; existen numerosos exemplos no mundo dos símios, os peixes limpadores etc... Como exemplo sinxelo e aplicado a sociedades humanas teriamos modelos baseados en comercio internacional, por exemplo o mercado do petróleo. Os países árabes controlan a produción de grandes cantidades de petróleo, pero necesitan tecnoloxía de países occidentais para poder extraelo. A solución pasa pola cooperación a través do comercio.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- La evolución de la cooperación, Robert Axelrod, Basic Books, ISBN 0-465-02121-2
- El gen egoísta, Richard Dawkins (1990), segunda edición—inclúe dous capítulos sobre a evolución da cooperación, ISBN 0-19-286092-5
- The Seven Challenges: A Workbook and Reader About Communicating More Cooperatively, Dennis Rivers, cuarta edición, 2005—trata a cooperación como un conxunto de habilidades que poden mellorarse.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- MetaCollab.net, unha enciclopedia cooperativa gratuíta.
- PDF The Cooperation Project: Objectives, Accomplishments, and Proposals Proxecto de Howard Rheingold para o Institute for the Future da Universidade Stanford (en inglés).
- Plataforma de cooperación para a investigación do transporte more Arquivado 11 de marzo de 2021 en Wayback Machine.
- Tecnociencia e cooperación