Costanza II de Sicilia
Costanza II de Sicilia,[1] tamén coñecida como Costanza de Hohenstaufen, Costanza de Suabia e Costanza de Aragón, nada en 1247 en Catania (Reino de Sicilia) e finada o 8 de abril de 1302 en Barcelona,[2][3] foi raíña consorte de Aragón e de Valencia e condesa consorte de Barcelona (1276-1285), e raíña de Sicilia (1282-1302), despois da intervención aragonesa durante a Vésperas sicilianas, conxuntamente co seu marido.[4]
Nome orixinal | (it) Costanza di Sicilia (ca) Constança de Sicília |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (ca) Constança de Sicília 1248 Catania, Italia |
Morte | 9 de abril de 1302 (53/54 anos) Barcelona, España |
Lugar de sepultura | Catedral de Barcelona (1837–) Convent de Sant Francesc de Barcelona (en) (1302–1837) |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | monxa |
Orde relixiosa | Orde de Santa Clara |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 8 de abril 17 de xullo |
Outro | |
Título | Consorte de Sicilia (1282–1285) Raíña consorte de Aragón (1276–1285) |
Familia | Dinastía Hohenstaufen |
Cónxuxe | Pedro III de Aragón (1262, 1262 (Gregoriano)–1285) |
Fillos | Afonso III de Aragón, Xaime II de Aragón, Pedro de Aragão, Sabela de Portugal, Frederico II de Sicilia, Violante de Aragão e Sicília |
Pais | Manfredo de Hohenstaufen e Beatriz de Saboia, Marquesa de Saluzzo |
Irmáns | Thomas I, Marquess of Saluzzo Beatriz da Sicília (1260–1307) |
Foi proclamada beata pola Igrexa católica.[5]
Traxectoria
editarOrixes familiares
editarCostanza era filla de Manfredo I de Sicilia e de Beatriz de Savoia. Neta do emperador do Sacro Imperio Frederico II Hohenstaufen por parte paterna e do conde Amadeu IV de Savoia por parte materna.[2]
Matrimonio e primeiros anos
editarO 15 de xullo de 1262, en Montpellier Costanza casou co infante de Aragón Pedro,[3] fillo de Xaime I de Aragón o Conquistador (rei de Aragón, Valencia e Mallorca, conde de Barcelona, Xirona, Ausona, Besalú, Cerdaña e Rosellón, e señor de Montpellier e Carladès) e Violante, filla do rei de Hungría André II e da princesa de Constantinopla, Iolanda de Courtenay. O cronista Ramón Muntaner informou que Costanza "la fille de Mainfroi roi de Sicile, Constance" casou co herdeiro ao trono de Aragón, "Pietro (le seigneur infante Pierre)" e que Costanza tiña 14 anos.[3]
Moi devota do franciscanismo, a princesa fundou en 1266 o mosterio de Santa Clara en Huesca e, en 1294, fixo conmstruír outro en Messina.
En 1266, o pai de Costanza, Manfredo de Sicilia, na súa loita polo Reino de Sicilia co outro rei Carlos de Anjou, foi derrotado (e morto) na batalla de Benevento, e as familias máis influentes de Sicilia, partidarias de Manfredo, como os Lauria, os Lanza (a familia da avoa de Costanza) e Procida, refuxiáronse no Reino de Aragón.[6]
Raíña de Sicilia
editarAlgúns anos máis tarde, en 1268, Carlos de Anjou enfrontouse a Conradino, primo de Costanza, na batalla de Tagliacozzo, na que Conradino foi feito prisioneikro e decapitado, desaparecendo así o último descendente varón da dinastía de Hohenstaufen.
Costanza, entón, como última e lexítima herdeira dos Hohenstaufen, intentou tomar posesión do Reino de Sicilia, empuxando ao su marido a intervir nos asuntos deste Reino (cousa que, ademais, favorecía os intereses de Pedro pola expansión da coroa aragonesa polo Mediterráneo).[7]
En 1276 Costanza, xunto co seu marido, foi coroada como raíña consorte de Aragón, en Zaragoza, probabelmente o 17 de novembro, [8] nunha cerimonia na que Pedro cancelou a vasalaxe que co papado concertara o seu avó Pedro II (o que ocasionou, loxicamente, un enfrontramento co papa.
Pedro III, que pretendía reconquistar o Reino de Sicilia para a súa esposa, mantivo contactos coa nobreza que estaba descontenta coa dominación anxevina, en 1281 promoveu unha cruzada contra os territorios musulmáns do norte de África e, sen nin a aprobación nin o diñeiro pedido ao papa Martiño IV, en xuño de 1282 desembarcou na Berbaría, non lonxe de Tunisia. Tras a revolta das Vésperas sicilianas da primavera de 1282, Costanza persuadiu ao seu esposo para que apñoiara aos sicilianos. Pedro aceptou e en agosto desembarcou en Trapani, con 600 soldados e 8 000 almogávares (forzas mercenarias de choque, formadas por infantaria lixeira, que servían principalmente á Coroa de Aragón, famosos pola súa valentía e crueldade).
Carlos I de Anjou, que o 25 de xullo sitiara Messina, despois do desembarco dos aragoneses tratou en van de facer un último asalto á cidade, e logo retirouse. Pedro ocupou pouco despois o resto da illa. Costanza foi coroada raíña de Sicilia en Palermo o 30 de agosto de 1282, xunto co seu esposo. Ambos os dous gobernaron conxuntamente (aínda que os sicilianos consideraban a Costanza como a verdadeirao soberana), e foron cuñadas moedas coas nom es de ambos. De feito, porén, gobernou sobre todo o marido.[9].
Inmediatamente despois da coroación, Pedro enviou unha embaixada a Carlos de Anjou, que se encontraba en Mesina, instándoo a recoñecelo como rei de Sicilia e a abandonar a illa. A derrota da frota anxevina en Nicoreta, a mans do almirante Roger de Lauria, obrigou a Carlos a deixar Mesina e refuxiarse na parte continental do seu Reino (onde tiña a súa capital, Nápoles). A dominación anxevina conclúe na illa e conduce á división do Reino de Sicilia en 1282 no "reino de Sicilia peninsular" ou "reino de Nápoles", baixo dominio anxevino, e o "reino de Sicilia insular", baixo dominio aragonés.[10]
Últimos anos
editarDespois da morte do seu marido en 1285 Costanza continuou ocupándose do goberno de Sicilia, en nome do seu fillo Xaime, ao que prefiriu deixar a titularidade da coroa dos seus antepasados.
Só despois da morte do primoxénito Afonso (1295), cando en 1297 Xaime concluíu a paz cos franceses e abandonou Sicilia e ao seu irmán Frederico á súa sorte, Costanza, deixando en Sicilia ao seu fillo favorito, volveu a Aragón. Decidiu, segundo o seu desexo, dedicarse á meditación e á vida relixiosa retirándose na clausura dun convento de clarisas en Barcelona, onde pasou os últimos anos da súa vida.[11]
A última intervención pública que a raíña nai fixo antes do retiro foi permitir o matrimonio da súa filla Violante con Roberto de Anjou, rei de Nápoles e sobriño do seu inimigo Carlos I, coa esperanza duna paz duradeira entre as dúas dinastías.
Sepulcro de Costanza
editarÁ morte da raíña, o 9 de abril de 1302, o seu cadáver recibiu sepultura no Convento de San Francisco de Barcelona, onde ao longo da Idade Media recibiron sepultura numerosos membros da familia real aragonesa, incluíndo ao propio fillo de Costanza de Sicilia, Afonso III o Liberal. Alí permaneceu sepultado o cadáver da esposa de Pedro III durante varios séculos, até que en 1835 o Convento de San Francisco foi demolido, e a maioría dos restos das persoas reais alí sepultadas, incluíndo a raíña Costanza e ao seu fillo Afonso, foron trasladados á Catedral de Barcelona, a instancias da raíña Isabel II de España, a súa descendente.[12]
No século XX, os restos da raíña foron colocados nun sepulcro, no lado esquerdo do altar maior da Catedral de Barcelona, no que tamén se encontran os restos mortais doutras dúas raíñas de Aragón, a raíña María de Chipre, esposa de Xaime II de Aragón, e a raíña Sibila de Fortiá, cuarta esposa de Pedro IV o Cerimonioso. No mesmo sepulcro tamén descansan os restos da raíña Leonor de Aragón, raíña de Chipre polo seu matrimonio con Pedro I de Chipre, e neta de Xaime II de Aragón. Os sepulcros, nos que os restos das raíñas se depositaron en 1998, foron realizados polo artista catalán Frederic Marès.
Os actuais Borbóns de España, de Nápoles (Borbón-Dúas Sicilias) e de Parma (Borbón-Parma), son os únicos descendetes, a través de Costanza, de Frederico II e dos Hauteville: o último varón dos Hohenstaufen foi Conrradino, executado en Nápoles o 29 de outubro de 1268.[13]
Descendencia
editarO matrimonio de Costanza II de Sicilia con Pedro III de Aragón tivo os seguintes fillos:[2][14]
- Afonso III de Aragón (1261-1291), rei de Aragón, de Valencia e de Mallorca, e conde de Barcelona.
- Xaime II de Aragón (1267-1327), rei de Aragón, de Valencia, de Mallorca, de Sardeña e de Sicilia, e conde de Barcelona.
- Infanta Isabel de Aragón (1271-1336), Santa Isabel de Portugal, raíña consorte de Portugal polo matrimonio en 1288 con Dinís I de Portugal.
- Frederico II de Sicilia (1272-1337), rei de Sicilia.
- Infanta Violante (1273-1302), casada en 1297 co infante Roberto de Nápoles, futuro rei Roberto I.
- Infante Pedro de Aragón (1275-1291).
Devanceiros
editarCostanza II de Sicilia | Pai: Manfredo de Sicilia |
Avó paterno: Frederico II Hohenstaufen, emperador do Sacro Imperio |
Bisavó paterno: Henrique VI, emperador do Sacro Imperio |
Bisavoa paterna: Costanza de Sicilia | |||
Avoa paterna: Bianca Lancia |
Bisavó paterno: Descoñecido | ||
Bisavoa paterna: Descoñecida | |||
Nai: Beatriz de Savoia |
Avó materno: Amadeu IV de Savoia |
Bisavó materno: Tomé I de Savoia | |
Bisavoa materna: Margarida de Xénova | |||
Avoa materna: Margarida de Borgoña |
Visavó naterno: Hugo III, duque de Borgoña | ||
Visavoa materna: Beatriz de Albon |
Veneración
editarPola súa vida virtuosa, que influíu na dos seus fillos (incluíndo a Santa Isabel de Portugal), pronto comezou a ser venerada e falouse das aparicións aos seus fillos Frederico e Xaime. Foi finalmente proclamada beata pola Igrexa pola súa actitude favorábel á política papal. A súa festa celébrase o 17 de xullo.
Costanza II de Siclia na literatura
editarDante lóaa no Purgatorio (III, 143), da Divina Comedia, chamándoa a buona Costanza.
«Poi sorridendo disse: "Io son Manfredi,
nepote di Costanza imperadrice;
ché qui per quei di là molto s'avanza"».
ond'io ti priego che, quando tu riedi,
vadi a mia bella figlia, genitrice
de l'onor di Cicilia e d'Aragona,
e dichi 'l vero a lei, s'altro si dice.
...
Vedi oggimai se tu mi puoi far lieto,
revelando a la mia buona Costanza
come m' hai visto, e anco esto divieto;
Dante Alighieri, Divina Comedia, Purg. c. III, vv. 112-117 e 142-145.
Predecesor: Carlos I de Sicilia |
Raíña de Sicilia (Xunto a Pedro III de Aragón) 1282 – 1285 |
Sucesor: Xaime I |
Notas
editar- ↑ "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-09-17.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Albertí i Casas, Elisenda 2007, pp. 59-72.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Constanza of Sicily en Sicily/Naples: counts & kings, Cap. 3. Projets MedLands (en inglés)
- ↑ Pierotti Cei, Lia 1995, p. 214.
- ↑ Beata Costanza d’Aragona.
- ↑ Runciman, Steven 2009, pp. 100 e 119.
- ↑ Pierotti Cei, Lia 1995, p. 22.
- ↑ Soldevila, Ferran 1995a, p. 90.
- ↑ Runciman, Steven 2009, p. 55.
- ↑ Vísperas Sicilianas. En ecwiki, Enciclopedia católica on line (en castelán). Consultada o 3 de novembro de 2016.
- ↑ Pierotti Cei, Lia 1995, p. 120.
- ↑ Runciman, Steven 2009, p. 234.
- ↑ Pierotti Cei, Lia 1995, p. 158.
- ↑ Aragon, kings. Cap. 3. Kings of Aragon (Condes de Barceloa) en Projets MedLands (en inglés)
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Costanza II de Sicilia |
Bibliografía
editar- Albertí i Casas, Elisenda (2007): Dames, Reines, abadesses, 18 personalitats femenines a la Catalunya medieval. Editorial Albertí. ISBN 978-84-7246-085-0.
- Arco, Ricardo del (1945): Sepulcros de la Casa Real de Aragón. Madrid: Instituto Jerónimo Zurita. Consejo Superior de Investigaciones Científicas.
- Pierotti Cei, Lia (1995): Madonna Costanza Regina di Sicilia e d'Aragona. Milán: Mondadori. ISBN 88-04-38442-5.
- Quatriglio, Giuseppe (2002): Mille anni in Sicilia - Dagli Arabi ai Borboni. Marsilio. ISBN 88-317-6405-5.
- Runciman, Steven (2009): Las Vísperas Sicilianas Ed. Reino de Redonda. ISBN 978-84-933656-7-7.
- Soldevila, Ferran (1995a): Jaume I, Pere el Gran. Barcelona: Ed. Vicens-Vives, 4ª ed.
- Soldevila, Ferran (1995b): Pere el Gran. L'Infant. Barcelona: Institut d'Estudis Catalans. ISBN 84-7283-303-8.
- Soldevila, Ferran (1995c): Pere el Gran. El regnat fins a l'any 1282. Barcelona: Institut d'Estudis Catalans. ISBN 84-7283-304-6.
Outros artigos
editar- Pedro III de Aragón
- Manfredo de Hohenstaufen
- Reino de Sicilia
- Lista de soberanos de Sicilia e Nápoles
- Casa de Hohenstaufen
- Güelfos e xibelinos
- Vésperas sicilianas
Ligazóns externas
editar- "Constança de Sicília i de Savoia"Arquivado 08 de agosto de 2016 en Wayback Machine. Diccionari Biogràfic de Dones. Barcelona: Associació Institut Joan Lluís Vives. (en catalán). Consultada o 3 de novembro de 2016.
- Beata Costanza d’Aragona. Regina. En Santi, beati e testimoni - Enciclopedia dei santi, santiebeati.it (en italiano). Consultada o 3 de novembro de 2016.