Costanza de Aragón e Navarra
Costanza de Aragón,[1] nada o ano 1344 no Mosteiro de Poblet e finada o 18 de xullo de 1363 en Catania, Reino de Sicilia, foi princesa de Aragón e raíña consorte de Sicilia, polo seu matrimonio con Frederico III de Sicilia.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1343 Mosteiro de Poblet, España |
Morte | 18 de xullo de 1363 (19/20 anos) Catania, Italia |
Causa da morte | parto |
Lugar de sepultura | Catedral de Catania |
Outro | |
Título | Consorte de Sicilia (1361–1363) |
Familia | Casa de Barcelona |
Cónxuxe | Frederico III de Sicilia (1361 (Gregoriano)–) |
Fillos | María de Sicilia |
Pais | Pedro IV de Aragón e María de Navarra |
Irmáns | Xoana de Aragón e Navarra Isabel de Aragón Lionor de Aragón e de Sicilia Martiño I de Aragón Xoán I de Aragón |
Orixes famiiiares
editarCostanza era a filla única de Pedro IV, rei de Aragón, de Valencia, de Mallorca, d Sardeña e de Córsega e Conde de Barcelona e dos outros condados cataláns, e da súa primeira esposa María de Navarra.[2] [3][4]
Polo tanto era neta de Afonso IV de Aragón e de Tareixa de Entenza por liña paterna, mentres que por liña materna érao de Xoana II de Navarra e Filipe de Évreux.[5] [6]
Así mesmo, foi media irmá por liña paterna dos reis de Aragón Xoán I e Martiño I, Martiño o Vello.[7]
Traxectoria
editarEn 1347, tras a morte da súa nai, foi proclamada herdeira ao trono polo seu pai; pero dito nomeamento non foi ben recibido pola nobreza, que non aceptaba que houbera nomeado herderia da coroa á súa filla máis vella. Por mor diso tivo que sufocar a revolta da Unión de Aragón, coaligada coa Unión de Valencia dirixida polo seu medio irmán Fernando de Aragón e Castela. Dita situación resolveuse de maneira definitiva en 1351, ao nomear Pedro IV herdeiro a Xoán, fillo primoxénito que tivo coa súa terceira esposa, Lionor de Sicilia.
Conatanza estivo comprometida con Lois de Sicilia, pero a morte prematura deste en 1355 fixo que casara co seu irmán Frederico o 11 de abril de 1361.
Do seu matrimonio naceu unha única filla, a futura raíña de Sicilia, María.
Costanza morreu durante o parto o 18 de xullo de 1363.
Os seus restos xacen nun sarcófago na Capiela da Adoración da Catedral de Catania.
Devanceiros de Costanza de Aragón e Navarra
editar16. Pedro III de Aragón | ||||||||||||||||
8. Xaime II de Aragón | ||||||||||||||||
17. Costanza II de Sicilia | ||||||||||||||||
4. Afonso IV de Aragón | ||||||||||||||||
18. Carlos II de Anjou | ||||||||||||||||
9. Branca de Nápoles | ||||||||||||||||
19. María de Hungría | ||||||||||||||||
2. Pedro IV de Aragón | ||||||||||||||||
20. Guillerme Bernardo de Enteza | ||||||||||||||||
10. Gombal de Entenza | ||||||||||||||||
21. Tareixa Pérez de Azagra | ||||||||||||||||
5. Tareixa de Entenza | ||||||||||||||||
22. Sancho de Antillón | ||||||||||||||||
11. Costanza de Antillón e Cabrera | ||||||||||||||||
23. Lionor de Cabrera-Urgell | ||||||||||||||||
1. Costanza de Aragón e Navarra | ||||||||||||||||
24. Filipe III de Francia | ||||||||||||||||
12. Lois de Évreux | ||||||||||||||||
25. María de Brabante | ||||||||||||||||
6. Filipe de Évreux | ||||||||||||||||
26. Filipe de Artois | ||||||||||||||||
13. Margarida de Artois | ||||||||||||||||
27. Branca da Bretaña | ||||||||||||||||
3. María de Navarra | ||||||||||||||||
28. Filipe IV de Francia | ||||||||||||||||
14. Lois X de Francia | ||||||||||||||||
29. Xoana I de Navarra | ||||||||||||||||
7. Xoana II de Navarra | ||||||||||||||||
30. Roberto II de Borgoña | ||||||||||||||||
15. Margarida de Borgoña | ||||||||||||||||
31. Einés de Borgoña | ||||||||||||||||
Predecesor: Isabel de Carintia |
Raíña consorte de Sicilia 11 de abril de 1361 - 18 de xullo de 1363 |
Sucesor: Antonia del Balzo |
Notas
editar- ↑ "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-09-17.
- ↑ Reis de Aragón en Medieval Lands (en inglés).
- ↑ Casa de Barcelona - genealogy Arquivado 05 de outubro de 2018 en Wayback Machine. (en inglés).
- ↑ Pedro IV de Aragón genealogie Arquivado 29 de setembro de 2007 en Wayback Machine. en mittelalter (en alemán).
- ↑ Lacarra 1972, pp. 58-59.
- ↑ Felip III de Navarra na Gran enciclopèdia catalana (en catalán).
- ↑ Claramunt 2002, p. 222.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Claramunt, Salvador (2002): "La política matrimonial de la Casa condal de Barcelona y real de Aragón desde 1213 hasta Fernando el Católico". Acta historica et archaeologica Mediaevalia, Núm. 22.
- Ferrer i Mallol, Maria Teresa (1978): "Els darrers sobirans del Casal de Barcelona: Joan I i Martí l'Humà". En: Història de Catalunya. Barcelona: Editorial Salvat, pp. 142–150.
- Ferrer i Mallol, Maria Teresa, ed. (2015): Martí l'Humà: el darrer rei de la dinastia de Barcelona (1396-1410): L'interregne i el Compromís de Casp. Barcelona: Institut d'Estudis Catalans / Deputazione di Storia Patria per la Sardegna. ISBN 978-84-4996-525-1.
- Lacarra, José María (1972): Juramento de los reyes de Navarra (1234-1329). Madrid: Real Academia de la Historia.
- Mestre i Campi, Jesús (dir.) (1998): Diccionari d'Història de Catalunya. Barcelona: Edicions 62, p. 658-659, entrada: «Martí I». ISBN 84-297-3521-6.
- Silleras-Fernández, Núria (2008): Power, Piety, and Patronage in Late Medieval Queenship: Maria de Luna. Nova York: Palgrave Macmillan. ISBN 978-1-4039-7759-5.
- Vilar, Pierre (dir.); Batlle, Carme (1988): Història de Catalunya. Volum III. Barcelona: Edicions 62. ISBN 84-297-2784-1.