Crédito académico

O crédito académico é a unidade convencional de tempo coa que se computa o proceso de ensino-aprendizaxe na universidade. Esta unidade é unha convención que se adopta de forma diferente segundo os países e as épocas. Até o acordo europeo sobre o Sistema Europeo de Transferencia e Acumulación de Créditos, máis coñecido como ECTS[1] (European Credit Transfer and Accumulation System), os créditos variaban entre os sistemas universitarios dos diferentes países europeos. En España, un crédito equivalía a 10 horas de docencia. O ECTS supón un acordo a nivel europeo para definir o crédito como unha unidade de tempo de 25 a 30 horas de dedicación do estudantes.

Bandeira da Unión Europea.

Sistema Europeo de Transferencia e Acumulación de Créditos

editar

O Sistema Europeo de Transferencia e Acumulación de Créditos é un sistema utilizado polas universidades europeas para definir o tempo que inverte un estudante na súa formación. Utilízase para diversas fins como validar cursos, recoñecer equivalencias formativas ou deseñar planos de formación. O tratado da Unión Europea permite a libre circulación dos traballadores entre os países membros mais as dificultades de recoñecemento dos títulos académicos viña dificultando esta posibilidade. Á hora de comparar titulación, un dos problemas é a definición da formación recibida e, neste proceso, a cuantificación do tempo requirido é esencial. Por exemplo, se, para ser físico, un estudante aprendeu a realizar experimentos con partículas atómicas, é de axuda saber como o aprendeu mais tamén durante canto tempo o estivo aprendendo.

Este proceso de unificación dos deseños formativos universitarios a nivel europeo coñécese como Proceso de Bologna e ten que dar lugar ao chamado Espazo Europeo de Educación Superior (identificado coas súas iniciais: EEES). Este sistema foi o único na práctica a partir de 2010 cos novos deseños de planos de estudo denominados graos e posgraos e a desaparición progresiva das anteriores diplomaturas e licenciaturas.

Innovacións introducidas

editar

Os ECTS non son unha simple unidade de tempo. Introducen algúns cambios relevantes que deben considerarse para o seu manexo adecuado:

  • O tempo considerado non se refire a horas de aulas impartidas polos profesores senón ás horas invertidas polos estudantes. Deste xeito, se unha disciplina ten 6 créditos ECTS, as 150 horas que representan inclúen as horas de clase directa, os traballos en grupo ou individuais, as lecturas, as titorías individuais ou en grupo, o estudo da materia, o traballo en laboratorio ou de campo, a realización de probas escritas etc.
  • O profesorado debe deseñar as disciplinas considerando como debe aprender o estudante e consecuentemente como debe ensinar. Reforza a relación entre ensino e aprendizaxe de modo que o ensino deixa de ser un proceso de transferencia de contidos e debe pasar a preocuparse pola aprendizaxe conseguida nos estudantes.
  • Calquera título universitario outorgado en Europa, no Espazo Europeo de Educación Superior, terá de ser recoñecido polos países membros para todos os efectos, incluídos os laborais.
  • Calquera estudante terá máis facilidades para moverse dunha universidade a outra dentro dese espazo formativo de modo que poderá recibir a súa formación en diversas universidades sen topar tantos problemas como os que se detectaron con programas de intercambio como o Programa Erasmus.

Aplicacións

editar

A creación dos ECTS ten unha serie de aplicación prácticas que se observan na universidade europea desde 2010:

Deseño de planos de estudo

editar

Os graos, posgraos e doutoramentos das universidades deben deseñarse utilizando unidades de tempo ECTS. Isto leva consigo que o número de créditos dos planos de estudo e das materias permanecen de forma similar pero o número de horas que representan é superior porque inclúe horas de dedicación non docentes.

Organización de horarios

editar

Os horarios describen o contido dos créditos levando á descrición do seu contido. Deste xeito, descríbense de forma explícita as horas dedicadas a outras actividades como as titorías individuais ou grupais e mesmo outras tarefas.

Definición do proceso de ensino-aprendizaxe

editar

O proceso de ensino-aprendizaxe define con maior precisión todas as actividades ás que se ten que dedicar o estudante. Este cambio de referencia (desde a perspectiva do estudante) entra en consonancia con outros cambios do Proceso de Bologna como a definición por competencias dos títulos académicos.

Recoñecemento da formación adquirida

editar

A formación adquirida noutras universidades, mesmo doutros países europeos, e doutros niveis e modalidades pode recoñecerse con maior facilidade. Aínda que deben considerarse outros parámetros, o tempo pasa a ser unha referencia fundamental. Ao facilitar este recoñecemento, tamén será máis doada e máis efectiva a mobilidade dos estudantes dunha universidade a outra.

  1. Pronunciado "eceteese"

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Bibliografía

editar
  • De Pablos Pons (2006). El proceso de integración en el Espacio Europeo de Educación Superior: Necesidades y demandas del profesorado de la Universidad de Sevilla. Sevilla: Universidad de Sevilla. (en castelán)
  • Feliz Murias, T. (2010). Diseño de programas de Educación Social. Madrid: McGraw Hill. (en castelán)
  • Vega Gil, L. El Proceso de Bolonia y la Educación Comparada: miradas críticas. Salamanca: Universidad de Salamanca. (en castelán)

Ligazóns externas

editar
  NODES
iOS 7
mac 9
os 90
todo 2