Crisaor

personaxe da mitoloxía grega, fillo de Medusa

Crisaor, na mitoloxía grega, o home da espada de ouro, foi fillo de Poseidón e Medusa.

Nacemento de Crisaor e Pegaso despois de que Perseo decapitase a Medusa (Edward Burne-Jones, 1876-1885)

Naceu, xunto a Pegaso, do pescozo da gorgona Medusa, ó ser decapitada por Perseo, e ó nacer xa portaba unha espada de ouro. Ovidio concreta que naceron do sangue de Medusa que se derramou.

"Unha vez cortada a cabeza [de Medusa] xurdiron da Górgona o cabalo alado Pegaso e Crisaor, o pai de Xerión, que foran enxendrados por Poseidón".
(Pseudo-Apolodoro: Biblioteca mitológica II, 4, 2)
"Cando Perseo lle cortou a cabeza xurdiron o inmenso Crisaor e o cabalo Pegaso. Este tivo este nome porque naceu xunto ás fontes do Océano, e o outro porque ten unha espada de ouro nas mans... Crisaor enxendrou ó tricéfalo Xerión uníndose a Calírroe, filla do famoso Océano".
(Hesíodo: Teogonía 280-289)
"De Medusa, filla de Gorgón, e de Neptuno [Poseidón] naceron Crisaor e o cabalo Pegaso; de Crisaor e Calírroe, o trimembre Xerión".
(Hixino: Fábulas 151)

Casou con Calíorre, filla de Océano, coa que enxendrou dous seres monstruosos: Xerión, o xigante a quen Heracles tivo que roubar o gando para cumprir un dos traballos de lle ordenou Euristeo; e Equidna, nai de Cérbero, Quimera e a Hidra de Lerna, entre outros monstros.


Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • GRIMAL, Pierre: Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1981, s. v. Crisaor e px. 446.
  • HESÍODO: Teogonía. Trabajos y días. Escudo. Certamen, Alianza Editorial, 3ª ed., 2013 [a numeración segue a utilizada neste texto].
  • Hesíodo. Teogonía. Universidad de Salamanca. Curso 2009-2010. 11638: LUZ, MOLÉCULAS Y VIDA.
  • HIXINO: Fábulas mitológicas. Tradución, introdución e notas de Francisco Miguel del Rincón Sánchez. Alianza Editorial 2009.
  • OVIDIO: Metamorfosis. Tradución de Antonio Ramírez de Verger. Alianza Editorial 3ª ed. 2015, 2ª reimp. 2017 [a numeración segue a utilizada neste texto].
  • PSEUDO-APOLODORO: Biblioteca mitológica. Tradución e notas de Julia García Moreno. Alianza Editorial 3ª ed. 2016 [a numeración segue a utilizada neste texto].
  NODES
todo 1