Cruceiro da Laxe Pequena

construción relixiosa na Laxe Pequena (Taragoña, Rianxo)
(Redirección desde «Cruceiro de Capeliña da Laxe Pequena»)

O cruceiro de Capeliña da Laxe Pequena está situado no lugar da Laxe Pequena, na parroquia rianxeira de Taragoña.

Cruceiro de Capeliña da Laxe Pequena
Presentación
LocalizaciónRianxo
DirecciónA Laxe Pequena (Taragoña)
TipoCruceiro de capela

Descrición

editar

Sostense nunha plataforma cuadrangular de tres graos e de amplas dimensións. Ten fuste octogonal de grosa sección, con catro cunchas de vieira na súa zona alta. A capeliña moi ornamentada, está formada por: Unha base troncopiramidal invertida, dúas caras laterais, unha traseira e unha lousa de teito; a base porta tres querubíns en tres das catro caras, o lateral dereito posúe un baixorelevo de Santiago Apostol, o lateral esquerdo relevo de santo (probabelmente San Francisco), a traseira relevo de Cristo cos Cruz a costas e o teito simula unha bóveda de crucería rebaixada. No interior da capeliña hai unha imaxe da Virxe. Remata o conxunto coa cruz que é de sección octogonal, cos remates dos brazos florenzados e cun Cristo Crucificado ten as mans pechadas, pano de pureza anoado, leva coroa de espiñas e cartela de INRI. Este cruceiro debe de ser moi antigo, posibelmente do século XVI.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
todo 1