Ctónico (do grego χθόνιοςchthonios, "en, baixo, alén da terra", de χθώνchthōn "terra")[1], ademais da súa tradución literal que significa 'subterráneo', a súa deficióon histórica ou interpretativa desgina a deidades ou espíritos do inframundo, estreitamente relacionados coa antiga relixión grega. A palabra grega khthon é unha das moitas para "terra", e tipicamente refírese ó interior da mesma, en contraposición cos que viven na superficie (como Gaia) ou a terra como territorio (como khora (χώρα)). Evoca ó mesmo tempo a abundancia e a tumba.

O gran santuario de Samotracia acolleu unha relixión mistérica que dedica un panteón ós deuses ctònicos dos que o máis importante era a Gran Nai. En Acragas (Agrigento) hai un templo adicado ós deuses ctónicos. Algúns cultos ctónicos practicaban o sacrificio ritual, que adoitaba facerse pola noite. As ofrendas eran normalmente queimadas ou soterradas, no canto de ser cociñadas e repartidas entre os devotos.

  1. Chthonios, Henry George Liddell, Robert Scott, A Greek–English Lexicon, at Perseus.
  NODES
todo 1