Curitiba é unha cidade brasileira, capital do estado do Paraná. Sitúase a 934,6 metros por riba do nivel do mar, na primeira altiplano paranaense. A súa poboación é de 1 587 315 habitantes, segundo o censo de 2000, sendo a máis grande cidade da Rexión Sur do Brasil.

Modelo:Xeografía políticaCuritiba
Imaxe

HimnoHino do município de Curitiba (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

AlcumeCapital de les Araucàries, Capital Ecològica del Brasil e Ciutat Model Editar o valor en Wikidata
Epónimopine forest (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 25°25′47″S 49°16′19″O / -25.4297, -49.2719
EstadoBrasil
Unidades da federaciónEstado do Paraná Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación1.773.733 (2022) Editar o valor en Wikidata (4.117,87 hab./km²)
Xeografía
Superficie430,74021 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude935 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Creación29 de marzo de 1693 Editar o valor en Wikidata
Evento clave
5 de febreiro de 1842nomeamento
18 de xaneiro de 1894Invasión
Causado por: Revolução Federalista (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Santo padrónNossa Senhora Candelária de Jaro (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataRafael Greca (pt) Traducir (2017–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoCâmara Municipal de Curitiba (pt) Traducir , (Escano: 38) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal80000–82999 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico41 Editar o valor en Wikidata
Código de concello do Brasil4106902 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webcuritiba.pr.gov.br Editar o valor en Wikidata
Facebook: PrefsCuritiba Twitter: Curitiba_PMC Instagram: curitiba_pmc BNE: XX458416 Editar o valor en Wikidata

Considerada por moitos a metrópole brasileira que ofrece a mellor calidade de vida e unha das mellores cidades brasileiras para facer negocios, Curitiba fundouse en 1654 e elevouse á categoría de vila e de municipio o 29 de marzo de 1693, co nome de Nosa Señora da Luz dos Pinhais. Pasou en 1721 a chamarse Curitiba (en lingua guaraní, Kurit = piñeiro, e Ybá = gran cantidade) que debe o seu nome aos milleiros de piñeiros que cubrían o seu territorio. Nas mediadas do século XIX, a entón Provincia do Paraná sepárase do entón Provincia de São Paulo e Curitiba convértese na súa capital. Durante a súa histaria, Curitiba recibiu un gran fluxo de inmigrantes europeos, especialmente italianos, polacos, alemáns e ucraínos.

Características

editar
 
Xardín Botánico de Curitiba.
 
Praza Anita Garibaldi.

A cidade de Curitiba é especialmente coñecida, non só no Brasil mais tamén noutros países, polas súas solucións urbanas innovadoras, tales como os ómnibus bi-articulados que se converten en vías exclusivas no medio das grandes avenidas, modelo adoitado por cidades doutros países, inclusive dos Estados Unidos. Xa as áreas verdes da cidade dan 51 metros cadrados por habitante, case tres veces máis que o mínimo recomendado pola Unesco.

Espalladas pola cidade, están as Rúas da Cidadanía, que son establecementos municipais onde se encontran puntos de comercio, bibliotecas, servizos de acceso a Internet gratuítos, entre outros, e lecer, e tamén os órganos de servizos dos gobernos municipal, estatal e do goberno federal. Son os únicos lugares na cidade onde o comercio de rúa (ambulante) está permitido.

Por esas solucións urbanas, Curitiba foi recentemente[cando?] recomendada pola UNESCO como unha das cidades-modelo para a reconstrución das cidades do Afganistán. A pesar disto, como calquera outra metrópole brasileira, Curitiba tamén sofre con algúns problemas sociais, como a existencia de favelas (vivendas precarias feitas de madeira ou follas de zinc, sen rede colectora de sumidoiros) no contorno do municipio, e de persoas vivindo nas rúas. O índice de criminalidade, no entanto, aínda é baixo, cando a comparamos con outras cidades do mesmo tamaño.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
dada 2
dada 2
Done 1
see 1