Dánae na mitoloxía clásica é a filla do rei de Argos, Acrasio e de Eurídice. É nai de Perseo.

Dánae por Tiziano,1554, museo do Prado.

Dánae era unha fermosa xove, filla de Eurídice e do rei de Argos chamado Acrasio. Este fora advertido nun oráculo que o neno que concibira a súa filla lle había causar a morte. Para evitalo, Acrasio encerrou a filla nunha gran torre con grandes portas e cadeados de bronce. Porén, o gran deus Zeus encaprichouse con ela e, para poder acceder á torre, transformouse nunha fina choiva de ouro, atravesando así os ladrillos da construción e tomándoa carnalmente e isto tivo como resultado o embarazo da moza.

Acrasio soubo isto e non creu a versión contada pola súa filla, e sabendo que Preto, irmán xemelgo de Acrasio, fora pretendente seu, creu que el entrara na morada da súa filla onde a desposou.

Acrasio tomou a súa filla e o neno cando naceu e encerrounos nunha arca para despois arroxalos ó mar, coa esperanza de que morreran. Pola contra, chegaron sans e salvos á illa de Sérifos, onde foron recollidos por Dictis. Obtiveron tal sorte grazas á axuda de Zeus que mostrou o seu agradecemento cara a xove Dánae. Dictis levounos á presenza do rei Polidectes ou Polidecto, que tratounos con cortesía e respecto ao comezo, pero logo, tratou de seducir a Dánae, sendo esta defendida polo seu fillo Perseo.

  NODES
todo 1