Década de 1670
Segundo milenio | |||||
Século XVII | |||||
| |||||
|
1670
- Artigo principal: 1670.
- 29 de abril - Comezo do pontificado de Clemente X (fin en 1676).
- Comezo do reinado de Cristián V de Dinamarca (fin en 1699).
- Baruch de Spinoza publica o Tractatus theologico-politicus.
1671
- Artigo principal: 1671.
- Xaneiro: Desfeita da revolta contra o poder ruso por parte dos cosacos do Don que dirixía Stenka Razin.
- 22 de xuño: Guerra entre Polonia e o Imperio Otomán.
Arte e cultura
- Iníciase a igrexa de Saint-Mary-le-Bow (até 1683), Londres, de Christopher Wren.
- Gabriel Feixóo de Araúxo dá a coñecer o Entremés famoso da pesca do río Miño, a peza teatral máis antiga en lingua galega.
1672
- Artigo principal: 1672.
Ciencia e tecnoloxía
- Isaac Newton publica o seu tratado sobre a luz.
- Arredor deste ano, o físico alemán Otto von Guericke constrúe a primeira máquina electrostática capaz de producir e almacenar enerxía eléctrica estática por rozamento.
- O astrónomo Cassini decátase de que o anel de Saturno ten bandas de distinta intensidade, unha exterior e outra interior.
1673
- Artigo principal: 1673.
América
- 1 de xaneiro - Comeza a funcionar o correo regular entre Nova York e Boston.
- Jacques Marquette, xesuíta francés, descobre o lago Michigan e o curso superior do río Mississippi.
Ciencia e tecnoloxía
- O francés Francois de Cisternay du Fay propuxo a existencia de dous tipos de carga eléctrica, positiva e negativa, unha proposta atribuída tamén a Benxamín Franklin.
- O astrónomo Cassini determina a paralaxe de Marte.
1674
- Artigo principal: 1674.
1675
- Artigo principal: 1675.
1676
- Artigo principal: 1676.
- O astrónomo danés Olaus Roemer mide a velocidade da luz pola posición dos satélites de Xúpiter. O seu resultado 225 000 km/s considérase satisfactorio para ser a primeira vez que se lograba e polo abraiante da velocidade, inimaxinábel na época, aínda que non se achegase á realidade.
- O holandés Anton van Leeuwenhoek descobre as bacterias.
1677
- Artigo principal: 1677.
América
- 3 de marzo : o mariño francés Jean II d'Estrées toma a illa de Tobago, en pose dos Países Baixos.
África
- 1 de novembro: O vicealmirante d'Estrées apodérase da illa de Gorée, no Senegal, en nome do rei francés Lois XIV.
Arte e cultura
- O xesuíta Athanasius Kircher publica "China illustrata", obra que divulga en Europa os últimos descubrimentos occidentais sobre a civilización chinesa.
- Baruch de Spinoza, filósofo holandés, da a coñecer a súa obra "Ética".
1678
- Artigo principal: 1678.
- 10 de agosto - Paz de Nimega: Francia e as Provincias Unidas dos Países Baixos acordan o fin da guerra entre ambos estados.
1679
- Artigo principal: 1679.
- Publicación póstuma de Varia opera mathematica do avogado e matemático francés Pierre de Fermat.