Década de 610
Primeiro milenio | |||||
Século VII | |||||
| |||||
|
610
- Artigo principal: 610.
Oriente Próximo
- 18 de marzo - Mahoma ten as primeiras revelacións no monte Hira, preto da Meca (até 632).
Mundo Mediterráneo
- 4 de outubro - Focas, usurpador do trono bizantino desde 602 é deposto polas forzas chegadas do Exarcado de Cartago, ao mando de Heraclio.
- 5 de outubro - Heraclio é o novo emperador de Bizancio (até 641).
- Gundemaro sobe ao trono hispánico dos visigodos (até 612).
611
- Artigo principal: 611.
- Os persas sasánidas, ao mando do xeneral Shahrbaraz, asaltan Antioquía.
- Os ávaros invaden o reino dos francos.
- Cynegils é o novo rei de Wessex, Gran Bretaña, sucedendo a Ceolwulf.
612
- Artigo principal: 612.
Asia
Europa
613
- Artigo principal: 613.
Asia
- Mahoma comeza a predicar publicamente na Meca.
- Proseguindo a campaña sasánida contra Bizancio, Shahrbaraz, xeneral persa toma Damasco.
Europa
- O rei de Neustria, Clotario II, invade e apodérase de Austrasia. Castiga a morte cruel á raíña Brunequilda.
- Iníciase o reinado do monarca merovinxio Clotario II, como rei de todos os francos (até 629).
- Aethelfrith, rei de Nortumbria derrota os galeses e os seus aliados en Chester.
- O rei visigodo, Sisebuto, organiza unha expedición contra os ástures, ao mando do seu xeneral Requila. Segundo Isidoro de Sevilla foron sometidos.
614
- Artigo principal: 614.
Asia
- O xeneral persa Shahrbaraz toma Xerusalén, que saquea e destrúe, profana o Santo Sepulcro e colle a Vera Cruz que levará para Persia.
- Os persas destrúen o reino gasánida, sito no sueste de Siria.
Europa
- Os ávaros asaltan a cidade de Salona e máis o Palacio de Diocleciano, na costa de Dalmacia (cf. actual Solin e Split).
- Edictum Chlotarii, polo que o rei franco Clotario II cede o poder aos latifundistas nomeándoos condes.
- Gran Bretaña: Cynegils, rei de Wessex, invade Dumnonia (actual Devon).
615
- Artigo principal: 615.
África
América
- 29 de xullo - inicio do reinado de Pacal II o Grande, rei maia de Palenque (até 683).
Asia
- Na China, o emperador Jangdi é cercado durante un mes polos turcos no curso dunha xira de inspección ao longo da gran muralla.
Oriente Próximo
- Cosroes II, emperador sasánida de Persia, saquea Xerusalén.
Europa
616
- Artigo principal: 616.
617
- Artigo principal: 617.
Asia
- Sui Gong Di succede a Sui Yang Di como emperador da China.
- Continúa a persecución de Mahoma e os seus partidarios na Meca.
Europa
- Sigehbert I tórnase rei de Essex, en Gran Bretaña.
- O exército persa, mandado polo xeneral Spahbodh Shaahin, conquista Calcedonia tras un longo asedio.
618
- Artigo principal: 618.
Asia
- Na China comeza o período da dinastía Tang (até 907), so Tang Gao Zu, 1º emperador da liñaxe.
Oriente Próximo
- O xeneral persa Shahrbaraz, ao servizo do xa Cosroes II, conquista Exipto, e somete a cidade de Alexandría a saco. Exipto fica incorporado ao imperio persa até 629, efectuándose a reconstución do antigo imperio aqueménida.
619
- Artigo principal: 619.