Día

tempo que transcorre na Terra desde que o Sol está no punto máis alto sobre o horizonte ata que volve estalo

Para o artigo da illa, vexa Día, Grecia.

Un día (do latín: dies) é o lapso de tempo que transcorre na Terra desde que o Sol está no punto máis alto sobre o horizonte ata que volve estalo. A duración aproximada do día son 24 horas, divididas, tradicionalmente, en tempo de luz (tamén chamado "día") e período escuridade (chamado "noite"). Non é unha unidade do SI, pero acéptase o seu uso con el[1]. É unha unidade de tempo fundamental do sistema de unidades UAI[2].

A auga, o coello e o cervo: tres dos vinte símbolos dos días do calendario azteca, da Pedra do Sol.

O día, ademais de tratarse da primeira forma de medir o tempo que tivo o home, divídese en 24 horas de 60 minutos cada unha, que, á súa vez, subdivídense en curtos períodos de 60 segundos. Deste xeito, xa que logo, un día tamén dura 86.400 segundos.

Concepto

editar
 
Auca del Sol i de la Lluna, de Pere Abadal i Morató[3]

A vida do home desenvólvese no tempo, nel sucédense os acontecementos e os xeitos de pensar que forman a historia do mundo. Por isto o home, dende a súa orixe, intentou medir o «tempo» da forma máis exacta posible. O emprego universal de datar o tempo por medio do ano, o mes e o día, supoxo o emprego dunha mesma era e dun calendario común.

Dentro das primeiras concepcións do tempo, o día foi a unidade básica deste. Como tal, o concepto evolucionou e redefiniuse ó longo da historia, sempre procurando acoutar de xeito máis preciso a duración deste. Dende unha concepción humana e terrestre poden distinguirse 4 tipos básicos de días: o día natural, o día solar medio ou día civil e o día astronómico.

  • O día natural. É o período de luz que comeza coa saída do sol e remata co seu ocaso, tendo unha duración variable que na latitude de Galicia é aproximadamente de 15 h 6 min a 8 h 54 min, sendo nos dous equinoccios 12 h.
  • O día astronómico. É o tempo que emprega a terra en xirar sobre o seu propio eixo, cunha duración de 23 h. 56 min 4s
  • O día civil. É a medida convencional de 24 horas de 60 minutos cada unha, iniciándose ás 0:00 ou medianoite.

Día astronómico

editar
Artigo principal: Día astronómico.

Tamén chamado día sideral, é o lapso entre dous tránsitos sucesivos do equinoccio medio ou, de maneira equivalente, é o lapso entre dúas culminacións sucesivas dunha estrela no meridiano local. Para un observador determinado o día astronómico comeza cando o punto Aries atravesa o seu meridiano.

Nun ano trópico a Terra dá 365,242189 voltas ó redor do seu eixo respecto ó Sol, pero respecto das estrelas dá unha volta máis: 366,242189. Pódese obter unha aproximación suficientemente boa do valor do día astronómico:

  • 1 ano trópico = 365,242189 días = 8.765,8125 horas
  • 1 día astronómico = (8.765,8125 h/366,242189) = 23,9345 horas

O día astronómico (medio) resulta ser algo menor de 24 horas: 23 h 56 min 4,0905 s, aproximadamente.

En astronomía observacional utilízase o tempo sideral. Supoñamos que hoxe aliñamos unha estrela e anotamos a hora. Mañá a estrela alcanzará a mesma aliñación uns 3 min 55,9 s antes.

Por outra banda, hai que distinguir entre o período de rotación da Terra respecto das estrelas e o día astronómico propiamente dito. Ó ser o equinoccio medio un punto móbil debido á precesión, o día astronómico é 0,0084 segundos máis curto que o período rotacional respecto das estrelas, polo que o período rotacional dura 23 h 56 min 4,0989 segundos.

Día solar medio ou civil

editar
Artigo principal: Día solar medio.
 
O primeiro reloxo atómico do mundo, permitía calcular os segundos, 1955.

O día solar medio, ou día civil, é o usado para todos os asuntos cotiáns. Defínese como o lapso que emprega o Sol en culminar dúas veces consecutivas no meridiano do observador. Os días teñen unha duración variable, en función da época do ano en que nos atopemos. Esta variabilidade está motivada pola excentricidade da órbita terrestre e pola oblicuidade da eclíptica. A efectos prácticos manéxase o concepto de día solar medio, que ten unha duración de 24 horas ou o que é o mesmo, 86.400 segundos.

Coa mesma referencia, o Sol, tense o ano tropical ou ano trópico, lapso que demora a Terra no seu movemento anual. Nun ano trópico a Terra dá 365,242189 voltas ó redor do seu eixo respecto ó Sol e, polo tanto, un ano trópico dura 365,242189 días solares medios.

Diferenzas

editar
 
As estrelas distantes avanzan cara ó Sol nuns catro minutos por día. Nas viñetas, o Sol é o círculo amarelo e a estrela afastada é o pequeno círculo vermello. A dirección local do sur é S. Esquema sen escala.

A diferenza entre un día solar e un día astronómico débese ó feito de que cando a Terra remata o seu xiro con respecto ás estrelas fixas, o Sol non pasou polo meridiano porque nese tempo moveuse debido ó movemento de translación da Terra ó redor do Sol.

Considerando a Terra situada inicialmente en T no momento en que o Sol é culminado e unha estrela moito máis lonxe, para que poida ser considerada unha referencia fixa. O meridiano local é m e o punto sur é S. Un observador que miraba cara ó sur vería o Sol e a estrela aliñada e culminante (imaxe esquerda).

Co paso do tempo, a Terra móvese de T a T', ó mesmo tempo que rota. En T' a estrela distante culmina de novo, mentres que o Sol non o fai. Para que isto suceda, a Terra ten que rotar o ángulo de SRT', que son outros catro minutos, e dise que o Sol "retarda" con respecto á estrela (imaxe central).[4][5][6]

Finalmente, o Sol culmina por segunda vez en T" e dise que pasou un día solar. Neste momento a estrela está ó oeste do meridiano local, e dise que avanza con respecto ó Sol (imaxe dereita).

O tempo de T a T' é un día astronómico, a duración é de 23 horas 56 minutos e 4,1 segundos aproximadamente, mentres que o tempo de T a T" é un día solar de 24 horas.[7]

Día gregoriano

editar
Artigo principal: Calendario gregoriano.
División do calendario
Núm. Nome Días
1 xaneiro 31
2 febreiro 28 o 29
3 marzo 31
4 abril 30
5 maio 31
6 xuño 30
7 xullo 31
8 agosto 31
9 setembro 30
10 outubro 31
11 novembro 30
12 decembro 31

O concepto actual de día, unidade básica do noso calendario anual, provén do calendario gregoriano. Tamén coñecido como calendario occidental ou calendario cristián, é o calendario civil aceptado internacionalmente como referente.[8][9][10] Foi establecido polo papa Gregorio XIII, a instancia de Giraldi, promulgado por un decreto asinado o 24 de febreiro de 1582, unha bula coñecida polas súas palabras iniciais Inter Gravissimas. O calendario reformado foi aprobado ese mesmo ano por un grupo de países, outros adoptárono os séculos seguintes. A motivación da reforma gregoriana foi que o calendario xuliano utilizado desde que Xulio César o instaurara no ano 46 aC.[11] O calendario xuliano asumía que o tempo entre o equinoccio de primavera era de 365,25 días, cando actualmente sábese que é case 11 minutos máis curto. O erro entre estes valores acumulados provocaban unha diferenza de preto de tres días cada catro séculos, o que resultaba nun equinoccio que tiña lugar o 11 de marzo (un erro acumulado de aproximadamente 10 días) e movéndose constantemente anteriormente no calendario xuliano no momento da reforma gregoriana. Xa que o equinoccio de primavera estaba vinculado á celebración da Pascua, a Igrexa católica Romana consideraba que este movemento constante na data da equinoccio era indesexable.

Debido á Reforma Protestante, moitos países de Europa Occidental non van, inicialmente, seguir a reforma gregoriana, e mantiveron o seu vello sistema. Finalmente, outros países seguiron a reforma en nome da coherencia, no momento en que os últimos partidarios do calendario xuliano en Europa do Leste (Rusia e Grecia) cambiaron ó sistema gregoriano no século XX, tiveron que deixar 13 días a partir dos seus calendarios, debido á diferenza adicional acumulada entre os dous calendarios desde 1582.

O día é neste calendario a unidade fundamental de tempo. Un día equivale aproximadamente a 86.400 segundos do Tempo Universal Coordinado ou TAI: lembramos que é o TAI o que se ten que axustar ó verdadeiro movemento de rotación terrestre, que se atrasa respecto da duración deste. Segundo este calendario, o ano consta de 7 meses de 31 días (xaneiro, marzo, maio, xullo, agosto, outubro e decembro), 4 de 30 días (abril, xuño, setembro e novembro) e un, febreiro, que ten 28 nos anos comúns e 29 nos bisestos. Os anos comúns tamén se dividen en 52 semanas e un día e os bisestos en 52 semanas e dous días. Isto fai que se unha data acontece nun determinado día da semana un ano, a mesma data ó ano seguinte acontece no día seguinte da semana; se o ano é bisesto, as datas comprendidas entre marzo e o febreiro do ano seguinte acontecen dous días da semana máis tarde, en relación ó día en que caera o ano anterior.

Definicións

editar

O concepto e duración do período de tempo que representa o día ten diversas definicións.

Sistema Internacional de Unidades (SI)

editar

Un día contén 86400 segundos[1]. E, actualmente, cada segundo é definido como o período de tempo equivalente a 9 192 631 770 períodos de radiación correspondente á transición entre os dous niveis hiperfinos do estado fundamental do isótopo 133 do átomo de cesio, medidos a 0 kelvin.[12]

Variación histórica

editar

Debido á lúa e a disipación de enerxía que causan as mareas, a velocidade de rotación da Terra en si mesma diminúe co paso dos anos. A lonxitude do día aumenta a un ritmo duns 2 milisegundos por século. Polo tanto, hai 100 millóns de anos, o ano duraba 380 días. A lúa distánciase progresivamente da terra, e isto provoca que o día se vaia alargando progresivamente porque a forza exercida pola lúa á Terra é inversamente proporcional ó cadrado da distancia entre elas.

Os cambios na duración do día durante tempos xeolóxicos foi verificado experimentalmente contando os aneis de crecemento dos corais fósiles. O crecemento de corais relacionado á luz durante o día: como o día é máis ou menos longo, a ruta é máis ou menos ancha, a frecuencia é anual, é posible determinar o número de días ó ano en épocas xeolóxicas.

Data Período xeolóxico Número de días por ano[13] Duración do día
Presente Actual 365 24 horas
- 100 millóns de anos Xurásico 380 23 horas
- 200 millóns de anos Permiano 390 22,5 horas
- 300 millóns de anos Carbonífero 400 22 horas
- 400 millóns de anos Silúrico 410 21,5 horas
- 500 millóns de anos Cámbrico 425 20,5 horas

Días planetarios

editar

Indícase en días terrestres a duración do día sideral nos diferentes planetas (e non a duración do día solar). Os valores indicados están redondeados a dúas cifras decimais.

Planeta Día
Mercurio 58,65[14]
Venus 243,02[15]
Terra 0,99
Marte 1,026
Xúpiter 0,41[16]
Saturno 0,44-0,45[17]
Urano 0,72[16]
Neptuno 0,67[18]

Astronomía

editar

Un día de, exactamente, 86.400 segundos é a unidade fundamental de tempo en astronomía.[2]

Todos os planetas teñen un período de rotación relativo ás estrelas, comunmente chamado como o seu período de rotación sideral[19]. O da Terra dura 23 horas, 56 minutos e 50 segundos. A Terra tamén posúe o chamado tempo sideral, a súa rotación é relativa á súa propia precesión ou o equinoccio, o cal é 8,4 milisegundos máis pequeno que o seu período de rotación relativo ás estrelas fixas[20]. A miúdo suponse que os períodos de rotación dos xigantes gasosos, os cales non teñen unha superficie sólida, son a rotación dos campos magnéticos que residen no seu interior. Xúpiter e mais Saturno tamén teñen os seus propios períodos de rotación ecuatorial e de altas latitudes propios[19].

O día sidéreo dura ó redor de 3 minutos 56 segundos menos que o día solar, e está preto do período de rotación actual da Terra, en oposición ó movemento aparente do Sol. De feito, a Terra xira 366 veces sobre o seu eixo durante un ano de 365 días, dado que a revolución desta en torno ó Sol elimina un xiro aparente do astro rei ó redor do noso planeta.

Coloquial

editar

A palabra, ademais, refírese a varias ideas relativas, que inclúen algunha máis á parte das seguintes:

  • O período de luz durante o cal o Sol está por riba do horizonte local (é dicir, o tempo que transcorre desde o orto ata o ocaso), en oposición á noite.
  • O período de tempo no que un está esperto, desde que se ergue da cama pola mañá ata que vai durmir á noite.
  • Data.
  • Época ou circunstancia.

Día e noite

editar
 
Atardecer no Parc de la Mar, Palma.

Tamén se coñece como día da parte que vai desde nacemento do sol ata o seu solpor. O termo anteponse á noite.

A refracción na atmosfera dos raios luminosos do Sol motiva que vexamos luz cando o Sol non saíu aínda: aurora, amencer ou crepúsculo matutino. Dita difusión alarga o día. Medido desde o mediodía o orto caracterízase por un ángulo horario -H, onde:

 

onde   é a latitude do lugar e D a declinación solar. O ocaso ocorre a un ángulo horario H.

O día dura   e a noite  .

A duración do día e a noite vai cambiando no transcurso do ano sendo a duración do día de 12 h (en todas as latitudes) nos equinoccios, de máis de 12 horas na primavera e verán (producíndose o día máis longo no solsticio de verán, tendo tamén a noite máis curta). Pola contraria, o día dura menos de 12 horas en outono e inverno, producíndose no solsticio de inverno o día máis curto e a noite máis longa.

Este efecto acentúase máis canto maior é a latitude. Hai día ou noite permanente nalgunha época do ano, nas rexións polares tanto do hemisferio norte coma no sur, caracterizadas por estar a unha latitude que, en valor absoluto, é maior que F=90-23 °26'=66 °34'. Esta é precisamente a definición de casquete polar.

Segundos adicionais

editar
Artigo principal: Segundo adicional.

A media actual do período de rotación da Terra con respecto ó Sol é un pouco máis de 86 400 segundos, a duración do día marcada polo SI; xa que esta está máis preto dos 86 400,002 segundos. Este tempo adicional acumúlase dando como resultado ó redor de 0,7 segundos ó ano e sobre sete cada dez anos, facendo necesaria a adición dun segundo extra ós reloxos civís de cando en vez para atrasalos e mantelos así máis sincronizados co movemento aparente do sol. A mediados deste século a cantidade de tempo que será engadida ó reloxo incrementará ata acadar un segundo cada ano. Este é o chamado segundo adicional. Un día dun reloxo "civil" dura 86 400 segundos, pero durarán 86 401 ou 86 399 segundos no caso dos segundos adicionais.

Os segundos adicionais son anunciados polo International Earth Rotation and Reference Systems Service (Servizo Internacional de Rotación da Terra e Sistemas de Referencia), o cal mide a rotación da Terra e determina se é necesario un segundo adicional. Os segundos adicionais só se engaden á fin dun mes UTC e, polo de agora, só o fixeron ou ben á fin do 30 de xuño ou do 31 de decembro.

A orixe dos segundos adicionais é que a Terra, debido ó efecto das mareas, está ralentizando o seu movemento de rotación, estimándose o efecto nun aumento da duración do día civil en 1,7 milisegundos cada século.[21]

División lumínica e agrupación en conxuntos

editar

O día pódese dividir en diferentes partes segundo a luz que haxa ou agrupar en conxuntos de sete.

Partes

editar

O día é un xeito de medir o tempo, e ademais da división en horas, minutos e segundos (hai divisións aínda máis pequenas), neste pódense distinguir diferentes fases segundo a posición do Sol e, por conseguinte, a cantidade de luz que este irradie. Antigamente era a maneira de medir o tempo, xa que non había reloxos que marcasen a hora que era. As divisións son as seguintes: noite, madrugada, crepúsculo matutino, orto ou amencer, mañá, mediodía, tarde, ocaso ou solpor, crepúsculo vespertino e medianoite.

Semana

editar
Artigo principal: Semana.

Os días agrúpanse en conxuntos de sete, dando lugar as semanas. Cada un dos sete días da semana posúe un nome (algúns dous), e o ciclo, unha vez rematado, volve empezar. Estes son os seus nomes: luns ou segunda feira, martes ou terceira feira, mércores ou cuarta feira, xoves ou quinta feira, venres ou sexta feira, sábado e domingo.

 
Composición dixital de varios panoramas da mesma localización no mesmo día onde se mostra o paso do tempo;
no hemisferio norte, á esquerda está o oeste e máis o solpor e á dereita o leste e o amencer.

Comezo do día

editar
 
Lúa e sol no eclipse solar do 7 de outubro de 2010.

Para a maioría dos animais diúrnos, o día comeza naturalmente ó amencer e termina no ocaso. Os seres humanos, coas súas normas culturais e coñecementos científicos, empregaron varios límites do día ó longo da historia.

No Antigo Exipto e en Mesopotamia, o día empezábase a contar dende o amencer. Na Antiga Grecia, o punto de partida era á noitiña. Na Antiga Roma, empezaba a medianoite, como na actualidade.[22] O día xudeu comeza á tardiña ou á noitiña (cando aparecen tres estrelas de segunda magnitude). A Europa medieval seguiu esta tradición, coñecida como axuste florentino: neste sistema, unha referencia como "dúas horas no día" significaba "dúas horas despois da posta do sol" e, polo tanto, o tempo durante a noite debía ser cambiado a un día atrás polo calendario do cómputo moderno. Así, días como Noiteboa, Halloween ou a véspera de Santa Inés son o que quedan das vellas tradicións cando as festas relixiosas iniciábanse as vésperas. A común convención actual referida a un día civil comeza á medianoite, é dicir ás 00:00 (inclusive) e dura 24 horas, até as 24:00 (exclusive).

Os musulmáns fan xaxún dende o amencer até o atardecer todos os días do mes de Ramadán. O "Documento de Damasco", con copias atopadas tamén entre os manuscritos do Mar Morto, establece con respecto á observancia do Sabbat que "Ninguén debe facer ningún traballo os venres, dende o momento en que o disco solar se atope a unha distancia do horizonte a unha lonxitude equivalente ó seu propio diámetro", o que indica que probablemente a comunidade monástica responsable da elaboración deste traballo contou o día como rematando un pouco antes de que o sol empezase a pórse.

Non foi ata que se impuxo o Heliocentrismo en que a duración do día quedou directamente ligada á rotación da terra, unha vez que este feito foi aceptado o esforzo científico centrouse en medir o intervalo de tempo necesario para facer a rotación.

  1. 1,0 1,1 "SI brochure: Table 6: Non-SI units accepted for use with the International System of Units". Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2009. Consultado o 26 de setembro de 2008. 
  2. 2,0 2,1 International Astronomical Union, "SI units", section 5.15 Astronomical units
  3. Immaculada Socias Batet Catàleg del Fons Abadal de la Biblioteca de Catalunya Barcelona: Biblioteca de Catalunya, 2007
  4. The Principal Meridian Project (US)
  5. Department of the Interior, Bureau of Land Management (ed.). "Resources page of the U.S" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2008. Consultado o 17 de abril de 2019. 
  6. Neugebauer Otto (1949). "The astronomy of Maimonides and its sources". Hebrew Union College Annual 22: 321–360. 
  7. BIPM (ed.). "Unit of time (second) (Definición oficial do segundo)". SI brochure (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2011. Consultado o 30 de outubro de 2011. 
  8. Introduction to Calendars Arquivado 19 de outubro de 2011 en Wayback Machine.. United States Naval Observatory. (en inglés)
  9. Calendars Arquivado 01 de abril de 2004 en Wayback Machine. por L. E. Doggett. Section 2.
  10. A norma internacional para a representación de datas e horas ISO 8601 utiliza o calendario gregoriano. Sección 3.2.1.
  11. O calendario xuliano era basicamente o calendario exipcio, o primeiro calendario solar coñecido que establece o ano de 365,25 días
  12. "Unit of time (second)" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2019. Consultado o 14 de abril de 2019. 
  13. J.Kovalesky Bureau des Longitudes (ed.). "Paléo-Astronomie". 
  14. Munsell, Kirk; Smith, Harman; Harvey, Samantha (28 de maio de 2009). NASA, ed. "Mercury: Facts & Figures". Solar System Exploration (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de novembro de 2015. Consultado o 07-04-2008. 
  15. Karl K. Turekian (2005). Meteorites, comets, and planets (en inglés). Elsevier. p. 490. ISBN 9780080447209. Consultado o 15-11-2010. 
  16. 16,0 16,1 Seidelmann, P. Kenneth; Archinal, B. A.; A'hearn, M. F.; et al. (2007). "Report of the IAU/IAGWorking Group on cartographic coordinates and rotational elements: 2006". Celestial Mech. Dyn. Astr. (en inglés) 90: 155 – 180. doi:10.1007/s10569-007-9072-y. 
  17. Than, Ker. Space.com, ed. "Length of Saturn's Day Revised" (en inglés). Consultado o 06 de setembro de 2007. 
  18. Williams, David R. (1 de setembro del 2004). NASA, ed. "Neptune Fact Sheet" (en inglés). Consultado o 14 de agosto de 2007. 
  19. 19,0 19,1 Allen's astrophysical quantities page 296
  20. P. Kenneth Seidelmann, Explanatory supplement to the Astronomical Almanac (Mill Valley, California: University Science Books, 1992) 48. ISBN 0-935702-68-7.
  21. Change, NASA Global Climate. "10 interesting things about Earth". Climate Change: Vital Signs of the Planet. Consultado o 2019-04-01. 
  22. Jérôme Carcopino (1988). Vida cotidiana en Roma en el apogeo del Imperio. Madrid: Ediciones Temas de hoy, S.A. p. 188. ISBN 84-7880-917-1. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
HOME 3
Idea 1
idea 1
Interesting 1
Intern 9
iOS 15
mac 5
multimedia 1
os 208
todo 4
web 1