Día Mundial da Loita contra a SIDA

(Redirección desde «Día mundial contra a SIDA»)

O Día Mundial da Loita contra a SIDA que se celebra o 1 de decembro de cada ano, dedícase a dar a coñecer a epidemia de SIDA global causada pola extensión da infección do VIH.

O Obelisco de Buenos Aires (Arxentina) vestido cun preservativo para conmemorar o Día mundial da loita contra a SIDA

Elixiuse o día 1 de decembro debido a que o primeiro caso de SIDA foi diagnosticado neste día en 1981. Desde entón, a SIDA matou máis de 25 millóns de persoas en todo o mundo, e é unha das epidemias máis destrutivas da historia. A pesar de que se mellorou o tratamento antiretroviral e de que existe un maior acceso a el no mundo desenvolvido, a epidemia de SIDA levou entre 2,8 e 3,6 millóns de vidas en 2005[Cómpre referencia], das que máis de medio millón (570.000) eran nenos.

A idea de dedicarlle un día á loita contra a SIDA no mundo orixinouse no Cume Mundial de Ministerios da Saúde de 1988, dentro dos programas para a prevención da SIDA. Desde entón, foi adoptado por gobernos, organizacións internacionais e caridades ao redor do mundo.

Desde 1988 até 2004, o Día Internacional da Loita contra a SIDA foi organizado por UNAIDS (a organización das Nacións Unidas para a loita contra a sida), organismo que escollía un tema para cada ano, despois de consultalo con outras organizacións. En 2005 a UNAIDS entregou a responsabilidade da conmemoración deste día á Campaña Mundial contra a SIDA (WAC, World AIDS Campaign), unha organización independente. Para o 2005, elixiron como tema da súa campaña: "Paren a sida: cumpran a promesa" (Stop AIDS: Keep the Promise), que estará vixente até o 2010. Este tema non é específico para o Día Mundial da Loita contra a SIDA, senón tamén para os labores que a WAC fai durante o ano.

Símbolo

editar
 

O lazo vermello é o símbolo mundial para a solidariedade coas persoas VIH-positivas e con aqueles que conviven coa SIDA e apoio mutuo.

Temas do día mundial contra a SIDA

editar
1988 Comunicación
1989 Mocidade
1990 As mulleres e a SIDA
1991 Compartindo a loita
1992 Compromiso da comunidade
1993 Actuar
1994 A SIDA e a familia
1995 Dereitos compartidos, responsabilidades compartidas
1996 Un mundo. Unha esperanza
1997 Nenos vivindo nun mundo con SIDA
1998 Forza para cambiar: Campaña mundial da SIDA coa xente nova.
1999 Escoita, aprende, vive: Campaña mundial da SIDA con nenos e xente nova.
2000 SIDA: Os homes fan a diferenza
2001 A miña impórtame. E a ti?
2002 Estigma e discriminación
2003 Estigma e discriminación
2004 Mulleres, mozas, VIH e SIDA
2005 Para a SIDA. Mantén o compromiso.
2006 Para a SIDA. Mantén o compromiso - Responsabilidade.
2007 Para a SIDA. Mantén a promesa.
2008 Para a SIDA. Mantén a promesa.
2009 Para a SIDA. Mantén a promesa.
2010 Para a SIDA. Mantén a promesa.

Véxase tamén

editar
  NODES
Idea 1
idea 1
INTERN 2
todo 2