Daniel-Ange de Maupeou d'Ableiges
Daniel-Ange de Maupeou d'Ableiges, nado en Bruxelas o 17 de outubro de 1932, é un sacerdote católico latino francés. É coñecido por ser o fundador da escola de oración e evanxelización Jeunesse-Lumière e polas súas obras de espiritualidade.
(2013) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de outubro de 1932 (92 anos) Bruxelas, Bélxica |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote católico (1981–), ermitán, escritor |
Pseudónimo literario | Daniel Ange |
Familia | |
Familia | House of Maupeou (en) |
Pais | Gaston de Maupeou Monbail e Chantal d'Ursel |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Medvik >>>:Daniel-Ange, 1932-, |
Sitio web | daniel-ange.com |
Traxectoria
editarDaniel-Ange naceu en Bruxelas en 1932, fillo dun oficial da Mariña francesa e dunha piloto da aviación belga, ambos católicos. Estudou en Suíza e Inglaterra, até que descubriu a súa vocación en xullo de 1946. En 1950 entrou na abadía bieita de San Mauricio e San Mauro de Clervaux, en Luxemburgo. En 1952 comezou os estudos de Filosofía no seminario maior de Aix-en-Provence. En 1954 fixo o servizo militar como enfermeiro no hospital de Liexa. Participou na fundación da Fraternidade da Virxe dos Pobres en Pontenx-les-Forges. Posteriormente continuou os estudos de Teoloxía cos dominicanos de Tolosa en 1957.
Foi enviado polos seus superiores a Ruanda entre 1958 e 1971. Volveu a Europa en 1971, e continuou a estudar Teoloxía en Friburgo antes de retirarse durante cinco anos a unha ermida en Ardèche. Foi ordenado sacerdote en Lourdes o 23 de xullo de 1981 por Bernardin Gantin, legado papal. En 1984 fundou a escola de evanxelización Jeunesse-Lumière.
Ten realizado 220 viaxes de evanxelización en 42 países, e intervén a miúdo nos medios de comunicación. É doutor honoris causa pola Universidade Católica de Lublin dende 2009.
Obra
editar- Les feux du désert: Solitudes. Rémy Magermans. 1973.
- Les feux du désert: Silences. Rémy Magermans. 1973.
- Les feux du désert: Présences. Rémy Magermans. 1973.
- Le Chant royal: Ton nom de braise. Éditions Saint-Paul. 1978.
- Le Chant royal: Baume est ton nom. Éditions Saint-Paul. 1978.
- Les Blessures que guérit l'amour. Éd. Saint-François-de-Sales. 1979.