David Crosby
David Van Cortlandt Crosby nado nos Ánxeles, California, o 14 de agosto de 1941 e finado o 19 de xaneiro de 2023,[1][2] foi un coñecido guitarrista e cantautor. Foi membro fundador do grupo The Byrds e de Crosby, Stills, Nash & Young (CSNY). É membro do Rock and Roll Hall of Fame polo seu traballo con The Byrds e con Crosby, Stills, Nash & Young.
Traxectoria
editarOs seus pais foron Aliph Van Cortlandt Whitehead e Floyd Crosby, gañador dun Oscar ao mellor director de fotografía. Os dous divorciáronse en 1960, cando Crosby tiña 19 anos.
Carreira artística
editarThe Byrds
editarA principios de 1964 Crosby tocou nalgúns clubs con Roger McGuinn (entón coñecido como Jim) e Gene Clark baixo o nome de Jet Set. Axiña cambiaron o seu nome a The Byrds, e xuntáronse o baixista Chris Hillman e o batería Michael Clarke (a quen Crosby descubriu tocando bongos na praia). Dalgunha maneira conseguiron unha demo da canción de Bob Dylan "Mr. Tambourine Man" e gravaron a súa propia versión, con McGuinn usando unha guitarra de 12 cordas mentres Crosby e Clark acompañaban con harmonías vocais. A canción foi un grande éxito, chegando ao número 1 das listas.
McGuinn foi o encargado de dar un son característico co seu Rickenbacker 360/12 (idea que obtivo da guitarra que George Harrison utilizou no filme A Hard Day's Night), e Crosby foi o responsable das altas e fermosas harmonías vocais e, moitas veces, do fraseo nas súas cancións.
En 1966, Gene Clark, entón o vocalista e compositor principal, retirouse do grupo debido ao estrés. Isto levou a que McGuinn e Crosby fosen os cantantes principais. Crosby tivo a oportunidade de mellorar o seu oficio, converténdose pronto nun cantautor prolífico e talentoso. As súas contribucións inclúen a canción de 1966 "Eight Miles High", coescrita con Clark e McGuinn, e a súa outra cara, Why, coescrita con McGuinn, que mostra a Crosby no seu mellor momento. Tamén se coñece a súa versión da canción "Hey Joe" despois de ser retomada por Dino Valente. Presentáballe a canción a Bryan MacLean e Arthur Le da banda de pop Love, quen máis tarde lla ensinou aos membros de The Leaves. Sentíndose responsable de popularizar a canción, Crosby convenceu aos outros membros de The Byrds para que a interpretasen no disco de Fifth Dimension. Para o álbum de 1967 Younger Than Yesterday, Crosby comezou a atopar a súa propia marca e estilo.
En 2016 publicou Lighthouse. Un adianto do álbum foi a canción titulada "Things we do for love" que David Crosby dedica á súa muller.
Discografía
editar- 1971 "If I Could Only Remember My Name" (Atlantic)
- 1989 "Oh, Yes I Can!" (Atlantic)
- 1993 "Thousand Roads" (Atlantic)
- 1994 "It's All Coming To Me Now!" (Live)(Atlantic)
- 1996 "Live On The King Biscuit Flower Hour" (Live) (King Biscuit)
- 2006 "Voyage" (Box-Set) (Rhino)
- 2014 "Croz" (Blue Castle)
- 2016 "Lighthouse" (Ground UP)
- 2017 "Sky Trails"
- 2018 "Here If You Listen" (BMG Music)
Actor de voz
editarCrosby apareceu na serie animada The Simpsons, dando voz a dous episodios. O primeiro foi Marge in Chains, o penúltimo episodio da cuarta tempada, no que Crosby aparece como padriño de AA do avogado Lionel Hutz. O segundo foi Homer's Barbershop Quartet, que pertence á quinta tempada, no devandito capítulo Crosby aparece como anfitrión dunha entrega ficticia de premios Grammy .
Notas
editar- ↑ "Legendary singer-songwriter David Crosby dies at 81" (en inglés). Consultado o 2023-01-19.
- ↑ Morris, Chris (2023-01-19). "David Crosby, Byrds and Crosby, Stills & Nash Co-Founder, Dies at 81" (en inglés). Consultado o 2023-01-19.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: David Crosby |
A Galipedia ten un portal sobre: Música |
A Galipedia ten un portal sobre: Estados Unidos de América |