David Fernández Ortiz
David Fernández Ortiz, nado en Igualada, Barcelona, o 24 de xuño de 1970, é un humorista catalán, aínda que tamén exerce de cantante, actor e mesmo actor de dobraxe.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de xuño de 1970 (54 anos) Igualada, España |
Actividade | |
Ocupación | actor, cantante, humorista, humorista |
Instrumento | Guitarra |
Participou en | |
2008 | Festival de Eurovisión 2008 |
Traxectoria
editarComezos
editarEstudou xoiería industrial. En 1998 entrou a formar parte da compañía La Cubana; o seu primeiro espectáculo foi "Me lo dijo Pérez", e participou en varias obras de teatro, como Equipatge al 2000 e Una nit d’òpera.
Televisión e teatro
editarEn 2002, empezou a colaborar coa produtora El Terrat e foi protagonista da obra de teatro producida por El Terrat: Comando a Distancia.
A súa primeira aparición en televisión foi co programa Una Altra Cosa, na TV3, dirixido por Andreu Buenafuente, en 2004. Nesta época fíxose famoso dando vida a personaxes como el Gilipollas ou Narcís Reyerta.
Despois foi fichado polo programa Buenafuente (primeiro en Antena 3 e despois en laSexta), presentado polo mesmo Andreu Buenafuente. Foi alí onde se deu a coñecer como humorista en toda España encarnando a personaxes propios como el Gilipollas, Zuloaga, Nataly Pussy, Marcia ou Santi Clima e outras imitaciones a personaxes famosos como Michael Jackson.
Buenafuente
editarNa etapa de Buenafuente en LaSexta, David Fernández interpretou a varios personaxes relacionados con noticias reais de actualidade, de forma aleatoria. O 21 de xaneiro de 2008, encarnou o papel dun arxentino anónimo que inventara a guitarra con vibrador incorporado. Días despois, reapareceu no espazo, bautizado co nome de Rodolfo Chiquilicuatre, que, a modo de agradecemento, presentou a Buenafuente unha canción denominada Baila el Chiki Chiki, peza presuntamente composta por Santiago Segura (letra) e Pedro Guerra (música), tal e como o reflicten moitos medios de comunicación; porén todo foi unha parodia á que se prestaron para o programa. Buenafuente decidiu presentar a canción ó concurso que TVE e Myspace organizaran para a selección da canción representante de España no Festival de Eurovisión do mesmo ano.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: David Fernández Ortiz |
Predecesor: "I love you mi vida" D'Nash |
España no Festival de Eurovisión 2008 |
Sucesor: "La noche es para mí" Soraya Arnelas |