David Mella

futbolista galego

David Mella Boullón, nado en Espasande (Teo) o 23 de maio de 2005, é un futbolista galego que xoga como extremo, tanto esquerdo como dereito, no Deportivo da Coruña, da Segunda División.

Modelo:BiografíaDavid Mella

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinalDavid Mella Boullón
Biografía
Nacemento23 de maio de 2005 Editar o valor en Wikidata (19 anos)
Espasande, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoExtremo esquerdo
Familia
PaiGonzalo Mella Liñares Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Fillo da antiga xogadora de baloncesto Chus Boullón (Autopistas Compañía de María, Pío XII)[1] e do antigo futbolista do Deportivo da Coruña Gonzalo Mella,[2] seguiu os pasos do pai, e con 10 anos ingresou na canteira do club coruñés, despois de destacar no Bertamiráns.[3][4] Foi subindo polas diferentes categorías inferiores do Deportivo, militando habitualmente en equipos de categorías superiores ás da súa idade,[5] e xogou cedido unha campaña no equipo infantil do San Tirso, ao tempo que as súas actuacións lle valían ser convocado habitualmente polas inferiores da selección española.[3]

Na tempada 2020/21, aínda en idade cadete, militou no equipo xuvenil adestrado por Óscar Gilsanz, co que se proclamou campión da División de Honra e da Copa de Campións, sendo peza clave na eliminación do Real Madrid nas semifinais e do FC Barcelona na final. No verán de 2021, con 16 anos, xogou un partido amigable co primeiro equipo do Deportivo, ante o Viveiro en Cantarrana.[6] Na seguinte campaña disputou a Liga Xuvenil da UEFA e marcou un gol na vitoria por 5-1 diante do Maccabi Haifa en segunda rolda.[7] Foi un dos xogadores máis destacados na seguinte eliminatoria, o histórico partido ante o Dynamo de Kíiv que congregou a 20.115 espectadores en Riazor, pero no que, con todo, o seu equipo caeu eliminado na quenda de penaltis.[8]

Á parte da competición europea, xogou a maior parte da tempada 2021/22 co Fabril, co que debutou xa na primeira xornada ante o Racing Vilalbés. Xogou un total de 24 encontros co filial, no que volveu ter como técnico a Gilsanz, e disputou sen éxito a fase de ascenso a Segunda División RFEF. Na tempada 2022/23 pasou varios meses lesionado, pero pechou a tempada dándolle ao Fabril o título de campión de Terceira, despois de marcar o gol da vitoria na derradeira xornada diante do Barco en Calabagueiros.[9][10]

Un mes despois do ascenso abríronselle as portas do primeiro equipo, co que debutou en partido oficial o 20 de maio de 2023, tres días antes de cumprir os 18 anos.[11] Foi na 37ª xornada da Primeira División RFEF, diante do Algeciras en Riazor, no regreso ao banco coruñés de Rubén de la Barrera trala destitución de Óscar Cano. Entrou ao campo na segunda parte, como substituto de Yeremay, nun partido que o Deportivo venceu por 4-0.[12] Na seguinte xornada, a derradeira da liga regular fronte ao Pontevedra en Pasarón, foi titular no ataque coruñés xunto a Yeremay e Lucas Pérez.

Na tempada 2023/24 continuou con ficha do Fabril, pero pasou a formar parte do primeiro equipo. Na segunda xornada de liga marcou o segundo dos tres goles do seu equipo ante o Lugo no Anxo Carro, converténdose no segundo goleador máis novo da historia do Deportivo en categorías nacionais (con 18 anos, 3 meses e 10 días), só por detrás de Marcos Vales.[13] Aínda que perdeu varias xornadas por unha fractura no nariz e varios problemas físicos, as súas destacadas actuacións convertérono en peza fundamental do ataque do equipo coruñés e no novo ídolo da afección do Deportivo.[14][15] No mercado invernal pasou a ter ficha do primeiro equipo, co dorsal número 3. Pechou a súa primeira campaña completa no primeiro equipo cun total de 33 partidos e 9 goles, contribuíndo ao título de campións e ao ascenso á Segunda División.[16]

O seu rendemento chamou a atención de varios clubs e no verán de 2024 o propio xogador rexeitou unha oferta do Brighton, que estaba disposto a pagar a súa cláusula de rescisión para levalo á Premier League.[17]

Selección nacional

editar

Habitual durante anos nas categorías inferiores da selección galega,[18] en 2020 debutou coas inferiores da selección española, nun partido do equipo sub-15 diante de Irlanda.[19] Entre 2021 e 2022 xogou 15 partidos coa selección española sub-17 e participou no Campionato Europeo da categoría, marcando un gol ante Serbia.[20] En 2022 debutou coa selección española sub-18 contra Turquía en Karacabey.[21]

En xaneiro de 2024 debutou coa selección española sub-19, nun encontro amigable ante Italia en Manzano, na rexión de Friúl-Venecia Xulia.[22] Tras un segundo amigable ante Noruega, disputou a fase de clasificación para o Campionato Europeo sub-19, asinando boas actuacións.[23] Foi convocado por José Lana para a fase final do torneo, que se disputou en Irlanda do Norte, participando en todos os encontros da selección española e sendo titular en todos agás un. Repartiu dúas asistencias, unha delas na final que xogou contra Francia en Windsor Park, dando o pase que Iker Bravo converteu no primeiro gol.[5] O equipo español gañou por 2-0 e proclamouse campión europeo sub-19 por 12ª vez.[24]

Palmarés

editar
Deportivo da Coruña
Selección española sub-19
  1. Miranda, Carlos (2023-05-26). "David Mella, el cohete de una familia de pilotos". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 2023-12-30. 
  2. "Gonzalo e David Mella: pasado, presente e futuro no Deportivo". Televisión de Galicia. 25 de maio de 2023. Consultado o 26 de maio de 2023. 
  3. 3,0 3,1 "David Mella, citado por la selección española sub-17" (en castelán). 10 de agosto de 2021. Consultado o 26 de maio de 2023. 
  4. "Chío do Bertamiráns FC". Twitter. 29 de novembro de 2016. Consultado o 26 de maio de 2023. 
  5. 5,0 5,1 Pereira, Eder (7 de outubro de 2024). "David Mella renovará con el Deportivo hasta 2029". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 8 de outubro de 2024. 
  6. "El Deportivo se impone al Viveiro en Cantarrana" (en castelán). 31 de xullo de 2021. Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2023. Consultado o 26 de maio de 2023. 
  7. Lema, Jorge (3 de novembro de 2021). "La Youth League es la fiesta del Deportivo". As (en castelán). Consultado o 26 de maio de 2023. 
  8. "Os penaltis cortan inxustamente o soño de #ANOSACANTEIRA na UEFA Youth League (2-2)". 9 de febreiro de 2022. Consultado o 26 de maio de 2023. 
  9. Antelo, Iván (23 de abril de 2023). "El Fabril asciende a Segunda Federación con un gol de David Mella (0-1)". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 26 de maio de 2023. 
  10. "Campeonato y ascenso del Fabril en O Barco (0-1)" (en castelán). 23 de abril de 2023. Consultado o 26 de maio de 2023. 
  11. Lema, Jorge (22 de maio de 2023). "Mella, entre los debutantes más precoces de la historia del Depor". As (en castelán). Consultado o 26 de maio de 2023. 
  12. Núñez, Alfonso (20 de maio de 2023). "Deportivo 4 - Algeciras 0: De la Barrera devuelve la alegría al Dépor" (en castelán). Consultado o 26 de maio de 2023. 
  13. Pereira, Eder (3 de setembro de 2023). "David Mella, segundo goleador más joven en la historia del Deportivo". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 30 de decembro de 2023. 
  14. "Mella sube al primer equipo y Retu rescinde su contrato". El Español (en castelán). 1 de febreiro de 2024. Consultado o 2 de febreiro de 2024. 
  15. "David Mella enche de confianza un deportivismo necesitado de referentes". Televisión de Galicia. 22 de xaneiro de 2024. Consultado o 2 de febreiro de 2024. 
  16. "Mella, consagrado por la afición en su primera temporada completa con el Depor". DxT Campeón. 22 de agosto de 2024. Consultado o 22 de agosto de 2024. 
  17. Regueiro, Zeltia (29 de setembro de 2024). "Mella, una cuestión de corazón". Consultado o 3 de outubro de 2024. 
  18. "O galego David Mella recibe a chamada da Selección Española Sub 17" (en castelán). 11 de xaneiro de 2022. Consultado o 26 de maio de 2023. 
  19. "Mella arrancou no once inicial de España sub-15 en San Pedro del Pinatar". 30 de xaneiro de 2020. Consultado o 26 de maio de 2023. 
  20. "España - Serbia". UEFA (en inglés). Consultado o 26 de maio de 2023. 
  21. "Mella, titular hoxe ante Romanía, adxudícase con España sub-18 o Torneo IV Nacións de Turquía". 26 de setembro de 2022. Consultado o 26 de maio de 2023. 
  22. "España sub 19 gana a Italia con Kevin y Mella". La Opinión A Coruña (en castelán). 18 de xaneiro de 2024. Consultado o 22 de febreiro de 2024. 
  23. "David Mella firma otra gran actuación con España Sub-19 para conseguir la clasificación al Europeo de Irlanda del Norte" (en castelán). 26 de marzo de 2024. Consultado o 20 de agosto de 2024. 
  24. Lema, Jorge (28 de xullo de 2024). "Asistencia, título... y semana de descanso para David Mella". As (en castelán). Consultado o 20 de agosto de 2024. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
iOS 3
mac 1
os 43
todo 4
twitter 1