Delft

cidade dos Países Baixos

Delft é unha cidade e un concello da Holanda Meridional, nos Países Baixos, a metade de camiño entre Rótterdam e A Haia. Conta con 94.098 habitantes (2005). É particularmente salientable a zona vella no centro da cidade, tradicionalmente neerlandesa e estruturada con canles. É tamén coñecida pola súa cerámica, pola Universidade de Tecnoloxía de Delft e pola súa asociación coa familia real.

Modelo:Xeografía políticaDelft
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 52°00′42″N 4°21′33″L / 52.0117, 4.3592
EstadoReino dos Países Baixos
PaísPaíses Baixos
ProvinciasHolanda Meridional Editar o valor en Wikidata
Capital de
Delf Department (en) Traducir (1798–1801)
electoral district of Delft (en) Traducir (1917–valor descoñecido) Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación109.435 (2023) Editar o valor en Wikidata (4.159,45 hab./km²)
Número de fogares56.998 (2015) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie26,31 km² Editar o valor en Wikidata
Auga4,98 % Editar o valor en Wikidata
Bañado porSchie (en) Traducir, Binnenwatersloot (en) Traducir, Molslaan, Delft (en) Traducir, Delftse Schie (en) Traducir, Canle Oude Delft, Rhine–Schie Canal (en) Traducir e Delftsche Vliet (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude0 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1246 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Mayor of Delft (en) Traducir Editar o valor en WikidataMarja van Bijsterveldt (2016–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal2600–2629 Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico15 Editar o valor en Wikidata
Código BAG2138 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webdelft.nl Editar o valor en Wikidata
Facebook: gemeentedelft Twitter: gemeentedelft Instagram: gemeente.delft LinkedIn: gemeente-delft Youtube: UCRYsOj4h-Wkw6aUk-LUJTUQ Editar o valor en Wikidata

Historia

editar
 
A explosión da polvoreira de Delft. Cadro de Egbert van der Poel (1621-1664).

Coñécese a existencia da cidade desde o século XIII. Recibiu o seu foro o 15 de abril de 1246 de mans do conde Guillerme II. En 1536 gran parte da cidade foi destruída por un incendio.

O vínculo da Casa de Orange con Delft comezou cando Guillerme I de Orange (o Taciturno) fixo do lugar a súa residencia, en 1572. Guillerme dirixiu a loita contra España durante a Guerra dos Oitenta Anos.

Artigo principal: Batalla de Delft (1573).

Delft era naquel momento a terceira cidade máis importante dos Países Baixos, tras Dordrecht e Haarlem, e dispuña de murallas. Á morte de Guillerme en 1584, asasinado por Balthasar Gérard no coñecido como Pazo do Príncipe, o panteón da familia en Breda estaba nas mans dos españois. Foi enterrado na igrexa nova (Nieuwe Kerk), o que iniciou unha tradición para a casa de Orange que continúa ata o noso tempo.

Durante o século XVII, e grazas á industria da cerámica e á apertura dunha sede da Compañía das Indias Orientais, Delft viviu a súa idade de ouro. No entanto, en 1654 unha parte da cidade foi destruída novamente pola explosión dunha polvoreira.

Tras a declaración de guerra e invasión dos Países Baixos por parte de Inglaterra, Francia, Colonia e Münster en 1672, comezou o decaemento da economía da cidade, que pasou a ser superada en importancia política e económica polas súas veciñas A Haia, como centro de goberno, e Rótterdam, como cidade portuaria. No século XIX só quedaba unha fábrica de porcelana aberta, De Porceleyne Fles, que continúa a existir nos día de hoxe.[1]

Canles, pontes e prazas

editar
 
A ponte Oudemanhuisbrug sobre a canle Voldersgracht

O deseño urbano de Delft está moi caracterizado polas numerosas canles que discorren pola cidade, así como as pontes que as cruzan para facilitar a comunicación entre as súas beiras. Estas canles foron fundamentais para as subministracións da cidade e aínda hoxe manteñen este uso orixinal.

A canle máis vella é a Oude Delft, ou Canle Vella, en torno á cal se foi ampliando a cidade ao longo dos séculos. O propio nome de Delft está relacionado con iso, xa que deriva da palabra delven, co significado de "escavar".[2]

Tamén as prazas son moi características da fisionomía da cidade de Delft, ao conxugaren o seu valor histórico (como o da Gran Praza ou Markt, orixe mesma da vila), coas diversas funcións que na actualidade se desenvolven nela, como mercados, lecer e hostalaría etc.

Estas son algunhas das canles, pontes e prazas máis significativas:

Canles

editar

Pontes

editar
  • Agnietenbrug
  • Bijbelbrug
  • Bloedbrug
  • Boterbrug
  • Catharijnebrug
  • Drapeniersbrug
  • Drogerijbrug
  • Gasthuisbrug
  • Hof van Delftbrug
  • Hoogbrug
  • Hopbrug
  • Kleine Oostpoortbrug
  • Mauriciusbrug
  • Oudemanhuisbrug
  • Poelbrug
  • Rapenbloembrug
  • Schout van der Meerbrug
  • Schreibrug
  • Sint Jacobsbrug
  • Sint Stevensbrug
  • Teemsbrug
  • Touwbrug
  • Visbrug
  • Vrouwe van Rijnsburgerbrug
  • Warmoesbrug
  • Waterslootsebrug

Prazas

editar
 
Parque na honra da raíña Guillermina (Guilhelminapark)

Parques e zonas verdes

editar

Cultura

editar

Artesanía

editar
 
Prato do século XVIII, representativo da porcelana de Delft

Delft é famosa pola súa produción de maiólica inspirada nas porcelanas importadas da China a partir do século XVII.[3]

Artigo principal: Louza de Delft.

O cineasta Werner Herzog filmou nesta localidade os exteriores da longametraxe Nosferatu: Phantom der Nacht (1979).[4]

Edificios históricos

editar

O centro da cidade posúe numerosos edificios antigos e moitas rúas están atravesadas por canles, habitados por peixes e plantas.[5]

  • Oude Kerk ("Igrexa Vella"), data de 1246, e é a igrexa máis antiga de Delft. Entre 1325 e 1350 engadíuselle a torre de planta cadrada. Cómpre salientar que a torre está sensiblemente inclinada debido á pouca firmeza do terreo sobre o que se asenta; con 75 metros de altura, actualmente presenta unha desviación de 1,96 metros da vertical.[6]
Artigo principal: Igrexa vella de Delft.
  • Nieuwe Kerk ("Igrexa Nova"), construída entre 1381 e 1496 e situada na Markt ou Gran Praza de Delft. No seu interior atópase o panteón da familia real holandesa. A súa torre, con 108,75 metros, é a segunda máis alta dos Países Baixos.[7]
Artigo principal: Igrexa nova de Delft.
  • Sint-Hippolytuskapel ("Capela de Santo Hipólito"), construída cara ao ano 1400, é un dos eificios máis antigos da cidade e goza da consideración de monumento nacional desde 1967. Sitúase na confluencia entre a canle principal da zona vella e a rúa Nieuwstraat. A súa advocación é a Santo Hipólito, patrón da cidade, e é unha igrexa do rito católico.
  •  
    Torre do Prinsenhof ou Pazo do Príncipe.
    O Prinsenhof ("Pazo do Príncipe"), hoxe en día un museo. Inicialmente foi un mosteiro, fundado en 1403 e dedicado a Santa Ádega. O edificio sufriu repetidas ampliacións consonte o crecemento da orde. Guillerme de Orange residiu habitualmente no devandito mosteiro entre 1572 e 1584, ano en que foi asasinado (de aí o nome actual do edificio).[8]
Artigo principal: Prinsenhof de Delft.
  • O edificio do Concello (Stadhuis van Delft), de estilo renacentista, situado na Gran Praza de Delft (Markt), fronte á Igrexa Nova, hoxe de uso unicamente protocolario.[9]
Artigo principal: Casa do Concello de Delft.
Artigo principal: Estación de tren de Delft.
  • O muíño De Roos, o derradeiro en pé dos quince que chegou a haber sobre a muralla da cidade. Hoxe mantén a moenda e alberga, ademais, un museo dos muíños de vento de Delft e unha tenda de produtos elaborados á base de fariña de millo.
Artigo principal: Muíño De Roos (Delft).
Artigo principal: Legermuseum (Delft).
  • O Centro Vermeer (Vermeer Centrum), unha institución museística centrada na figura do pintor holandés nacido en Delft e moi vinculado á cidade. Sitúase no centro da cidade vella, ao pé da canle Voldersgracht, nun edificio reconstruído onde se localizaba o gremio de artistas e artesáns de San Lucas.
Artigo principal: Centro Vermeer de Delft.

Outros edificios e construcións salientables

editar

Á parte dos edificios con maior relevancia histórica, a través da cidade de Delft espállase unha gran cantidade de edificios peculiares, a maioría deles incluídos na listaxe de monumentos nacionais dos Países Baixos (Rijksmonument). Algúns deles son os seguintes:

Ensino

editar
 
Campus da TU Delft, co edificio da biblioteca ao fondo

Destaca a Universidade de Tecnoloxía de Delft (TU Delft), instituída en 1842 e de carácter público, recoñecida como unha das universidades tecnolóxicas máis importantes do mundo.[10][11]

  1. "History of Delft Arquivado 31 de agosto de 2014 en Wayback Machine.". No sitio web oficial de Delft. (En inglés)
  2. "Los canales de Delft". En Holland.com. (En castelán)
  3. "La cerámica azul de Delft". En Holland.com. (En castelán)
  4. "Filming locations". Na ficha da película en IMDb.com. (En inglés)
  5. Dunford, M. The Rough Guide to The Netherlands. Penguin, 2010. ISBN 978-1-84836-882-8 (En inglés)
  6. "Old Church[Ligazón morta]". Na web de turismo da cidade de Delft. (En inglés)
  7. "New Church[Ligazón morta]". Na web de turismo da cidade de Delft. (En inglés)
  8. "Prinsenhof". Na web de turismo da cidade de Delf. (En inglés)
  9. "Town Hall[Ligazón morta]". Na web de turismo da cidade de Delft. (En inglés)
  10. Times Higher Education-QS World. Engineering and information technology. University Rankings 2009. (En inglés)
  11. Times Higher Education-QS World. University Rankings 2009. Top 200 world universities. (En inglés)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Bibliografía

editar
  • Bailey, Anthony. Vermeer: a View of Delft. Ed. Henry Holt & Company. Nova York, 2001. ISBN 0-8050-6718-3

Ligazóns externas

editar
  NODES
iOS 8
mac 2
multimedia 1
os 83
todo 1
web 8