Delmiro Barreiro Cubeiro
Delmiro Barreiro Cubeiro, nado en Vigo cara a 1911, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1911 Vigo, España |
Morte | valor descoñecido valor descoñecido |
Actividade | |
Ocupación | maquis, chofer |
Traxectoria
editarChofer e membro do Sindicato de choferes. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estaba facendo o servizo militar. Desertou. O xuíz militar de Vigo reclamouno mediante requisitoria o 27 de novembro.[1] Foi xulgado en Vigo por deserción e declarado en rebeldía. Fuxido con Manuel Rodríguez Fernández e Guillermo Santos Caride, en 1939 presentáronse ao gobernador civil de Pontevedra Manuel Gómez Cantos,[2] pero fuxiron novamente ao saber que ían ser detidos. Membro do grupo de José García Morales e o seu irmán. Decidiu vender aos seus antigos compañeiros, caendo pola súa delación Julio Guillén Biel e Jesús Lago González en setembro de 1940.