Unha demencia[1] é un conxunto de patoloxías do sistema nervioso central que producen un déficit, en termos xerais progresivo e irreversible, que condiciona perda de funcións cerebrais superiores (memoria, linguaxe, razoamento etc.) e outras habilidades previamente adquiridas, pero mantendo un nivel de consciencia normal.

Demencia
Litografía dun home diagnosticado con demencia en 1800
Especialidadepsiquiatría, neuroloxía, neurociencia
Causasrazóns biolóxicas (envellecemento) ou patolóxicas (dexeneración, enfermidade lesional, trastornos vasculares)
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Epidemioloxía

editar

As demencias son pouco comúns en individuos menores de 50 anos, e nas demencias precoces adoita haber unha ou múltiples alteracións xenéticas predispoñentes ou causantes. A frecuencia aumenta exponencialmente coa idade, chegando ata o 22% en maiores de 85 anos.

Demencias máis comúns

editar

A demencia máis frecuente é a enfermidade de Alzheimer, que produce un curso progresivo en anos, con alteracións na memoria, aprendizaxe, linguaxe, recoñecemento e nas etapas finais, alteracións motoras semellantes á enfermidade de Parkinson e mesmo convulsións tónico-clónicas.

Outras demencias frecuentes son:

Diagnóstico

editar

O diagnóstico da maioría das demencias é clínico, xa que non existen marcadores biolóxicos aptos hoxe en día. As probas neuropsicolóxicas poden ser de axuda. É preciso, non obstante, descartar causas de demencias tratables mediante unha análise de sangue, medición dos niveis de ácido fólico e seroloxía luética. Os probas de neuroimaxe axudan a descartar outras enfermidades do sistema nervioso central, coma a hidrocefalia do adulto.

  1. "demencia, páx. 201" (PDF). edu.xunta.gal; DXPL; Dicionario galego de termos médicos. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de novembro de 2021. Consultado o 14 de xullo de 2022. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Harrison, Principios de Medicina Interna. 17ª edición (en castelán)

  NODES
INTERN 1
todo 1