Descontinuidade de Lehmann

A descontinuidade de Lehmann, tamén chamada descontinuidade de Wiechert-Lehmann-Jeffrys, é o límite entre o núcleo externo, fluído, e o núcleo interno, sólido, da Terra.

Esquema do interior da Terra.
C: Descontinuidade de Lehmann.
5: Núcleo externo.
6: Núcleo interno.

Foi descuberta en 1936 pola sismóloga danesa Inge Lehmann.[1]

Está situada a unha profundidade media de 5 155 km, dato que non se estableceu con precisión até o principio da década de 1960.[2]

Outra descontinuidade máis superficial á que tamén se lle deu o nome de descontinuidade de Lehmann por ser igualmente descuberta por ela está situada a uns 220 km de profundidade. A esa profundidade prodúcese un abrupto incremento das velocidades das ondas P e S, a unha profundidade de aproximidamente 220±30 km. Obsérvase debaixo dos continentes, pero xeralmente non por debaixo dos océanos.[3] Para explicar esta descontinuidade propuxéronse varias teorías.[4]

  1. William Lowrie (1997): Fundamentals of Geophysics. Cambridge University Press. páx. 158. ISBN 0-521-46728-4. [1]
  2. Tarbuck, E. J. & Lutgens, F. K. 2005. Ciencias de la Tierra, 8ª edición. Pearson Educación S. A., Madrid. ISBN 84-205-4400-0
  3. Stixrude, Lars (2005). "Mineralogy and elasticity of the oceanic upper mantle: Origin of the low-velocity zone". Journal of Geophysical Research (en inglés) 110 (B3): B03204. ISSN 0148-0227. doi:10.1029/2004JB002965. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2020. Consultado o 06 de febreiro de 2020. 
  4. Shunʼichirō Karato (2008): Deformation of earth materials: an introduction to the rheology of solid earth. Cambridge University Press. ISBN 0-521-84404-5

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
INTERN 3
todo 1