Desmielinización

En bioloxía, a desmielinización é a perda da vaíña de mielina que illa os nervios. As neuronas, células do sistema nervioso, están arrodeadas por unha substancia chamada mielina, que favorece a condución eléctrica. No sistema nervioso central, a mielina fórmase a expensas da membrana plasmática dos oligodendrocitos, mentres que no sistema nervioso periférico depende das células de Schwann. Cando a mielina é destruída, a condución dos sinais eléctricos ao longo dos nervios vese seriamente afectada, e en consecuencia os nervios perden a súa funcionalidade co paso do tempo. A desmielinización comporta ademais unha perda da velocidade de condución do impulso e da resposta, perda de propiedades de condución, consumo enerxético pouco eficiente e desorganización do sistema nervioso.

Estrutura dunha neurona típica

Doenzas que cursan con desmielinización

editar

Artigo principal: Doenza desmielinizante

A desmielinización e é o sinal de certas doenzas neurodexenerativas autoimmunes, como a esclerose múltiple, a encefalomielite diseminada aguda, a mielite transversa, a polirradiculoneuropatía desmielinizante inflamatoria crónica, a síndrome de Guillain-Barré, a mielinose da ponte de Varolio central, e enfermidades desmielinizadoras herdadas como a leucodistrofia, e a enfermidade de Charcot-Marie-Tooth. Os pacientes de anemia perniciosa poden tamén sufrir danos neurais se a súa doenza non se diagnostica axiña. A dexeneración combinada subaguda da medula espiñal, que é un efecto secundario da anemia perniciosa, pode orixinar desde lixeiros danos nos nervios periféricos a danos graves no sistema nervioso central, que afectan á fala, equilibrio e consciencia cognitiva. Cando se degrada a mielina, a condución dos sinais ao longo do nervio pode deteriorarse ou perderse e o nervio pode chegar a dexenerar.

Outros artigos

editar
  NODES
iOS 11
os 34
todo 1