Devesa da Rogueira

arboredo en Folgoso do Courel

A devesa da Rogueira é un arboredo galego de interese ambiental que se localiza no concello de Folgoso do Courel, na serra do Courel. Está recoñecido como sitio natural de interese turístico[1] e atópase dentro do ZEC Ancares-Courel[2].

Devesa da Rogueira.

Características

editar

Ten unha extensión aproximada de 30 km², con notable riqueza de fauna e flora, con algunhas especies endémicas no norte peninsular coma o tritón ibérico ou a ra patilonga. Así mesmo, as fragas son refuxio de corzos, garduñas, gatos monteses ou leiróns.

Na parte baixa conta cunha vexetación mediterránea. De igual maneira, é posible atopar freixos, faias, teixos, acivros, capudres e bidueiros. Tamén forman parte da devesa a Cova do Vello -con augas subterráneas- e as grutas do Oso, consideradas un habitáculo rupestre. En canto á minaría, foi unha fonte importante de chumbo, cobre, ferro e antimonio, se ben no século XXI só mantén a explotación da lousa.

Ten algúns cursos fluviais e pequenas lagoas glaciares como a de Lucenza.

No ano 2020, obtivo a certificación outorgada pola entidade FSC (Forest Stewardsip Council en inglés), pola súa xestión e conservación da biodiversidade.[3]

  1. turismo.gal (eds.). "Devesa da Rogueira". 
  2. "Ancares-Courel. Rede galega de espazos protexidos. Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia.". Consultado o 10/07/2020. 
  3. "Folgoso do Caurel, primeiro monte con certificación FSC". Nós Diario: 9. Cuarta Feira, 11 de marzo de 2020. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
todo 1