A diérese é un signo ortográfico diacrítico consistente en dous puntos que se colocan enriba de certas letras, habitualmente vogais.

¨
Diérese
Signos ortográficos
punto ( . )

coma ( , )
punto e coma ( ; )
dous puntos ( : )
puntos suspensivos ( )
signo de interrogación ( ? )
signo de exclamación ( ! )
comiñas ( « » ) ( ‘ ’ ) ( “ ” )
parénteses ( ( ) )
corchetes ( [ ] )
raia ( )
guión ( )
barra diagonal ( / )
apóstrofo ( ' ) ( )
acento ( ◌́ )
  acento agudo ( ◌́ )
  acento circunflexo ( ◌̂ )
  acento grave ( ◌` )
diérese ( ◌̈ )
til ( ~ )
espazo (   )

Outros signos auxiliares
antilambda ( < > )

antígrafo ( )
arroba ( @ )
asterisco ( * )
asterismo ( )
barra inversa ( \ )
barra vertical ( | ) ( ¦ )
cancelo ( # )
chaves ( { } )
cruz ( ) ( )
e comercial ( & )
fin de artigo ( )
frecha ( )
grao ( ° )
guión baixo ( _ )
ídem ( )
indicador ordinal ( º ) ( ª )
man ( )
moeda ( ¤ )
parágrafo ( § )
porcentaxe ( % )
prima ( ) ( ) ( )
punto de lista ( )
punto medio ( · )
símbolos lóxicos
( ) ( ¬) ( ) ( ) ( )
símbolos matemáticos
( + ) ( ) ( × ) ( ÷ ) ( = ) ( ± )
símbolos monetarios
( ¤ ) ( $ ) ( ¢ ) ( £ ) ( ) ( ¥ ) ( )
símbolos de propiedade intelectual
( © ) ( ) ( ® ) ( ) ( ) ( Ⓜ )

Na lingua galega

editar
  • Emprégase sobre a vogal u nas sílabas güe, güi para indicar que ten que pronunciarse.
  • Emprégase sobre a vogal i nas primeira e segunda persoa do plural dos copretéritos de indicativo dos verbos rematados en –aer, -oer e –oír para indicar que o i é unha sílaba distinta e así distinguir estas formas verbais das do presente de subxuntivo: saïamos/saiamos.
  • Aínda que neste caso non hai confusión, tamén se pon diérese nas mesmas persoas dos verbos rematados en –uír.
  • Algúns autores do século XIX empregaron o x con diérese () para indicar o fonema fricativo sonoro. Esta ortografía empregouna Rosalía de Castro na primeira edición de Follas Novas.[1]

Noutras linguas

editar

A diérese existe en numerosas linguas e indica situacións diferentes, como metafonía, o feito desas vogais teren que ser pronunciadas ou sinalar un hiato.

Unhas poucas linguas empregan a diérese sobre consoantes:

  • En malgaxe escríbese sobre o n ( ) para representar o ŋ.[2]
  • O mam[3] e o alfabeto latino kurmanjî do kurdo[4] emprégano sobre o x ( ), no primeiro caso representa o fonema [ʃ] e no segundo o fonema [ɣ].

Outros usos

editar

É habitual o seu uso por efecto estilístico no nome de grupos musicais, como Motörhead ou Mötley Crüe, chamado en inglés heavy metal umlaut[5].

  1. Babarro González, Xoán (2013). Facultad de Filología (UNED), ed. "Centenario da literatura galegoasturiana (1913-2013)". Revista de Lenguas y Literaturas Catalana, Gallega y Vasca 18: 174. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 29 de abril de 2015. 
  2. Omniglot (ed.). "Malagasy". Consultado o 25 de xaneiro de 2014. 
  3. Omniglot (ed.). "Mam". Consultado o 22 de xaneiro de 2014. 
  4. Omniglot (ed.). "Kurdish". Consultado o 22 de xaneiro de 2014. 
  5. http://tvtropes.org/pmwiki/pmwiki.php/Main/HeavyMetalUmlaut

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Bibliografía

editar
  NODES
todo 1