Dicionario biográfico de Galicia
O Dicionario biográfico de Galicia, en tres volumes, foi publicado a partir de novembro de 2010 por Ir Indo Edicións.[2]
Dicionario biográfico de Galicia | |
---|---|
Título orixinal | Dicionario biográfico de Galicia |
Autor/a | Editor: Bieito Ledo Cabido |
Orixe | Galicia. |
Lingua | galego |
Xénero(s) | Consulta. |
Editorial | Ir Indo Edicións, 36210 Vigo |
Data de pub. | novembro de 2010 |
Formato | 210 x 300 mm, cartoné |
Páxinas | 1.046 (I: 368 + II: 334 + III: 344) |
ISBN | I: ISBN 978-84-7680-665-4[1] II: ISBN 978-84-7680-685-2 III: ISBN 978-84-7680-686-9 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Descrición
editar- Véxase tamén: Wikipedia:Entradas do Dicionario biográfico de Galicia.
Con máis de 4.100 biografías de galegos de tódolos tempos, o dicionario defínese coma unha ferramenta de consulta para facer máis doado o traballo a escolares e profesionais no emprego do galego.
IR INDO Tomo 1 Abad Docampo Dicionario biográfico de Galicia |
IR INDO Tomo 2 Docobo Moreiras Dicionario biográfico de Galicia |
IR INDO Tomo 3 Moreiras Zumalave Dicionario biográfico de Galicia |
O texto presentase a dúas columnas e leva pequenas fotografías, sempre en branco e negro. Agrúpase en tres tomos, cada un deles cun índice alfabético ao final, incluíndo preto de cincocentas entradas de mulleres:
- Tomo I, publicado en 2010, 1.168 entradas: de Abad Abad, Manuel a Docampo Reguengo, Miguel
- Tomo II, publicado en 2011, 1.444 entradas: de Docobo Durántez, José Ángel a Moreiras Collazo, Eduardo
- Tomo III, publicado en 2011, 1.503+24 entradas: de Moreiras Montero, Juan Miguel a Zumalave Caneda, Maximino
Nas páxinas 322-333 do Tomo III inclúese un anexo do Tomo I, con 24 entradas, que comeza con Abad Vidal, Xosé e remata con Díaz García, Juán Ramón.
Crítica
editarNa obra non aparecen os reis de Galicia, nin outros persoeiros relevantes como Aurelio Aguirre, Álvaro Cunqueiro, Luís Amado Carballo, Gonzalo López Abente, Marcial Valladares ou Fermín Penzol e si persoeiros que non teñen relación con Galicia como o tirano Polícrates de Samos, o poeta Simónides (de Samos) ou o pintor francés Léon Bonnat, nado na Baiona francesa.
As entradas aparecen ordenadas segundo o nome completo e non polo máis coñecido. Por exemplo, non se atopa sa entradas "Castelao", "Reixa, Antón", "Risco, Vicente" ou "Ana Kiro" senón "Rodríguez Castelao, Afonso Daniel Manuel", "Rodríguez Reixa, Antón", "Martínez-Risco Agüero, Vicente" e "María Dolores Casanova González". En ocasións non se respecta a orde alfabética (p. ex. en Martínez Salazar, Andrés, p. 279). Así mesmo, os nomes de pía aparecen galeguizados.
Notas
editar- ↑ Base de datos de libros editados en España
- ↑ A obra recibiu axuda da Consellería de Cultura e Turismo, Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura, nos anos 2009 e 2010.