Diego Mariño

futbolista español

Diego Mariño Villar, nado en Vigo o 9 de maio de 1990, é un futbolista galego, que xoga de porteiro no Granada, da Segunda División.

Modelo:BiografíaDiego Mariño

(2014) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de maio de 1990 Editar o valor en Wikidata (34 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Altura185 cm Editar o valor en Wikidata
Peso75 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2009 Editar o valor en Wikidata -
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoGardameta Editar o valor en Wikidata
Número deportivo13 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2008–2010   Villarreal Club de Fútbol 48(0)
2008–2010   Villarreal CF C 48(0)
2010–2012   Villarreal CF B 72(0)
2012–2013   Villarreal Club de Fútbol 9(0)
2013–2015   Real Valladolid 28(0)
2014–2015 cesión   Levante UD 32(0)
2015–2016   Levante UD 25(0)
2016–2023   Sporting de Gijón 222(0)
2023–2024   UD Almería 3(0)
2024–   Granada CF 0(0)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2008–2009   España sub-19 6(0)
2009–2009   España sub-20 1(0)
2011–2013   España sub-21 6(0)
2012–2012   España sub-23 3(0)
2016–   Galicia 1(0)
Participou en
2012Xogos Olímpicos de 2012 Editar o valor en Wikidata

Twitter: Dmarino90 FIFA: 274373 UEFA: 250005186 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Comezos (1990-2004)

editar

Comezou a xogar ao fútbol en varios equipos vigueses como o Santa Mariña, o Rápido de Bouzas, o Sárdoma e o Areosa. Comezou a destacar na portería deste último, e en 2004 interesáronse por el os observadores do Villarreal, club que o fichou para a súa canteira.[1]

Paso polo Villarreal (2004-2013)

editar

Pasou polas categorías inferiores do club amarelo e polo Villarreal C, e na tempada 2010/11 subiu ao Villarreal B, que militaba na Segunda División.[2] Debutou na primeira xornada, contra o Real Valladolid no José Zorrilla, e foi titular durante 38 dos 42 partidos de liga no equipo de Javi Gracia. Repetiu como gardameta titular na seguinte campaña, que comezou con Molina no banco, pero o filial acabou perdendo a categoría a pesar de acabar 12º, arrastrado polo descenso do primeiro equipo.[3]

Na tempada 2012/13 subiu ao primeiro equipo do Villarreal, pero disputou só dez encontros, sendo o gardameta titular Juan Carlos. O equipo logrou ese mesmo ano o ascenso, ao quedar segundo por detrás do Elche.

Real Valladolid (2013-2014)

editar

Na campaña seguinte (2013/14) fichou polo Valladolid, da Primeira División, asinando un contrato por cinco anos.[4] Debutou na máxima categoría na primeira xornada, nun partido na casa contra o Athletic, que acabou en derrota por 1-2, sendo Susaeta o primeiro en marcarlle un gol. Baixo as ordes do adestrador Juan Ignacio disputou 28 partidos durante a campaña, na que o equipo acabou descendendo.

Levante (2014-2016)

editar

Para a seguinte tempada saíu cedido ao Levante, facendo efectiva unha cláusula do seu contrato que lle permitía unha cesión a un equipo de Primeira en caso de que o Valladolid descendese.[5] Disputou 32 encontros no Levante, e ao remate da competición o club quedou co xogador en propiedade, despois de pagar o seu traspaso.[6] Comezou a tempada 2015/16 como suplente do tamén galego Rubén Martínez,[7] pero acabou facéndose coa titularidade trala 15ª xornada. Con todo, o equipo valenciano acabou descendendo, e Mariño foi traspasado ao Sporting de Gijón.[8]

Sporting de Gijón (2016-2023)

editar

Na súa primeira tempada no Sporting, co equipo en Primeira, apenas dispuxo de minutos, sendo o gardameta titular o emeritense Iván Cuéllar. Fíxose coa titularidade no seu segundo ano en Xixón, tralo descenso a Segunda, e ocupou a portería do club durante o seguinte lustro, xogando preto de 200 partidos. Iniciou a tempada 2022/23 como o porteiro titular da meta asturiana, pero acabou perdendo o posto en favor de Cuéllar, e en xaneiro desvencellouse do club para fichar por un equipo de Primeira, o Almería.[9]

Almería (2023-2024)

editar

No Almería reencontrouse con Rubi, adestrador que o dirixira anteriormente noutros tres clubs: Valladolid, Levante e Sporting.[9] Con todo, apenas dispuxo de minutos no equipo andaluz, sendo Fernando o principal gardameta na 2022/23 e Luís Maximiano na 2023/24. Deixou o Almería no verán de 2024, ao remate do seu contrato e tralo descenso do equipo a Segunda.

Granada (2024-)

editar

En setembro de 2024 anunciouse a súa fichaxe polo Granada, que viña de descender á Segunda División.[10] A súa incorporación realizouse debido á lesión de Luca Zidane e ás dúbidas do corpo técnico con Marc Martínez.[10]

 
A cidade de Vigo ós seus atletas.[11]

Selección nacional

editar

Foi internacional en todas as categorías inferiores da selección española.[12] Coa selección sub-17 chegou á final do Mundial de 2007 en Corea do Sur, mentres que coa sub-21 conquistou dúas Eurocopas, en 2011 e 2013, as dúas como suplente de David de Gea.[1] En 2012 foi seleccionado para disputar os Xogos Olímpicos de Londres, onde estivo de novo como suplente de De Gea.[13]

No 2016 representou a Galicia no partido amigable que a selección galega disputou contra Venezuela en Riazor, compartindo a portería co céltico Sergio Álvarez.[14]

Palmarés

editar

Selección española sub-21

  1. 1,0 1,1 "El sueño de Diego Mariño" (en castelán). 22 de xullo de 2012. Consultado o 3 de decembro de 2021. 
  2. "El vigués Diego Mariño jugará el próximo curso en el Villarreal B". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de xuño de 2010. Consultado o 3 de decembro de 2021. 
  3. "El filial se ve obligado a descender a Segunda B tras el descenso del Villarreal" (en castelán). 14 de maio de 2012. Consultado o 3 de decembro de 2021. 
  4. "Diego Mariño ficha por cinco años con el Valladolid". La Voz de Galicia (en castelán). 9 de xullo de 2013. Consultado o 3 de decembro de 2021. 
  5. "La LFP da la razón al Levante y Mariño jugará cedido" (en castelán). 29 de xullo de 2014. Consultado o 3 de decembro de 2021. 
  6. "Diego Mariño, de nuevo (y definitivamente) al Levante" (en castelán). 31 de agosto de 2015. Consultado o 3 de decembro de 2021. 
  7. "Pelea entre los porteros del Levante por la titularidad" (en castelán). 17 de decembro de 2015. Consultado o 3 de decembro de 2021. 
  8. "El Levante traspasa a Mariño al Sporting" (en castelán). 1 de xullo de 2016. Consultado o 3 de decembro de 2021. 
  9. 9,0 9,1 Guisasola, Pablo (24 de xaneiro de 2023). "Diego Mariño deja el Sporting y firma con el Almería hasta 2025". Marca (en castelán). Consultado o 11 de setembro de 2024. 
  10. 10,0 10,1 "El Granada ficha al veterano meta Mariño tras la lesión de Luca Zidane" (en castelán). 10 de setembro de 2024. Consultado o 11 de setembro de 2024. 
  11. "Vigo rende homenaxe aos seus olímpicos e paralímpicos cun monumento". VigoÉ. 13/10/2016. 
  12. "Mariño, convocado por España sub-21". El Periódico Mediterráneo (en castelán). Consultado o 2020-02-07. 
  13. "El Sporting cierra el fichaje de Diego Mariño" (en castelán). 5 de xullo de 2013. Consultado o 3 de decembro de 2021. 
  14. Bouzas, Fabián (21 de maio de 2016). "La selección gallega empata con Venezuela en su fiesta del fútbol". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 3 de decembro de 2021. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
Done 1
orte 7