O Discworld (en galego, Mundodisco) é unha creación do escritor Terry Pratchett. Trátase dun mundo consistente nun disco plano (rodeado por unha fervenza que flúe sen parar) que atravesa o espazo ao lombo de catro elefantes (Gran T'Phon, Tubul, Berilia e Jerakeen) que, á súa vez, viaxan sobre a coiraza dunha tartaruga mariña (Gran A´Tuin), a cal nada lenta e maxestosamente polo espazo. Un pequeno sol da voltas ao redor de Gran A'Tuin proporcionándolle ao Disco luz e calor. Está recollido na mitoloxía india un esquema do universo semellante[Cómpre referencia].

Sinal da cidade de Wincanton, irmanada coa cidade do Mundodisco de Ankh-Morpork.

O sexo da tartaruga é un misterio para os habitantes do disco, e o motivo de non poucos debates e discusións entre os astrozoólogos acerca de que posición ocupará cando, na súa viaxe estelar, se atope con outra tartaruga de distinto sexo (sempre é moi importante saber se será a tartaruga de arriba ou a de abaixo durante o apareamento).

Dende que se publicou a primeira novela, The Colour of Magic, en galego A cor da maxia, en 1983, a serie expandiuse para xerar libros e mapas relacionados co Discworld, adaptacións teatrais radiofónicas, series de debuxos animados, videoxogos, relatos curtos, música e adaptacións televisivas con personaxes reais.

Xeografía

editar

Na xeografía do Discworld, as direccións cardinais non se expresan igual cás nosas (norte, sur, leste e oeste). Nun punto calquera do Discworld podemos estar mirando en dirección ao centro (dirección Eixe) ou cara a fóra (dirección cara á Beira). As dúas direccións perpendiculares ás anteriores son Dextro e Levo (xiro e contraxiro), xa que o Discworld xira sobre o seu eixe para que se sucedan as estacións. O clima na Beira é cálido, e vaise arrefriando a medida que nos movemos en dirección Eixe (cara ao centro).

Os deuses máis importantes deste mundo viven en Cori Celesti, a inmensa montaña nevada situada xusto no centro.

O Mar Circular, que como o seu propio nome indica, é un mar redondo, está rodeado por numerosos pobos, os cales forman parte do "mundo civilizado" (que segundo a definición do autor son os pobos bárbaros con diñeiro abondo como para poder manter os historiadores). Alí aséntanse Klatch, Omnia, Djelibeibi, Efebia e a cidade-estado de Ankh-Morpork (onde se atopa a Universidade Invisible e transcorren a maioría das novelas).

No outro hemidisco atópase o enorme Counterweight Continent (Continente Contrapeso), onde se encontra o rico e poderoso Imperio Ágata. A súa existencia estaba en dúbida ata que, ao principio de The Colour of Magic, se presenta en Ankh-Morpork o primeiro turista proveniente da rica nación.

A Maxia

editar
 
Terry Pratchett, autor das novelas de Discworld.

Da mesma maneira en que o noso universo está sometido ás leis da física, no Mundodisco é a maxia a que o rexe todo. O Discworld é un planeta na beira da imposibilidade, e soamente a maxia permite que exista. De feito, este mundo creouse mediante oito conxuros. Unha diferenza importante respecto ao noso universo é a existencia dun elemento que se suma os habituais: o narrativium. Un cabaleiro termina sempre derrotando ó dragón e salvando á princesa porque o narrativium intervén como catalizador.

O número oito é o número da maxia, e está presente alí onde ela intervén. Ademais, a semana ten oito días e existen oito estacións do ano. Os magos non poden pronunciar este número para evitar provocar efectos devastadores sobre o mundo, aínda que esta prohibición, estrita nas primeiras novelas, reláxase a medida que avanza a serie.

Outro elemento de perigo é a descendencia dos magos. O oitavo fillo dun oitavo fillo está especialmente capacitado para a maxia, e é por isto que os magos son célibes. Esta premisa dá lugar ó argumento de Sourcery.

Outra característica propia é que o son viaxa a maior velocidade que a luz, xa que esta se deslza lentamente debido ao campo máxico que rodea o disco. O lugar onde máis lento viaxa é nos profundos vales do pequeno e montañoso pais de Lancre, unha zona na que a maxia está presente en todas partes, e onde abundan as bruxas (entre elas Granny Weatherwax, Nanny Ogg e Magrat Garlick) e é tamén a terra natal do arquichanceler Mustrum Ridcully da Universidade Invisible.

Lista de novelas

editar
Nome Publicado Arco argumental Temas
1 The Colour of Magic 1983 Rincewind Clixés do xénero fantástico, H. P. Lovecraft, turismo, seguros, Dungeons & Dragons
2 The Light Fantastic 1986 Rincewind Turismo, Apocalipse, Conan o Bárbaro
3 Equal Rites 1987 As Bruxas, os Magos Feminismo, física cuántica
4 Mort 1987 Morte A Morte e a súa personificación, aprendiz
5 Sourcery 1988 Rincewind, os Magos Apocalipse, Khublai Khan, Aladino,[1] As mil e unha noites
6 Wyrd Sisters 1988 As Bruxas (Witches) Shakespeare (especialmente Macbeth e Hamlet), o Globe Theatre, A Bela Dormente
7 Pyramids 1989 Deuses Mitoloxía exipcia, física cuántica, filosofía grega (incluíndo paradoxos de Zenón), exame de conducir británico
8 Guards! Guards! 1989 The City Watch Novelas policiais, exposicións caninas, dragóns, aristocracia, sociedades secretas
9 Faust Eric 1990 Rincewind Fausto, Inferno de Dante, A Ilíada de Homero
10 Moving Pictures 1990 As Bruxas (Witches) Hollywood (especialmente as películas mudas), os mitos Cthulhu, celebridades, King Kong, Gone with the Wind e moitos outros filmes
11 Reaper Man 1991 Morte, os Magos A morte e a súa personificación, invasión alieníxena, ciencia ficción, Man with No Name, westerns, movementos dos dereitos das minorías, consumismo
12 Witches Abroad 1991 As Bruxas (Witches) The Wonderful Wizard of Oz, contos de fadas (especialmente fadas madriñas), O Hobbit, Vodú, turismo, esperanto
13 Small Gods 1992 Monxes da historia Relixións abrahámicas, a Inquisición española, Nietzsche), filosofía antiga
14 Lords and Ladies 1992 As Bruxas (Witches), os Magos (Wizards) Shakespeare (especialmente O soño dunha noite de San Xoán), ovnis, fadas
15 Men at Arms 1993 The City Watch Novelas policiais, políticas de armas, racismo.
16 Soul Music 1994 Morte, os Magos (Wizards) Música rock, Beatlemanía, subcultura punk, Festival Woodstock , o galés, The Blues Brothers
17 Interesting Times 1994 Rincewind, os Magos (Wizards) Imperio chinés, maoísmo, Lemmings[2]
18 Maskerade 1995 As Bruxas (Witches) Ópera, A pantasma da ópera, subcultura gótica
19 Feet of Clay 1996 The City Watch Novelas policiais, robots, I, Robot, golem (mitoloxía), ateísmo, relacións entre diferentes razas, heráldica, escravitude e servidume
20 Hogfather 1996 Death, os Magos (Wizards) Nadal, mitoloxía, Mary Poppins[3]
21 Jingo 1997 The City Watch Guerra, diplomacia, imperialismo, xenofobia, multiculturalismo, Lawrence de Arabia, patriotismo, Capitán Nemo, os mitos Cthulhu, o asasinato de John F. Kennedy
22 The Last Continent 1998 Rincewind, os Magos (Wizards) Australia (Mad Max, salvaxes de autoestrada, The Adventures of Priscilla, Queen of the Desert; aborixes australianos, Dreamtime)[4], evolución, creación
23 Carpe Jugulum 1998 As Bruxas (Witches) Vampiros, existencialismo
24 The Fifth Elephant 1999 The City Watch Diplomacia, folclore e literatura de Europa do leste, novelas de conspiracións políticas, economía global, mitos rexionais, homofobia, The Fifth Element
25 The Truth 2000 The City Watch Escándalo Watergate, periódicos, crime organizado, prensa sensacionalista, oligarquía, Pulp Fiction
26 Thief of Time 2001 Death, monxes da historia Artes marciais, misticismo monástico primitivo, física cuántica, ensinanza, os catro xinetes da Apocalipse, Beatles, os amantes do chocolate, James Bond (especialmente Q the gadgeteer)
27 The Last Hero 2001 Rincewind Lendas, Prometeo, Dungeons & Dragons, Programa Apollo
28 The Amazing Maurice and his Educated Rodents 2001 Unha novela xuvenil ambientada en Discworld; gañadora no 2001 do Carnegie Medal O frautista de Hamelín, Beatrix Potter[5]
29 Night Watch 2002 The City Watch, monxes da historia Novela policial, Les Misérables,[6], viaxes a través do tempo, revolucións
30 The Wee Free Men 2003 Tiffany Aching Folclore, Escocia, Pitufo
31 Monstrous Regiment 2003 The City Watch Cancións folks, Xoana de Arco, travestismo en tempos de guerra, as guerras napoleónicas e outras guerras, nais solteiras, talibáns, feminismo, pacifismo
32 A Hat Full of Sky 2004 Tiffany Aching, as bruxas A historia e o folclore das bruxas en Gran Bretaña, o control da mente por extraterrestres na ciencia ficción
33 Going Postal 2004 Moist von Lipwig Políticos, scam, crime corporativo e prácticas de negocios, monopolios, correos e o coleccionismo de selos, a Internet, hackers e phreakers, fraternidades, medicinas alternativas, golems
34 Thud! 2005 The City Watch Novelas policiais, política, discriminación positiva, relacións entre razas, xadrez e xogos de taboleiro xogos, The Da Vinci Code
35 Wintersmith 2006 Tiffany Aching, as bruxas A raíña da neve (Sneedronningen, conto de Hans Christian Andersen), Orfeo, Perséfone, A Bela Dormente
36 Making Money 2007 Moist von Lipwig Padrón ouro vs. diñeiro fiduciario, simulación por ordenador, fraude, golems
37 The Unseen Academicals 2009 Os Magos (Wizards), Mustrum Ridcully Asociacións de fútbol
38 I Shall Wear Midnight [7] 2010 Tiffany Aching
39 Snuff 2011 The City Watch (Sam Vimes) Racismo, nobreza, novela policíaca. Terceiro libro vendido máis rápido na súa primeira semana de publicación.[8]
40 Raising Steam 2013 Moist von Lipwig, Ankh-Morpork, The City Watch Ferrocarril, Fanatismo relixioso
41 The Shepherd's Crown[9] Agosto 2015[10] Tiffany Aching

Historias curtas

editar
  • Turntables of the Night (1989), atópase en Internet[11].
  • Troll Bridge (A ponte do troll)(1992): Publicada orixinalmente en After the King. É unha historia curta do Discworld con Cohen o Bárbaro preparándose para matar un trol nun combate singular.
  • Theatre of Cruelty (Teatro de Crueldade) (1993): Este relato curto publicouse por primeira vez na revista WH Smith's Bookcase. Nel, a Garda da Cidade investiga un asasinato relacionado cos espectáculos de rúa de marionetas, e está situado cronoloxicamente entre as novelas Guards! Guards! e Men at Arms. O relato está traducido ó castelán e dispoñible en Internet con permiso do autor[12] e en versión orixinal en[13]
  • The Sea and Little Fishes(O Mar e os Peixiños) (1998): A historia trata da Competición de Bruxería de Lancre, e en particular da participación de Granny Weatherwax nela.
  • Death and What Comes Next(A morte e o que ven despois) (2002): É unha historia curta acerca da Morte e as súas reflexións acerca da inhabitabilidade da morte. Dispoñible en inglés[14]
  • A Collegiate Casting-Out of Devilish Devices (2005): Unha historia curta cos Magos como protagonistas, e o nomeamento do Sr. A. E. Pessimal (quen ten un papel importante no libro Thud!) como inspector gobernamental do Patricio na Universidade Invisible.

Novelas futuras

editar

Pratchett deu algúns detalles sobre as novelas coas que pretendía continuar a serie:

  1. Sourcery annotations at lspace.org (en inglés)
  2. Interesting Times annotations at lspace.org (en inglés)
  3. Hogfather annotations at lspace.org (en inglés)
  4. The Last Continent annotations at lspace.org (en inglés)
  5. The Amazing Maurice and his Educated Rodents annotations at lspace.org (en inglés)
  6. Night Watch annotations at lspace.org (en inglés)
  7. "Discworld News August 2009 © PJSM Prints". Paulkidby.com. 22 de agosto de 2009. Arquivado dende o orixinal o 04 de setembro de 2009. Consultado o 7 de febreiro de 2010. 
  8. Terry Pratchett, ed. (2011-10-30). "Snuff –third fastest selling novel since records began!". Consultado o 2011-11-23. 
  9. Terry Pratchett Books, ed. (11 de agosto de 2014). "The Fifth Tiffany Aching Novel Announced". Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2014. Consultado o 16 de agosto de 2014. 
  10. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2015. Consultado o 08 de marzo de 2015. 
  11. Turntables of the Night(en inglés)
  12. Teatro de Crueldad, un cuento corto del Mundodisco Arquivado 27 de febreiro de 2009 en Wayback Machine. (en castelán)
  13. Theatre of Cruelty e Death and What Comes Next en Lspace.org (en inglés)
  14. Death and What Comes Next en L-Space (en inglés)
  15. "Interview: Terry Pratchett". Alternative Nation. 10 de outubro de 2005. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2008. Consultado o 28 de setembro 2011. 
  16. Robinson, Tasha (16 de novembro de 2012). "Terry Pratchett on his latest novel, his medical diagnosis, and more". A.V. Club. 
  NODES
INTERN 3
todo 2