Disimilación
A disimilación é un fenómeno fonolóxico que forma parte da lingüística histórica.
A través deste fenómeno algúns sons consonánticos ou vocálicos dunha palabra dan en facerse menos similares nalgún trazo. Ás veces argúese que a disimilación produce formas máis fáciles de recoñecer polo oínte (mentres que a asimilación produciría formas máis fáciles de pronunciar para o falante), coa consecuencia de que tales resultados son de feito cáusaa dos cambios. Pero todas estas especulacións non se sustentan en datos obxectivos. É máis, a disimilación, incluso en maior grao cá asimilación, adoita aparecer por unha articulación inadecuada.
De calquera modo, ambos procesos poden comportar un cambio na pronunciación dun segmento adxacente ó afectado ou separados por outros; e poden inducir un cambio relacionado cunha parte precedente ou posterior no vocábulo. Así como a asimilación, a disimilación anterior é moito máis común cá posterior; pero xusto ó contrario có outro fenómeno, a maioría das disimilacións afectan a partes non contiguas á inicial. Amais, mentres que moitos tipos de asimilación teñen fonte nunha lei fonética, relativamente poucos procesos disimilatorios se relacionan directamente con elas. A maioría teñen natureza de feito accidental ocorrido sobre unha forma léxica.
Exemplos
editarDe disimilación anterior a distancia (con moito a máis común)
- Latín *medio-die-s ("mediodía") convértese en meri-die-s. O latín vén-num "veleno" > veleno. Esta categoría inclúe un estraño exemplo de lei sonora sistemática, a disimilación da aspirada en grego e sánscrito coñecida como Lei de Grassmann: *thi-the--mi "poño" (con reduplicación) > grego ti-the--mi, *phakhu- "groso" > grego pakhu-, *sekho- "teño" > *hekho- > grego ekho- (cf. futuro *hekh-s-ou- > hekso-). Algúns casos aparentemente son problemáticos, como o inglés "eksetera" por etcetera, que pode ser máis unha contaminación das numerosas formas en eks- (ou unha combinación de influencias), se ben a forma incorrecta e común ect. indica disimilación.
- Abogonthi > Begonte (incluíndo ademais unha aférese), topónimo de Lugo.
Disimilación anterior dunha zona contigua (moi rara)
- O cambio de fricativa a articulación xorda nunha secuencia de fricativas: protoxermánico *seχs "seis" > anglosaxón siex /ks/, alemán sechs /zeks/. En sánscrito, en toda secuencia orixinal de dúas sibilantes a primeira convértese en xorda (a miúdo con desenvolvemento posterior): raíz vas- "vestir", fut. vas-sya- > vatsya-; *wis'-s "clan" (nom.sg.) > *vit(s' > *vit.s. > vit. (os grupos finais simplifícanse); *wis'-su locativo pl. > *vit.s.ou > viks.ou. O inglés amphitheater pronúnciase a miúdo ampitheater.
Disimilación posterior a distancia (bastante común)
- Latín ra-rus "raro" > italiano rado. O inglés Cardamom, a especia, normalmente cardamon. En inglés medio, nunha ampla lista de palabras rematadas en -n pero precedidas de consoante apical o -n cambiou a -m: seldom, whilom, random, venom. O inglés marble é en última instancia herdeiro do latín marmor. O ruso февраль /fevr?ó^(j)/ "febreiro" deriva do latín Februa-rius.
Disimilación posterior dun segmento contiguo (algo rara)
- Inglés chimney (oficial) > chim(b)lei.
- Protoeslávico *sveboda "liberdade" > eslovaco "sloboda"[1].
- Latín vagabundu > na lingua coloquial vagamundo, disimilando o trazo fonolóxico de bilabial respecto á primeira consoante e de oclusiva e sonora respecto ás outras consoantes (ademais de asimilación coa seguinte nasal e de analoxía semántica).
Notas
editar- ↑ Dicionario de Vasmer, en inglés