Dispnea

dificultade para respirar á que se lle adoita chamar falta de ar

A dispnea é a dificultade para respirar ao que se lle adoita chamar falta de ar. Deriva nunha sensación subxectiva que adoita orixinarse nunha respiración deficiente e incompleta, que pode variar en intensidade. Esta experiencia orixínase a partir de interaccións nas que interveñen factores fisiolóxicos, psicolóxicos, sociais e ambientais múltiples que poden á súa vez inducir, dende respostas fisiolóxicas a comportamentos secundarios.

Clasificación

editar

Podemos distinguir varios tipos de dispnea:

  • Dispnea de esforzo: Aparece ao realizar esforzos, e adoita ser moitas veces progresiva.
  • Ortopnea, que se alivia coa posición erecta. É a dificultade para respirar que aparece ao estar deitados.
  • Dispnea paroxística nocturna, caracterízase por se manifestar pola noite, mentres o doente está durmido, situación que provoca que o doente esperte.
  • Dispnea en repouso: aparece malia non realizar ningún tipo de esforzo. É o tipo de dificultade respiratoria máis grave de todas, por estar asociada a doenzas en fases avanzadas, como a insuficiencia cardíaca en estado terminal.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
todo 1