Distrito de Lisboa
O distrito de Lisboa é un distrito portugués pertencente case na súa totalidade á provincia tradicional da Estremadura (agás os concellos da Azambuja e de Vila Franca de Xira que pertencen ao Ribatexo). Limita ao norte co Distrito de Leiria, ao leste co Distrito de Santarém, ao sur co Distrito de Setúbal e ao oeste co océano Atlántico. Abrangue unha área de 2761 km², sendo así o 16º maior distrito portugués. Conta cunha poboación residente de 2 124 426 habitantes (2006), e a súa capital é tamén a de Portugal, a cidade de Lisboa.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Portugal | ||||
Capital | Lisboa | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.135.992 (762,85 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 2.800 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | PT-11 | ||||
O distrito de Lisboa subdivídese nos seguintes 16 concellos:
- Alenquer
- Amadora
- Arruda dos Vinhos
- Azambuja
- Cadaval
- Cascais
- Lisboa
- Loures
- Lourinhã
- Mafra
- Odivelas
- Oeiras
- Sintra
- Sobral de Monte Agraço
- Torres Vedras
- Vila Franca de Xira
Até 2002, o distrito estaba totalmente integrado na rexión de Lisboa e Val do Texo, da cal constituía o núcleo principal. Dividíase principalmente e dúas subrexións, Grande Lisboa e Oeste, Lisboa, posuíndo tamén un concello na Lezíria do Texo.
Despois desa data, a rexión de Lisboa e Val do Texo reduciuse en boa medida, e foi renomeada como Rexión de Lisboa. Polo tanto, na actualidade só a subrexión da Grande Lisboa forma parte da Rexión de Lisboa; o Oeste passou para a Rexión Centro, e a Lezíria do Texo, para o Alentexo.
Desta forma, a distribución de concellos en rexións é a seguinte:
Patrimonio
editar- Mosteiro dos Xerónimos e Torre de Belén, Patrimonio da Humanidade
- Paisaxe Cultural de Sintra, Patrimonio da Humanidade
- Palacio Nacional de Mafra
- Cabo da Roca