Dolmen de Axeitos
O dolmen de Axeitos é un dos monumentos funerarios megalíticos de Galicia máis coñecidos. Sitúase na parroquia de Oleiros, no concello de Ribeira. Está datado no IV milenio a. C.
Dolmen de Axeitos | |
---|---|
Ben de Interese Cultural | |
Dolmen de Axeitos | |
Localización | |
País | Galiza |
Concello | Ribeira |
Localidade | Axeitos |
Coordenadas | 42°36′00″N 9°01′00″O / 42.6000685, -9.0167702 |
Datos xerais | |
Data | 11 de marzo de 1978 |
Categoría | Monumento |
Código | RI-51-0004270 |
Construción | Prehistoria - |
Estilo | Megalitismo |
Mapa de localización | |
Descrición
editarDe pequenas dimensións, destaca polo seu equilibrio de formas. Estrutúrase nunha planta poligonal con corredor formada por sete ortóstatos. Sitúase coa orientación leste tradicional neste tipo de megálitos.
Ata o momento, non se teñen noticias de ningún achado no seu recinto pero suponse que a ausencia de enxovais funerarios é consecuencia das espoliacións ás que foron e seguen sometidas os monumentos megalíticos.[1] Ata hai algúns anos[cando?], a 50 metros do dolmen levantábase unha rocha de 3 x 4 metros que presentaba gravadas en dúas das súas caras as figuras de tres cabras, dúas delas en actitude de marcha e a outra expectante. A maior destas figuras medía 1 metro e 5 centímetros de lonxitude por 80 centímetros de altura. Na actualidade a rocha está destruída.[1]
É propiedade da Deputación da Coruña.
Galería de imaxes
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 García Martínez, Manuel Carlos; et al. (2005). Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada. El Progreso de Lugo. p. 154. ISBN 84-87804-06-3.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dolmen de Axeitos |
Bibliografía
editar- Carballo Arceo, Xulio (xullo de 2006). Arqueoloxía de Galicia. Itinerarios polo pasado. Nigra Trea. ISBN 84-95364-40-9.